Saltar ao contido

A BICHARÍA QUE NOS ACOMPAÑA DÍA A DÍA

29 Maio 2015

Discurso

O oso que habita nos canos do edificio espreita os humanos, descubrindo a vida estraña e solitaria que levan. O alumnado do CEIP Álvarez Limeses achegouse, a través deste sorprendente “cronopio”, á obra de Julio Cortázar, un dos grandes expoñentes das letras hispanoamericanas. Este relato infantil serviulles de inspiración para explorar a existencia doutras criaturas curiosas que tamén nos abesullan dende recunchos do noso contorno cotiá.

 

Son o elefante dos libros da escola. Estou nos libros de galego, de castelán, de matemáticas… sempre que os nenos abren os libros, saio para xogar. Eles cóntanme as súas penas, eu escóitoos falar. Eu quixera estudar coma eles e eles xogar coma min. Gústame facer trasnadas cando os mestres non están. Lávome nos libros de música; primeiro co rabo, logo coa trompa e por último, coas orellas. Mentres, os libros póñense a cantar baladas de amor sen final. Vou ás reunións de mestres, vexo as notas, como se comportan os nenos… Cando acaban as reunións vou xogar cos números: co un, co nove, co once, co trece… Cando acaba o día vou durmir. Os libros arrólanme e cántanme. Gústame a miña vida.

Marta Buceta Montero 5ºA

(CEIP Alvarez Limeses)

 

Eu son o cabalo dos andeis da biblioteca. Polo día ando observando a xente como le os libros, como os leva prestados; e polas noites saio alegre a ler libros sobre cabalos e outros animais. Ás veces polo día rincho e a xente asústase e quéixase ao bibliotecario. Ás veces ordeno os libros mentres paseo feliz polos estantes. Polas mañás moi cedo vexo saír as raiolas de sol que me dan na cara. Aínda que non o pareza son moi sabio, porque leo libros sen parar. Tamén recollo cousas que esquece a xente. Sempre son feliz.

Ángela Rivas Romero 5ºB

(CEIP Alvarez Limeses)

 

Eu son o oso que crea as folerpas. Vou saltando de nube en nube, regándoas con auga. Sempre quedo a ver como caen as folerpas, levadas pola brisa, suaves e lixeiras. Vou de casa en casa cubrindo os tellados de neve. Ás veces fago bonecos nos xardíns. En Nadal os nenos e as nenas regálanme globos e eu agradézollo construíndo castelos. En fin de ano gústame asomarme ás ventás e ver como as familias rin con moita alegría. Un día un neno chamado Gabriel convidoume á súa casa e os seus pais déronme un fogar para vivir como se fose da familia. No verán vou á praia con eles a tomar o sol. Xa era hora dunhas vacacións!

Andrea Alvite Costa e Pablo López Fontenla 5º

(CEIP San Bieito de Lérez)

 

Eu son o tigre dos ascensores. Cando teño fame, o ascensor ruxe. Moitas veces espirro e fago que lle caian cousas á xente. Outras, estou despistado pensando en cousas miñas, o ascensor pasa de longo e non para cando o chaman. Cando non hai ninguén subo ata o tellado a ver as estrelas, ou baixo ao soto a descansar, a limpar o lixo. A xente ten medo dos garaxes, porque sente como se houbese alguén á espreita.

Carla Tilve Fontán 6º

(CEIP San Bieito de Lérez)

 

Son a formiga que vive nas canles do hotel. Todos os días percorro o hotel para ver os hóspedes. Cando é de noite vou xunta os nenos que teñen pesadelos e fágolles cóxegas para que se tranquilicen: primeiro no pescozo, logo nos brazos, despois polo corpo. Iso faime sentir moi ben porque gústame ver a xente feliz. Ás veces escoito as voces das parellas discutindo, cando os seus fillos están diante, e iso faime sentir moi mal. Como se deben sentir todos se é moito mellor vivir nas canles? Deben sentirse sós, doídos, apenados.

Sara Castro López 5ºA

(CEIP Alvarez Limeses)

 

Eu son o galo divertido que vive no concello. Vivo no tellado, vixío os políticos, camuflado detrás da parede. Pola tarde vou polas tubaxes de piso en piso. As persoas quéixanse ao garda de seguridade. Subo ata a sala de plenos e quedo alucinado de como discuten. Pola noite baixo ao garaxe para poder mover un pouco as patas. Cando vén o garda agóchome detrás dun coche para que non me vexa.  Despois volvo ao tellado para contemplar as estrelas. No verán quedo dentro dos condutos de ventilación. No inverno collo o puro de calquera político e quéntome. Pola primavera vou ao xardín, collo unhas flores e póñoas enriba da mesa do vixiante. No outono estou na cámara de armas.

