Saltar ao contido

NOVAS FANTÁSTICAS

5 Xuño 2013

Obradoiro CEIP Vilaverde 6ºA

Situados nas narracions de O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos, os reporteiros máis novos e audaces de Pontevedra elaboran unha chea novas fantásticas. Solicitade o libro na biblioteca da vosa escola e animádevos a descubrir os orixinais relatos que as inspiraron.

1. A CRISE CHEGA AO MUÍÑO

A fin de semana pasada, na vila, o muiñeiro e a súa familia empobreceron rapidamente despois de posuír incribles riquezas. Os veciños aseguran que o muiñeiro a piques estivo de perder o muíño e as terras circundantes.

 Redacción Cabanas. A desgraza chegou a casa dos muiñeiros despois de ser moi ricos. O motivo aínda non se coñece pero fontes próximas aos muíños sospeitan que o muiñeiro traballaba con partidas contaminadas de millo corvo. Estas partidas provocaron fortes intoxicacións aos consumidores e colapsos nas unidades de urxencias da cidade. As denuncias de sanidade obrigaron ao muiñeiro a vender as súas terras para pagar as taxas xudiciais.

Raquel Rosales Estévez

CEIP Cabanas, 6º

2. A FILLA DO REI VAI CASAR CUN OSO

A cociñeira do pazo pensa que o rei debería deixar que a súa filla case con quen queira. Un soldado dos exércitos do rei declarou a esta redacción que o rei fai ben en anoxarse porque sería moi raro ter un rei oso.

Redacción Pontevedra. Diferentes testemuñas puideron ver o rei pasear coa súa filla cando un oso apareceu e lle dixo: –Queres este anel?. A moza, desesperada, respondeu que si e o oso pediulle que casara con ela. Nos informan que dende entón o rei está desesperado por que non quere que a súa filla case con semellante habitante do bosque. Mañá seguiremos informando.

Uxío Viéitez Fernández

O rei oso branco_semente

CEIP Froebel 5ºB

3. UNHA MOZA DA VILA CÁNTALLE A UN TESTO BALEIRO

Redacción Cabanas. Unha moza da vila cántalle a un testo baleiro e cóidao todos os días regándoo e sacándoo fóra, e meténdoo na casa pola noite, pero nada medraba no testo. Seica a moza pretende casar co rei!

Rubén Diz Martínez

CEIP Cabanas, 5º

4. MOZO NAMORADO DA FUTURA RAÍÑA É CONDENADO A MORTE

Avelino P.F. condenado a morte o sábado pola tarde despois de obedecer ao rei en todo o mandato.


Redacción Mourente.
A semana pasada un mozo atopou unha pluma dun paxaro de fogo e pretendeu que o rei o fixera cabaleiro coma recompensa da súa entrega. O rei, con moi bo criterio, decidiu cortarlle a cabeza el e aos seus secuaces, entre os que se atopa un cabalo que din que fala moito. Non se sabe o paradoiro do cabalo, pero o mozo foi finalmente requirido para atrapar ao paxaro de fogo, dono da pluma.

Unha vez apresado o paxaro, o mozo foi armado cabaleiro con gran cerimonia. Aínda non se coñece o paradoiro do cabalo parlante que aconsellou ao mozo na captura do paxaro e que o recén nomeado debe ter de montura. O rei mandoulle ao novo cabaleiro rescatar a Basilisca, unha fermosa moza que será a nosa futura raíña despois do seu compromiso nupcial co rei. Pero, o cabaleiro namorouse dela e o mesmo rei decidiu que será executado nos próximos días.

Aldara Fernández Fernández

CEIP de Vilaverde 6ºB

5. AS CUÑADAS DE BARBAZUL SOSPEITAN.

Déixalle as chaves da súa casa á súa esposa coa única condición de que non abra a porta da chave máis pequena.

Redacción Lourizán. O día vinte e dous de abril, Barbazul deixoulle as chaves de todas as portas da casa á súa muller cando marchou. As dúbidas dela e das súas irmás coa chaviña e a porta misteriosa son cada vez son máis grandes. Sábese que a porta está ao fondo do soto. As declaracións dos veciños son moi claras e intrigantes. O veciño do lado, Barbavermella, di que Barbazul xa tivo vinte esposas máis, e a todas lles dixo o das chaves. Descoñécese o paradoiro das outras mulleres e do que hai detrás desa portiña.

Celia Losada Moledo

CEIP A Carballeira.

Obradoiro CEIP A Carballeira

6. APARECE UN VELLO QUE LLE DÁ AOS PRÍNCIPES UNHA SOLUCIÓN PARA CURAR AO REI.

Os tres fillos do rei, de paseo polo xardín, atoparon un vello que deu a solución á enfermidade do seu pai.

