PODOLOXÍA E OUTRAS CURIOSIDADES
Practicando a faceta xornalística de María Solar, o alumnado do CEIP de Marcón pescudou, redactou e difundiu reveladoras informacións sobre os pés. Velaquí as novas fantásticas da súa propia colleita.
DESCOBREN UNS PÉS DE CABRALES EN PONTEVEDRA
Nunha parroquia de Pontevedra, en Marcón, había un veciño asturiano que era moi coñecido, xa que tiña uns pés moi peculiares: os seus pés cheiraban a queixo de Cabrales. Os seus pés cheiraban a quilómetros de distancia á redonda. Un día pasou por Marcón un científico ao que lle chamou moito a atención o olor dos pés deste veciño e quixo investigar as causas. Fixo analíticas, probas, todo o que se pode imaxinar; ata que un día puido confirmar que os seus pés ulían a Cabrales por causa dunha bacteria que tamén tiña o queixo asturiano, a MHJEKTAMOFILHA XDCA. Os seus pés ulían así porque os seus pais, durante a súa infancia, alimentaran a este veciño todos os días con queixo de Cabrales.
Antía Carballal, Candela Lorenzo
(CEIP de Marcón)
CIENTÍFICOS INVESTIGAN UNHA ENFERMIDADE NOS PÉS
O once de marzo de dous mil dezaseis, científicos da Universidade de Alacante encontraron unha moza coa enfermidade chamada Osopatía, que destrúe os ósos dos pés. Unha moza de Alacante a quen lle contaxiou unha enfermidade o seu can mordéndoa nun pé, está a ser estudada. Aínda non se sabe por que o can lle contaxiou esta enfermidade. Si se sabe que destrúe os ósos dos pés.
-Tes algún síntoma?
-Teño moita suor e tiróns nas dedas.
Ás veces dánme cambras.
Alejandra Romero Filgueira, Pablo Fernández López
(CEIP de Marcón)
MABE WADLOW ENTRE NO LIBRO GUINNESS DOS RECORDS COS PÉS MÁIS GRANDES DO MUNDO
Mabe Wadlow entra no libro Guinness dos Records 2015 grazas a unha enfermidade como a do seu pai, Robert Wadlow. O norteamericano Mabe Wadlow, de trinta e tres anos, entra no libro Guinness dos Records superando o record do seu pai, Robert, con 49,99 cm. de longo no pé esquerdo e 52,24 cm. no dereito. Non só ten os pés grandes, senón tamén todo o corpo. O seu zapateiro Thomas di: –Os seus pés son como dous grandes camiños! –. A súa filla Noha tamén vai polo mesmo camiño, pois mide 1,75 metros e ten oito anos. Mabe non ten ningún problema, pois practica atletismo, vai ao ximnasio e fai rutina como o resto das persoas. Mabe está casado cunha muller, Jenna. Ela está costumada, pois leva vinte e cinco anos con el. O día da voda, Jenna tivo que subir a un escano xa que, ademais de ter os pés máis longos do mundo enteiro, é moi alto: mide 2,50 metros.
Mara Abreu Cortegoso, Belén da Silva Tieso
(CEIP de Marcón)
INVENTAN UNHA MÁQUINA PARA ANDAR
Nunha vila da provincia de Pontevedra, Marín, construíron unha máquina que fai as mesmas función que os nosos pés. Na nosa visita á vila fixámonos en que as máquinas eran de ferro e dentro había uns homiños que traballaban día e noite sen parar. Teñen o cerebro tan desenvolvido coma os humanos. Están probando se funcionan no laboratorio de Ciencias de Pontevedra. Preguntámoslles aos cidadáns que lles parecen. A mayoría dos enquisados responderon que era unha cousa moi arriscada. Informaremos nos vindeiros días.
Antía Martínez Pérez, Pablo Ferreiro Couto
(CEIP de Marcón)
O DESCUBRIMENTO DUNHA TRIBO COS PÉS IGUAIS DÁ A VOLTA AO MUNDO
Nunha aldea hindú, un investigador atopou unha tribo na que as mulleres tiñan os dous pés dereitos e os homes os dous pés esquerdos. O investigador, Paul Saljensin, preguntoulles aos aldeáns quen eran. Os aldeáns responderon que eran da aldea Mjelid, do lugar chamado Ningulindhe. O problema que tiñan estas xentes era que non podían camiñar nin facer as súas tarefas: ir por auga, coller os nenos, facer a comida… Paul preguntoulles como era posible vivir tan incomodamente. Un aldeán díxolle que lles preguntara aos seus pés se podían volverse normais, pero os pés dixeron que non. Paul acabou por abandonar a aldea sen atopar unha resposta a aquel misterio.
Noelia González, Alejandra Rodríguez
(CEIP de Marcón)
DESCOBREN UNHA FAMILIA CUNS PÉS DIFERENTES
A familia García naceu cos dous pés dereitos. A familia García tiña uns pés diferentes, uns zapatos diferentes e uns calcetíns diferentes. Case todos os zapatos eran de coiro estaban forrados con tea. A familia tiña algo especial: ter dous pés dereitos. O malo de teren dous pés dereitos é que poden caer para o lado contrario, o esquerdo, pero xa están acostumados. Eles, ao estaren acostumados, non lles parece estraño, e aos seus amigos tampouco lles parecía moi raro, pero á xente do seu barrio si. A eles dáballes igual. Un día, á familia García tiveron que operarlle un pé, o esquerdo, e a todos o mesmo, como ás demais persoas. O médico díxolles que o novo pé se chamaba esquerdo. A familia García quedou asombrada, e dixo: Vaia nome máis raro! Desde entón, a familia García tivo un pé esquerdo e un pé dereito.
Victoria Cons, Carmen Rodríguez
(CEIP de Marcón)
DESCOBREN UNS PÉS DIFERENTES NUNHA PARROQUIA DE PONTEVEDRA, TOMERZA
Nunha parroquia de Pontevedra, en Tomeza, había un misterio: alí viven tres homes que teñen os pés diferentes. O venres pasado, o noso enviado visitou a parroquia de Tomeza. Alí atopou tres homes que tiñan os pés diferentes. Un tíñaos romanos, outro exipcios e outro gregos. O que tiña os pés gregos, tiña os pés máis grandes. Cando ten que comprar zapatos élle moi difícil porque case non hai. Os seus amigos axúdanlle a buscar, xa que para eles si que hai. Unha señora que ten unha zapatería ofreceulles un zapato para cada clase de pés. Eles déronlle as grazas.
Elisa Moure García ,Naomi Moreira Ruibal
(CEIP de Marcón)