Iago Sanjorge Gonzalo 5ºB

(CEIP Alvarez Limeses)

 

Eu son a gaivota protectora do parque. Cando os nenos fan unha ferida,  cúroa coas miñas plumas. Cando un neno vai caer, recólloo voando e déixoo coa nai, que mo agradece moito. Pola noite penso que me aprecian, por salvar os nenos e xogar con eles. Voo ao ceo, contemplo as estrelas e as galaxias, e penso: se puidera estar aí! Todos os días é o mesmo ata fin de ano, cando me dan comida e abrigos. Nas mañás de frío poño os abrigos que quedan esquecidos e prepárome para a xornada. Cando ninguén vén ao parque sento soa, pero ao día seguinte xogan máis comigo. Non sei que pasaría se non viñeran. Adoro os nenos!

Diego García da Costa e Antonella Tourón Giménez 5º

(CEIP San Bieito de Lérez)

 

Eu son a tartaruga dos mobles das casas. Son moi alegre e ás veces róubolle libros a Xosé, o do cuarto. Doulle sustos a Xoán, o neno do sexto. Cando se apagan as luces, xogo nos ordenadores pola noite; tamén durmo nos mobles da cociña. Custa chegar desde o salón ata a cociña sen que me vexan. Cando os nenos están a lavar os dentes, subo enriba do espello, abro os estantes  e métolles un susto. Eles pensan que hai pantasmas. Cando me apetece vou á hamburguesería e póñome nos mobles da cociña. Cociñan, eu como, e teñen que volver cociñar.

Pedro García López 5ºB

(CEIP Alvarez Limeses)

Discurso2

Ler máis…

QUEN VISTE DE QUE COR?

29 Maio 2015

HomiñoPasaron 40 anos dende que o escritor Fernando Alonso rematou de escribir unha das súas mellores creacións literarias. Os relatos de O homiño vestido de gris foron lidos por moitas xeracións de nenos e nenas, sen perder nin chisca de frescura e de vixencia. Os nenos e as nenas do CEIP Vilaverde-Mourente suman novas aventuras a esta obra, con novos personaxes de colores.

 

O escritor das letras negras sempre facía as letras desa cor. Chamábase Anxo, a súa vida era tan negra, que case nin podía durmir. Un día coñeceu unha moza e quixo facerse amigo dela. Chamábase Daniela e tiña os mesmos anos que Anxo, trinta e sete. Coñecéronse, faláronse, quedaron para cear. Anxo era feliz con Daniela, ata lle pediu matrimonio, e cando casaron a súa vida cambiou. Agora a súa letra era normal.

Daniel P. L. 5ºB

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

 

O demo vestido de negro era irmán do demo vestido de vermello. Levaba unha camisa negra, uns zapatos negros e un par de luvas negras moi grandes para ocultar as súas grandes e longas unllas. O demo vestido de negro era un pouco máis malo que o demo vestido de vermello. Na cidade dos demos, o demo vestido de negro era o máis odiado. Pero tiña un segredo. Quería ser bo, o preferido. No máis fondo del quería ser un deus. Sempre intentara ser amigo do demo azul, do demo verde, pero ninguén lle facía caso. Entón pensou en disfrazarse de demo multicor. Pasaron anos e anos e tiña moitos amigos. Un día pensou: –Todos me queren por ser demo de moitas cores, porque pensan que son bo–. Un día reuniu a todos os habitantes da cidade dos demos, que berraban: –Demo multicor, demo multicor!– Entón, diante de todos, quitou o disfrace: –Son o demo negro. Sempre o fun.– E todos quedaron impresionados: –Es o demo negro?– Ao final todos foron amigos e o demo negro estaba feliz.

