Saltar ao contido

POEMAS A XEITO DE ROSALÍA

5 Xuño 2013

Rosalia

Os escolares de Pontevedra súmanse á celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos creando pequenos poemas a partir da nosa rica tradición oral. Nesta ocasión, as coplas do Cancionero Musical de Galicia de Casto Sampedro foron o seu punto de partida.

Este meniño ten sono,

ten ganiñas de durmir,

ten un olliño cerrado

outro non o pode abrir.

 Este neno, meu neniño,

bonitiño coma un sol,

que me pode espertare

nesta noite de calor.

Xa está moi durmidiño,

soña con lindos anxiños,

no seu pequeniño berce,

coa lúa do lugariño.

José Ramón Panadero Rey, Lara Alvite Costa

CEIP San Bieito de Lérez 5º

-o-

Vamos indo, vamos indo

para o servicio do Rey.

Os ricos quedan na terra,

eu como son pobre irei.

Eu son pobre e o serei,

e vós ricos o seredes,

hai pobo de maltratados

e hai pobo de “bos seres”.

Noa

CEIP San Bieito de Lérez 5º

-o-

Eu subín a un limoeiro

enriba durmín un sono,

éche tempo ben perdido

o falar con quen ten dono.

Non che vai valer a pena

coas nenas mocear,

se no seu corazón teñen

outro amor a lle falar.

Máis, amores deben ter,

as mozas de por alí,

poden ter moitos máis mozos

que eu quedo coas de aquí.

Iván García Rodríguez

CEP Marcos da Portela 5ºB

-o-

O pandeiro e mai-las cunchas,

María, miña María,

o pandeiro e mai-las cunchas

quitan a melancolía.

O pandeiro e mai-las cunchas

sérvenme para volver rir,

o pandeiro e mai-las cunchas

danme ganas de sorrir.

O pandeiro e mai-las cunchas,

bailo e bailo sen parar,

o pandeiro e mai-las cunchas,

fanme rir e non chorar.

Carla Buceta Villaverde

CEP Marcos da Portela 5ºA

-o-

Pasei pol-a túa porta,

pidín auga e non ma deches,

en pasando pol-a miña

farei coma ti fixeches.

Pechas a porta moi forte

eu marcho moi enfadado,

cando me pidas café

pechareiche de contado.

Este día foi moi malo,

non quero falar contigo.

Non me gusta este home,

xa non es o meu amigo.

Alba López

CEP Marcos da Portela 5ºB

-o-

Arde o mundo coa festa

na cimiña do lugar,

na casa da tía Ernesta

queda o gaiteiro a tocar.

Toca unha peza bonita

coa súa gaita queridiña,

a xente empeza a bailar

nesta festa divertida.

Eu estou co gaiteiriño

a tocar co meu tambor

unha bonita muiñeira

adicada ao meu amor.

E bailamos todos xuntos

ao son da súa gaitiña,

pandeiriños e palmadas

con Ernesta na cociña.

As mozas poñen o traxe

que a muiñeira van bailar.

Danse presa os mociños

porque a xente vai chegar.

A xente empeza a bailar

e as nenas a cantar,

o gaiteiro anima a festa,

despois da xente xantar

Os paxariños pían, pían,

enriba do piñeiral,

alegría en todo o mundo

que non paran de bailar.

Cantan cantigas galegas,

muiñeiras e alalás,

acompañan as cantigas

co son do chascarraschás.

Alba Justo Juvino , Iván Fraguas ,

CEP Marcos da Portela 5º

Raquel Saburido, Gemma Fraga Fariña

CEIP San Bieito de Lérez 5º

-o-

A raíz d’un toxo seco

éche mala d’arrincar,

fai com’os amores vellos

que son malos d’olvidar.

Cada vez que pecho os ollos

penso no primeiro amor

e cada vez que miro ao ceo

acórdome da súa calor.

As estrelas brillan na noite

e a lúa co luar,

teño tantos amores vellos

que os teño que olvidar.

Natalia Fiuza Loureiro

CEP Marcos da Portela 5ºA

-o-

Paxaro que vas voando,

as prumas che van caíndo,

se souperas, paxariño,

de ti o que van dicindo.

Din que estás moi namorado

dunha moza ben feitiña

que cando ela bota a rir

o teu corazón palpita.

Andrea Galmán García

CEP Marcos da Portela 5ºB

-o-

Para cantar veño eu

para bailar meu irmán

para tocar o pandeiro

viva quen o ten na man.

Que non falte o gaiteiro

nesta festa do lugar.

Tamén falta o pianista

que parece non chegar.

Marta Gil

CEP Marcos da Portela 5ºB

-o-

Pasei pola túa porta,

pedín auga non ma deches,

en pasando pola miña

farei coma ti fixeches.

Cando ti me pidas algo

eu deixareite na rúa,

ti a min non me axudaches

e non vas saír coa túa.

Sandra Cacabelos Acuña

CEIP San Bieito de Lérez 5º

-o-

A nena do lazo branco

ten a cara de serafín,

cando entra pol-a iglesia

todo-los santos lle rin.

Tamén é boa persoa,

porque se leva ben coa xente,

e respecta ata a Deus

e aos santos que lle menten.

Iago García Palacios

CEP Marcos da Portela 5ºB

Seguide moi atentos ao blog. En breve moitas máis sorpresas!

No comments yet

Deixar un comentario