Redacción Mourente. Nun reino das aforas atopábanse tres fillos que desexaban curar ao seu pai, que estaba moi enfermo. Paseando polo xardín aparecéuselle un vello que lle deu a solución. Terían que ir en busca da auga da vida para poder curalo. O rei sufría unha grave enfermidade e se non curaba rápido podería morrer. Non sabían de onde saíu o vello, e xa había lendas de cociñeiros que dicían que era moi sospeitoso.

Noelia Bugallo Bértola

O rei oso branco_auga

CEIP de Vilaverde 6ºA

7. FAMILIA POBRE DE MUIÑEIROS DÁ A LUZ A UN NENO ESPECIAL

O pai da criatura asegura que foi unha alegría. Sen embargo, ao falar con nós mostrou unha actitude moi preocupante. Que lle pasará?

Redacción Cabanas. Ocorreu a semana pasada en Salcedo. O pai asegura que non se decatou ata que llo comentou a veciña. El gozaba do seu muíño. A nai estaba no faiado da súa casa tranquilamente e sentíuse mareada. Sentou na cama e observou que sentía dores na barriga. Movíase algo. Logo, naceu un neno e a nai emocionouse tanto que se desmaiou. O neno está san e a nai tamén.

Raúl Amado Taboada

CEIP Cabanas, 6º

8. UN ANANO SE ENFADA COA XENTE QUE PASA POLA SÚA ENCRUCILLADA.

Un anano resultou moi enfadado porque dous dos fillos do rei pasaron polo seu lado e lle falaron mal.

Redacción Mourente. O pasado día dezaseis de xullo, os fillos do rei foron na procura da auga de vida. Primeiro foi o fillo máis vello, e o anano deixouno preso nun camiño. Despois foi o mediano e tamén quedou atrapado no camiño. O fillo máis novo, que tamén decidiu emprender a aventura, preguntoulle educadamente ao anano se sabía onde podería atopar a auga da vida. O anano díxolle que estaba nun castelo ao cruzar un val. Cando o príncipe chegou colleu a auga e foilla dar ao seu pai. Con educación, un chega a calquera parte.

Tamara Barreiro Durán

CEIP de Vilaverde 6ºA

O rei oso branco_ninfa

9. PÍDELLE MATRIMONIO Á MÁIS NOVA

Un veciño chamado Barbazul pídelle matrimonio á máis nova de tres irmás.

Redacción Lourizán. Un veciño da vila, chamado Barbazul, un home con anteriores matrimonios, pídelle casamento á menor de tres irmás. A policía local pensa que é un home perigoso, pero aínda así, a menor díxolle que si. Algunhas persoas pensan que é un home moi xentil, e moi rico. Sen dúbida non lle dirían que non.

Hugo Marrero Iglesias

CEIP A Carballeira.

10. RECEPCIÓN DE MOZAS PARA O REI.

O rei só quere casar coa muller que teña a flor máis bela. Casará con ela na vella aldea de Mueramo.

Redacción Cabanas. O rei recibe duascentas mulleres que desexan casar con el, moitas fermosas e con flores de cores moi vivas. Todas son ricas excepto unha. A súa flor non medrou nada e xa non ten ningunha esperanza de que o rei se case con ela.

Daniel Barros Valiñas

CEIP Cabanas, 5º

Obradoiro CEIP Cabanas

11. A FAMILIA DO MUIÑEIRO EMPOBRECE RAPIDAMENTE

Hai uns días, na vila veciña, o muiñeiro e a súa muller empobreceron pola crise.

Redacción Cabanas. Na vila veciña, a desgraza caeu sobre o muíño, pois as riquezas da familia desapareceron tan rapidamente coma viñeran. ¬–Non sabía que facer, así que fun dar un paseo xunto a presa para relaxarme –declarou o muiñeiro. Alí atopouse coa ninfa da presa, que prometeu devolverlle as súas riquezas se lle entregaba o que acababa de nacer na súa casa. –Pensei que se refería a un canciño que acababa de nacer –dixo onte o muiñeiro.

Sara Caselles Rodríguez

CEIP Cabanas, 6º

12. O OURIVE REAL NON É CAPAZ DE FACER UN ANEL PARA A PRINCESA

Redacción Pontevedra. A princesa está encaprichada cun anel que o xoieiro non dá feito. Non sabemos o que lle pasa a este xoieiro pero segundo fontes confidenciais non sabe facer un anel que lle quede ben á princesa. Seguiremos investigando pero nós preguntámonos, que clase de xoieiro é este? Sabemos por informacións anónimas que xa fixo tres aneis e que ningún lle serve á princesa. Ou a princesa ten un dedo máxico ou o despedimento deste profesional pode ser inminente.

Sandra García Pérez

O rei oso branco_paxaro

CEIP Froebel 5ºA

13. A VIDA DO MONARCA PERIGA

Profesionais buscan un remedio e cura, para non perder unha das mellores imaxes do planeta.