Violeta Díaz Teijeiro 5ºA

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

O tenista vestido de amarelo chamábase Serxio, un home con tal mala sorte que xa vira vinte gatos negros, escachara doce espellos e pasara por debaixo de tres escaleiras nun día. Gustáballe vestir de amarelo: camisa amarela, pantalóns amarelos, zapatos amarelos, gravata amarela… Era coñecido co nome de Serxio “o gafe”, un tenista moi coñecido pola súa mala sorte. No partido que podía levalo a semifinais, vestiu cun traxe amarelo e deportivas amarelas, e o penoso contrincante meteulle unha malleira e deixouno sen posibilidades de triunfar. Despois diso decidiu que o seu non era o tenis, marchou da cidade e fíxose pasteleiro nun dos restaurantes máis prestixiosos do país. Gañou moitos premios non volveu ter mala sorte e viviu unha vida feliz de verdade.

Iria Fernández Méndez 5ºB

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

 

O detective vestido de laranxa tiña unha camisa laranxa, xersei laranxa, gravata laranxa, calcetíns laranxas, calzóns laranxas, pelo laranxa, un coche laranxa… Vivía nunha cidade laranxa e aínda por riba tiña os ollos laranxas. Todo o que vía era laranxa, ata os seus soños laranxas. Soñaba que quería ser laranxa, e un día conseguiuno: tiña a pel de cor laranxa, os dentes e os beizos. Uns anos despois coñeceu unha muller laranxa e tiveron fillos laranxas. Máis tarde tocoulles a lotaría e foron vivir a Nova York. Viviron moitas aventuras e nunca foron infelices.

Pilar Antón Durán 5ºA

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

 

O pintor dos cadros negros chamábase Alberto e a súa vida era moi feliz: tiña un can, un ferrari, un avión privado… pero el só coñecía as cores do arco da vella. Un día ía pola rúa coa súa roupa molona e viu un señor cunha americana negra. Alberto preguntoulle como levaba iso, se existía esa cor! Tanto lle gustaba esa nova cor que comprou nunha tenda da cidade un bote de cen quilos de cor negra e pintouno todo de negro: o seu cuarto, a súa casa por fóra, os cadros… Tirou a súa roupa de cores e mercou roupa negra, zapatos negros, sombreiros negros… a súa vida cambiou. Pero deixou de pintar cadros e chamáronno:

-Alberto, poderíasme pintar un dos teus cadros de cores?

-Non, deixei de pintar cadros.

-Por que?

-Aburrinme.

Pasaron moitos anos coa súa vida negra e un día… aburriuse do negro. A súa vida volveu ser un arco da vella, volveu pintar cadros! E a súa vida foi feliz para sempre.

Antía Val Rodríguez 5ºB

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

 

O carteiro das cartas verdes do noso barrio viste cunhas roupas de moito colorido, pero sempre leva algo da súa cor preferida, o verde. Un día pregunteille por que era a súa cor preferida e el díxome que o verde era a cor da esperanza. Ás veces, cando alguén ten un problema, el sempre está alí para axudalo. Ao cabo do tempo o carteiro empezaba a perder a esperanza e eu intentei axudalo. A miña cor favorita é o amarelo, por iso teño tan mala sorte, pero tiven unha idea espectacular: montar a súa propia empresa de cartas e que as cartas fosen de cor verde. E así, o carteiro converteuse en xefe da súa propia empresa de cartas “verde esperanza”, con traxes verdes e mesma cor. De vez en cando mándame cartas para agradecermo.

Lucía Outeda Sánchez 5ºB

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

Ler máis…

OBXECTOS QUE COBRAN VIDA

29 Maio 2015

Inspirados no conto “O barco de chumbo”, incluído na obra O homiño vestido de gris de Fernando Alonso, os nenos e nenas do CEIP Manuel Vidal Portela crean unha chea de divertidas historias. Animádevos a coñecelas!

O ASUBÍO DE CARAMELOSilvato de caramelo

Un asubío de caramelo era o único que quedaba naquela tenda. O seu soño era poder ser o asubío dun árbitro de fútbol. Ese mesmo día uns nenos que entraron na tenda empezaron a xogar con el. Cinco minutos despois, a tendeira berroulles e tiveron que pagalo e quedar con el. Ao día seguinte os nenos foron ao campo de fútbol e o seu adestrador perdera o seu asubío. Os nenos déronlle o asubío de caramelo. O asubío foi desfacéndose ata que só quedou o pau.

Itziar Dopazo, 5ºA

(CEIP Manuel Vidal Portela )

 

O PAXARO DE PAPEL DE SEDA

Érase unha vez un neno chamado Carlos que se aburría tanto que lle pediu ao seu pai que lle fixera un paxaro de papel de seda. O pai aceptou encantado, e nunha media hora xo o tiña preparado. Carlos púxose moi contento. Primeiro meteuno nunha gaiola moi grande con comida. Logo, fíxolle unha camiseta azul, despois sacouno a visitar o campo e, por último, decoroulle as plumas.  Pero o paxaro de papel de seda non estaba feliz. A razón era que el quería voar con outros paxaros e facerse amigo dos animais que rodeaban o campo. Como Carlos non o sabía, nunca puido darlle o que quería. Un día, o paxaro comezou a falar. Ao principio o neno asustouse tanto que se meteu debaixo da mesa. Pouco a pouco foi perdendo o medo e comezou a conversar con el. O paxaro contoulle o soño que tiña. O neno entristeceuse porque para que o cumprira tiña que renunciar a el. Pero aínda que estaba moi triste, Carlos liberouno e levouno ao bosque. Ao cabo dunha semana, Carlos estaba moi aburrido. Foi ao bosque para buscar o seu paxaPaxaro de papelro. Encontrouno cos animais bailando e cantando. O neno alegrouse de velo tan feliz. Intentou falar con el pero a música era tan alta que non oía nin a súa propia voz. Entón foi ata el e só cando o tivo cara a cara recoñeceuno, apartouno a un lugar silencioso e contoulle o triste que se sentía. Ao paxaro deulle pena. Ficaron quedos durante dez minutos, e de súpeto, Carlos berrou:

-Xa o teño!

Carlos contoulle o seu plan ao paxaro, que consistía en que o paxaro fora a visitalo cada dous días. Ao principio o animal aceptou, pero logo foi esquecendo a promesa e só ía tres veces ao mes como moito. Carlos enfadouse co paxaro por incumprir a promesa que lle fixo prometer. Para non aburrirse fixo outro paxaro e coidouno como coidara ao anterior. Para cando o antigo chegou a casa de Carlos e o viu cun novo paxaro cabreouse todo. Foi onda o neno para berrarlle e preguntarlle por que estaba con outro amigo. El explicoulle todo e o paxaro comprendeu que fora un mal amigo. Desde entón nunca máis se separaron.

Marta Villaverde Padín, 5ºB

(CEIP Manuel Vidal Portela )

 

O COCHE DE PLÁSTICOcoche plastico

Hoxe é un día moi especial para Bruno e a súa familia, ían de vacacións a Pontevedra, unha cidade chea de amor e beleza. En Pontevedra tampouco era unha semana normal, eran as festas grandes, a festa da Peregrina!

Bruno non dixo nin unha palabra en toda a viaxe. El quería un coche de plástico. Aínda que Bruno non o sabía, os seus pais, Xesús e Berta, tíñanlle un agasallo.

Ao día seguinte, mentres a súa irmá montaba na montaña rusa, os pais déronlle o seu agasallo. Era un coche de plástico! A Bruno encantoulle, pero aos dez minutos deixouno tirado na praza da Peregrina. A súa irmá Rosa, que pasaba por alí, recoñeceu o coche e levouno xunto a Bruno, pero ocorreu algo moi estraño, o coche empezou a chorar. Rosa decatouse e preguntoulle que lle pasaba. O coche contoulle o seu soño, quería facer carreiras, e xogar a chocar. Rosa tivo unha idea, mercou un coche máis grande e atou o coche pequeno ao grande cunha corda de modo que o coche se arrastrara e chocara contra o grande. Pero ao cochiño non lle gustaba. Pegoulle un resorte, e o resorte ao coche, pero ao coche non lle servía. Rosa tivo outra idea, foi xunta ao mago Mark para que o fixese grande. O mago fíxoo grande. Rosa entregoulle o coche a Bruno. Bruno pegoulle adhesivos e agora o coche anda e anda pola praza da Ferreiría e a praza da Peregrina.

Paula Riveiro Vázquez

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºB

 

O BARCO DE PAPEL

Había unha vez un barco de papel que quería dar a volta ao mundo. Un día, o dono do barquiño meteuno na bañeira. Estivo a punto de afundirse, pero o dono conseguiu  sacalo, secouno e arranxouno. Entón, deixouno nun estante. Unha semana despois o dono púxolle dous anacos de cortiza polos lados e outro por embaixo, e volveuno poñer na bañeirBarquiño papela, e flotou. Á semana seguinte foron á praia e levou o barco. Cando chegaron o primeiro que fixo foi meter o barquiño no mar, que non afundiu. Unha hora despois volveuno meter e levouno o mar.