Redacción Mourente. Sen saber por que, o rei recae da misteriosa enfermidade que xa tivera o pasado ano nunha viaxe a un universo paralelo. Moitas forzas especiais de moitos planetas investigan o caso. O vindeiro xoves declarará nos tribunais a cociñeira, que pensan que puxo adrede un produto con radioactividade. Deste caso encárgase o xuíz Ruz.

Mario Chan García

CEIP de Vilaverde 6ºA

14. DOUS DOS FILLOS DO REI MORREN NO INTENTO DE COLLER A AUGA DA VIDA PARA SANDAR AO SEU PAI.

O rei enfermou e os seus tres fillos decidiron pórse de acordo para ir recoller o seu antibiótico: a auga da vida.

Redacción Mourente. O rei enfermou, de súpeto e os seus tres fillos decidiron ir buscar a solución para o seu mal: auga da vida. Eles non sabían onde se situaba aquel remedio para evitar a morte do seu pai pero medio do camiño atoparon un anano que o que sabía. Dous irmáns non lle preguntaron e máis adiante morreron ao pechárenselle as paredes do camiño. O terceiro foi o único con cabeza para preguntar ao anano. El díxolle onde se atopaba, e foi alá.

Lucía Cortizo Cortegoso

CEIP de Vilaverde 6ºA

O rei oso branco_oso

15. A NENA MÁIS NOVA DO REI TEN QUE CASAR CUN OSO.

Ao non coseguir u

n anel á medida da filliña, ela encontrou un no dedo dun oso, e tivo que casar con el a cambio do anel.

Redacción Pontevedra. A filliña do rei tiña de todo, pero un día, despois de ter un sono, quixo ter un anel con rubís. O xoieiro real non daba coa medida do dedo da nena. Foi ela mesma quen encontrou un, pero a cambio del o oso que o tiña pediulle que casara con el. O rei intentou deter ao oso. As dúas primeiras veces que tentou ir a pola filliña, o rei enganouno pero cando por fin se deu conta de que as nenas que lle dera o rei eran as má is vellas, volveu ao castelo a pola nena de verdade. Para a súa sorpresa, cando chegaron ao bosque, a nena deuse conta de que o oso era rei e tiña un castelo con moitas xoias.


Diego Mirón Jiménez

CEIP Froebel 5ºB

16. O REI ENFERMO POR CAUSAS DESCOÑECIDAS

Redacción Mourente. O rei enfermou recentemente por causas descoñecidas, e axudado polos seus tres fillos, só agardamos a súa rápida recuperación. O rei encóntrase cada vez peor xa que a enfermidade pode chegar a causar a morte. Os seus fillos están moi tristes e, segundo declaracións a este xornal dun ancián do lugar, a única salvación é que algún vaia na procura da auga da vida. Dese modo poderá curarse. O maior dos fillos do rei foi buscar a auga só coa intención que o rei o nomeara rei a el, pero o príncipe quedou atrancado. O segundo foi polo camiño do primeiro co mesmo resultado. Fontes próximas ao castelo nos informan de que xa saíu o terceiro fillo a buscar a auga da vida, que só pensaba en salvar ao seu pai e que recibiu axuda dun anano. ¬–A auga queda nun castelo –díxolle. E ata atopou cunha princesa que quería casar con el. Seguiremos informando.

Verónica Esperón

CLIP de Vilaverde 6ºA

O rei oso branco_barbazul

17. UNHAS MULLERES ABREN SEN PERMISO UNHA PORTA MALDITA.

Barbazul, veciño do castelo do monte, marchou de viaxe e confioulle o coidado do castelo á súa muller que, sen contalo, descobre a historia máis macabra na historia da vila.

Redacción Lourizán. Hai uns días Barbazul convidou ás súas cuñadas ao pazo e entregoulle as chaves á súa muller dicíndolle que non abrira a porta que se abría coa chave pequena. Díxolle que só tiñan permitido ver as riquezas que había nos demais cuartos. Elas non fixeron caso e abriron a porta que tiña a chave pequena. Cando entraron a visión foi arrepiante. Os científicos da policía cren que eran os esqueletos das antigas mulleres de Barbazul. De confirmarse as sospeitas, Barbazul permanecerá vinte e cinco anos no cárcere despois do xuízo.

Adrián T.F.

CEIP A Carballeira.

Os alumnos de 5º e 6º do CEIP A Carballeira posan cos libros de O CARTAFOL

 

SOLUCIONS:

1. A ninfa da presa 2. O Rei Oso Branco 3. A semente 4. O paxaro de fogo 5. Barbazul 6. A auga da vida 7. A ninfa da presa 8. A auga da vida 9. Barbazul 10. A semente 11. A ninfa da presa 12. O Rei Oso Branco 13. A auga da vida 14. A auga da vida 15. O Rei Oso Branco 16. A auga da vida 17. Barbazul
No comments yet

Deixar un comentario