Juan García

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºA

 

A VELA DE CERA

Esta é a historia dunha veliña de cera que celebraba o seu aniversario. Xa pasaran cinco anos desde que a compraran. O paxaro de papel, o coche de plástico, a pelota de trapo demais xoguetes
déronlles os seus parabéns. Pero a vela non era feliz, ela non quería alumear, quería ser unhavela estatua no museo de cera, e ter a moita xente ao seu arredor admirándoa. Cada día pensabas e pensaba –Nunca estarei nun museo de cera!- lamentábase. A vela deprimida cada noite íase consumindo, ata que un día deixou de alumear. Un día o neno da casa chegou co seu pai, e encontrou a vela, colleuna e levouna ao seu cuarto. Como xa non alumeaba, púxoa nunha estantería na entrada da casa, e toda a xente que entraba na casa admiraba a veliña feliz.

Eva Sieiro Trabazo

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºB

 

O SOLDADIÑO DE CHUMBOsoldadiño chumbo

Un día, o pai dun neno chamado Manuel deulle un soldadiño de chumbo. Era un soldadiño grande, tiña un gorro longo e azul, unha chaqueta azul e vermella e uns pantalóns da mesma cor. O soldadiño fixérao o avó de Manuel. O soldadiño tiña un soño, que xogaran con el; porque o pai de Manuel nunca xogara con el cando era neno. Unha vez que o pai foi traballar, o neno empezou a xogar con el, pero chegou a nai e berroulle, e puxo o soldadiño nun estante máis alto. O soldadiño caeu e rompeu. O neno colleuno e arranxouno. Cando chegou o seu pai, o neno convenceuno, e xogaron os dous xuntos toda a tarde. A partir dese momento sempre xogaban con el, e o soldadiño sempre estaba contento.

Naira González Rey

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºA

 

A CAIXA DE CARTÓN

Érase unha vez un neno chamado Xoán. Tiña oito anos e moita imaxinación. O seu curmán tiña cinco anos e a súa nai chámase Sara. Vivían en Pontevedra. Un día, mentres a súa nai limpaba, a neveira caeu ao chan e rompeu. Xoán e a súa nai foron á tenda de electrodomésticos e mercaron unha neveira nova. Xoán, como tiña moita imaxinación e lle encantaba pintar, tivo unha idea; coa caixa  da neveira fixo un coche de cartón e pintouno. O seu curmán díxolle que o coche estaba a chorar, e Xoán pensou e pensou, pero non descubría porque choraba a caixa de cartón. Entón, o seu curmán díxolle:

-Xoán, non será porque non quere ser un choche?

Xoán dixo:

-Non sexas parvo, quen non quere ser un coche de cartón?

Entón Xoán no canto dun coche, fixo un televisor de cartón, e o seu curmán dixo:

-Xoán, fíxate, xa non está chorando, está moi contenta.

Xoán e o seu curmán pintárona. Un día mentres que Xoán xogaba, foise a luz e Xoán quería ver a televisión. Tivo unha idea. Como fixeran un televisor de cartón, o seu curmán caixa cartone el fixeron un programa. A súa nai riu moito, porque non marchara a luz, cortáraa ela porque quería que Xoán e o seu curmán xogasen co televisor. Entón, a caixa e a súa nai estaban moi contentas, e ao final Xoán e o seu curmán sempre apagaban a luz e xogaban xuntos coa caixa de cartón, que sempre foi feliz. Xoán e o seu curmán e como non, a caixa de cartón.

Noa Moreira Cota

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºB

 Se che gustaron as historias non o dubides, continúa a ler!

Ler máis…

QUE PASARÍA SE AS VACAS DESAPARECESEN ?

29 Maio 2015

vaca

Esa e outras ausencias inquedantes de animáis comúns nas nosas vidas foron o punto de partida dos nenos e nenas do CEP Marcos da Portela para crear os seus relatos logo de reflexionar sobre a obra Quen falta?

 

cabras

AS  CABRAS

Ola, son a vaca Melinda. Onte espertei e vin algo que me desgustou moito: Todas as cabras desapareceran! Acabouse o marabilloso mundo da cor marrón e branca, negra e gris… O peor é que o amo vainos botar a culpa de morderlle e arrincarlle os arbustos. Xa non poderei rir polos golpes que lle daba á miña mellor amiga Manola, a cabra que nunca choraba. E como na granxa non hai ovellas, non podo ter unha nova amiga. Agora muxirannos bastante máis, porque non hai outra especie que dea leite. Por sorte, haberá bastantes menos accidentes por parte dos condutores porque as cabras xa non se meterán no medio da estrada.

Cibrán Boullosa Valladares 5ºA

(CEP Marcos da Portela)

Lobo iberico

OS LOBOS

Espertei pola mañá intentando buscar o rastro dunha manda de lobos. Non encontrei nada. Ao lado dunha casa oín que todos os lobos desapareceran. Son unha águia. Só comía coellos cazados polos lobos. En dez anos as cabras e os coellos eran unha praga no mundo. En vinte anos cambiou o ciclo da vida no mundo.

Pablo Rodríguez Félix 5ºC

(CEP Marcos da Portela)

Sardina

AS SARDIÑAS

Había unha vez un mariñeiro chamado Mateo Mariño ao que lle encantaba facer dúas cousas, comer sardiñas e pescar polo grande Océano Pacífico. Un día decatouse de que as sardiñas non estaban, entón foi buscalas. Buscou, buscou e… seguían sen aparecer! Mateo Mariño estaba canso, entón botouse a durmir. Cando espertou decatouse de que lle faltaba un anaco de barco e pensou no que podería ter pasado: aos golfiños gustábanlles as sardiñas e como non había, foron ver se Mateo tiña algunha; daquela mordéranlle o barco e marcharan. Mateo chorou e chorou e foi á súa casa en Colombia, sen sardiñas que comer. Tiña que comer outras cousas que non lle gustaban. Mateo morría de fame, pero caeu na conta de que había máis peixes no mar, entón púxose a pescar outras especies.

Sergio González Vidal 5ºB

(CEP Marcos da Portela)

Mosca

AS MOSCAS

Unha nena estaba intentando matar unha mosca, pero un día xa non estaba e pensou: mataríaa o meu pai cunha desas cousas que trae da súa empresa na que fabrican insecticidas? Ese mesmo día o pai chegou moi cedo do traballo e a nena preguntoulle por que choraba. O pai respondeu: primeiro perdo a miña muller e logo perdo o meu traballo!  A nena estaba preocupada. De onde ían obter diñeiro para comprar comida?

Lucía Triay López 5ºC

(CEP Marcos da Portela)

Salmon

OS SALMÓNS

Unha mañá navegando polo océano, o Capitán Auga-Salgada tiña fame e apetecíalle moito un bo salmón, así que sacou a rede grande para pescar. Pasaron dúas horas e non pescou nada. Tiña moita fame, xa non agantaba máis. Percorreu todo o mundo na busca dun salmón, pero non había ningún. O Capitán deuse conta de que o seu peixe favorito se extinguira.

Diana Martínez Flórez 5ºB

(CEP Marcos da Portela)

Cabalo

OS CABALOS

Matilde era unha nena á que lle encantaban os cabalos. Un día o seu cabalo desapareceu. Matilde púxose moi triste e buscouno por todo o xardín, pero Manchas non estaba. Entón decidiu ir á escola de equitación, pero alí agardáballe unha horrible sorpresa. Todos os cabalos desapareceran! Matilde decidiu formar un grupo cos seus amigos e investigar sobre a desaparición dos cabalos. Decidiron chamalo “Misión Cabalos”. Ao día seguinte  empezaron as investigacións, buscaron polo bosque, polos xardíns das casas e ata no zoolóxico. Pola tarde decidiron descansar e puxeron as noticias no televisor.  O locutor dicía que os cabalos se extinguiran. Tamén dicía moitas consecuencias que iso tería, como o adeus á equitación e á carne de cabalo. As persoas que non tiveran tractores terían que renunciar ás labores de agricultura, xa non existirían os arcos dos instrumentos de corda nin toda a roupa, o coiro e os zapatos feitos coa pel dos cabalos.

Anónimo

(CEP Marcos da Portela 5ºC)

Ler máis…

FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN

29 Maio 2015

planeta

O noso planeta é un crisol de abundantes especies de fauna e flora; unha biodiversidade que, a causa de factores intrínsecos, como os desastres naturais, e a circunstancias alleas, como a contaminación, a caza descontrolada e outras accións penosas provocadas pola humanidade, está en constante perigo. Os escolares do CEP Marcos da Portela  do CEIP Manuel Vidal Portela puxéronse na pel, nas escamas ou nas plumas dos animais que están a piques de desaparecer da face da terra para contaren a súa vida e os factores que ameazan a súa existencia. Un obradoiro desenvolvido a partir da lectura da obra Quen falta?

 

tartaruga

A TARTARUGA MARIÑA

Ola, chámome Tarú e vivo nas costas do Atlántico. A miña parella chámase Lila, e cando veñen os homes, agochámonos nos cons. Témoslles moito medo porque nos cazan pola nosa cuncha. Vivimos escondidos e quedan poucos da nosa especie. Tamén levaron o meu avó porque saíu a buscar comida e colléronno antes de que volvera ao refuxio. Deume tanta pena que estiven unha semana sen saír. Tivo que ir a miña compañeira a conseguir alimento. Pola noite cóntolle aos meus fillos a historia de hai cento cincuenta millóns de anos, e din que queren volver a esa época. Dáme pena dicirlles que non pode ser.

Salvador Wilfrido Fariña Aquino 5ºA

(CEP Marcos da Portela)

tigre

O TIGRE DE BENGALA

Vivo na India. Estou en perigo de extinción porque a selva vaise facendo máis pequena. Uns homes teñen uns paus e cando fan un movemento coas mans, os animais caen ao chan e  lévanos. Un día desapareceu a miña tía e non a volvín ver. Tamén o meu irmán, o meu curmán e tres máis. Un día veu un home con ese tipo de pau, eu saín correndo, perdinme e non volvín ver a miña nai. Agora, cando durmo sempre soño con ela. Non volvín ver máis tigres, estou só no mundo e xa non me queda tempo de vida. Dentro de pouco vou caer nun sono interminable.

Clara Muro Hillerud 5ºB

(CEP Marcos da Portela)

Balea azul

A BALEA AZUL

Ola, son a túa amiga a balea azul, ou rorcual azul. Cando había moitas coma min nadabamos todas xuntas ata que nos empezaron a cazar. Se eu fose vós, deixaríavos nadar porque non me fixestes nada. Agora encóntrome soa e necesito amigos. Cando haxa máis baleas xogarei con elas ás carreiras de natación. Non vos fago nada porque como krill. Cústame durmir por todos os vosos ruídos. Son o animal máis forte do mundo, non me teñades medo, só quero ser a vosa amiga. Cada vez hai menos da miña especie. Por favor, axudádeme.

Ricardo Rey Rodríguez 5ºC

(CEP Marcos da Portela)

Guepardo

O GUEPARDO

Chámome Duma. Vivo nas pradarías de África, nun parque de protección. É unha vida dura, pero libre. Son o animal máis rápido do mundo, podo alcanzar unha velocidade de cento dez quilómetros por hora. Tes que estar alerta porque os leóns pódente atrapar e quitarche a comida. Son un animal solitario e a miña comida favorita son as gacelas, pero é moi difícil cazalas. A miña pelaxe é amarela e con puntos de cor negra para camuflarme na herba e que as presas non me recoñezan. Levo unha vida feliz neste hábitat, e por fin encontrei os meus irmáns e a miña nai, que levaba meses buscando. Perdéraos nunha emboscada duns leóns. Estou en perigo de extinción por culpa dos cazadores que queren a nosa pel. Como sigamos a este paso, extinguirémonos.

Pablo Davila Moreira 6ºA

(CEIP Manuel Vidal Portela)

Lobo gris

O LOBO GRIS

Vivo no bosque e fuxo porque o destrúen, ou hai incendios. Cando vou á India din que son un animal sagrado. Síntome seguro, pero ao final acaban por romper a súa promesa e cázannos para facer abrigos cos que estar quentiños no inverno, alimentarse, facer armas e ferramentas… Pensan que somos unha ameaza, pero nós só nos defendemos. Só podo ir a algúns países, e agora que nos matan, quedamos moi poucos. Esperamos non extinguirnos!

Pilar Franco Sánchez 5ºA

(CEP Marcos da Portela)

Ler máis…

O CARTAFOL Nº7 MOI PRONTO NA RÚA

14 Maio 2015

Portada

A semana próxima unha nova edición de O CARTAFOL DO LÉREZ chegará a todos os centros de ensino da cidade para amosar as creacións dos nenos e nenas de quinto e sexto curso de educación primaria que participaron durante os meses de xaneiro e febreiro nos obadoiros promovidos pola Concellería de Educación e desenvolvidos polo equipo de Kalandraka Editora.  Xa falta menos!

O CARTAFOL DO LÉREZ DE NOVO EN MARCHA

3 Marzo 2015

alvarez limeses 5ºB recortada

Unha nova edición do xornal de creación literaria O CARTAFOL DO LÉREZ sairá proximamente do prelo e chegará todas as escolas pontevedresas da man dos escolares de 5º e 6º curso de primaria que veñen de participar  no mes de febreiro nos obradoiros promovidos pola Concellaría de Educación e desenvolvidos polo equipo de animación á lectura de Kalandraka Editora nos centros  CEIP A Carballeira-Lourizán, CEIP Froebel, CEIP Ponte Sampaio, CEIP Parada-Campañó, CEIP Manuel Vidal Portela, CEIP Marcón, CEIP San Bieito de Lérez, CEIP Álvarez Limeses, CEIP Vilaverde-Mourente, CEP Marcos da Portela, CEIP Santo André de Xeve e CEIP A Xunqueira 2.

Máis de 700 nenos e nenas de 11 e 12 anos que aportaron a súa creatividade nos diferentes obradoiros de escrita que, como en anos anteriores, foron planificados a partir dos títulos que se ofreceron como lote dotacional ás bibliotecas escolares dos centros.

Continuade moi atentos porque moi pronto iremos dando conta dos resultados nesta edición dixital.

Vilaverde 5b

 Froebel 5ºA

HISTORIAS NEBULOSAS NO CEIP FROEBEL

26 Maio 2014

Froebel 5º

 

Os acontecementos de cada historia, os feitos, os antecedentes, cada consecuencia… todo dentro dunha historia forma unha nebulosa na que ás veces nos introducimos sen ter moi claro cal vai ser o camiño ao que nos vai levar a nosa escrita. Deste modo empezamos a escribir os alumnos e alumnas de quinto curso do CEIP Froebel no obradoiro de escrita de O CARTAFOL DO LEREZ. Cada novo escritor creou unha historia que despois se deixaba levar a lugares inesperados grazas ás ilustracións de A nube de Martín, de Kalandraka Editora. Déixate ti levar por estes textos igual que eles se deixaron levar polas ilustracións de Rebeca Luciani.

Ler máis…

QUE COUSA, COUSIÑA É?

25 Maio 2014

CEIP DE MARCON. Ventá

Despois dunha boa sesión de música grazas ao último libro disco publicado por Kalandraka Editora, Pan de millo, do pontevedrés grupo Migallas, os alumnos e alumnas de quinto curso dos CEIP de Marcón  e do CEIP de Santo André de Xeve, atrevéronse a retarvos a un xogo de adiviñas no que teredes que estar moi atentos se queredes adiviñar de que cousas nos falan as súas adiviñas. Anota cantas respostas acertaches e déixanos un comentario no que nos digas o teu número de acertos. Imos aló:

 

Fonte de leite

Que vive no prado,

E espanta as moscas

Co seu rabo.

(acav A)

Antía Bernárdez Torres

CEIP Santo André de Xeve.

Ler máis…

O NOSO PLANETA DECIDE IR DE VACACIÓNS

23 Maio 2014

IMG_1671

Sen dúbida ningunha que o planeta terra decida ir de vacacións é un feito digno de ser cuberto polos mellores xornalistas do mundo, e iso é o que fixeron. Os alumnos de quinto curso do CEIP Marcos da Portela dan boa fe de tan marabilloso feito. Non perdades detalle deste exercicio informativo que nace do conto A terra está na lúa, de Ai Filomena, Filomena, de Kalandraka Editora. Unha nova iniciativa da campaña de animación á lectura O CARTAFOL DO LEREZ, da Concellería de Educación do Concello de Pontevedra. Informádevos, só no CARTAFOL ides atopar todos os detalles desta marabillosa anomalía cósmica.

 

 

A TERRA COLLEU UNHAS VACACIÓNS

 

A Terra empezou a engordar e todo se fixo máis grande. Despois empezou a adelgazar e todo se fixo máis pequeno. Todo isto se debe ás vacacións que tomou.

 

A Terra tomou vacacións o 3 de febreiro. Deixou de dar voltas! Segundo contan os veciños, a Terra estaba cansa e por iso se foi de vacacións. Foi un médico quen lle dixo á Terra que tomara unhas vacacións. En principio as vacacións da Terra son de quince días. Uns nenos, Paula e Paulo dixéronos que non había nin día nin noite e que se pasou de verán directamente ao inverno.

Andrea Ibárrez Muíños.

Ler máis…