Saltar ao contido

MICRORRELATOS

15 Xuño 2016

IMG_3145

Estas  narracións moi breves de estructura, pesronaxes e ambientes esquemáticos precisan non só de autores intelixentes senon de lectores activos. Velaquí algúns exemplos escritos polos alumnos e alumnas de 6º do CEIP  Santo André de Xeve.

 

Cando comía aquela carne, sabíame a aventuras, tardes no río… a corte de Roque estaba baleira.

Sofía Filgueira, Raquel Castro e Irene Morgade

 

O seu soño era voar. Cando o conseguiu, comprendeu que non o necesitaba. O que andaba a buscar sempre o tivera alí abaixo, na terra, na casa, no seu mar.

Nicolás

 

A tele enfermara aquela semana. María estaba frustrada. Sen a tele, por fin era libre.

Raquel e Irene

 

Cando chegou, descubriu que a súa mellor viaxe sempre estivera nela!

Alicia Quintillán, Iria Fariña, Alba Begines e Carla Otero

 

Un pescador atopou moito ouro e puxérase feliz. O tellado novo baixou polo río!

Nicolás Filgueira, Jorge Martínez e Cristina Buceta

Nun solpor apareceu un pegaso sucando o ceo e un anxo coa súa trompeta. O ceo estaba bonito.

Diego Búa Aboal

 

O can levaba tempo agardando polo seu dono. E seguía a agardar, pero… non apareceu ninguén.

Raquel Castro

O coello conseguiu facer un tobo el só. Tardou moito tempo. Cando o conseguiu, a alegría apoderouse del. Cando volveu de coller comida, o seu tobo fora derrubado pola chuvia. O coello volveu coa cabeza baixa á casa dos seus pais.

 

Alicia Quintillán Argibay

 

O leñador, pola mañá, acordou entre dinosauros, cousa que non agardaba… Aprendeu que hai que traballar a pesar das circunstancias.

Ricardo

 

O raposo marchara por un premio que lle deran e deixou a súa muller. Tres meses despois, deuse de conta de que os cartos non daban a felicidade.

Iria Fariña González

 

Naceu o elefante. Todo o mundo ría del. Apenas tiña trompa. Sentiuse inferior, desgustado.

Sofía Filgueira, Gómez

Unha chaqueta quería ser un sofá. O que ela non sabía era que ían sentar nela. Sentiuse abatida.

Jorge, Nicolás e Cristina

A cadela do veciño do lado tiña dúas crías e ao día seguinte un non estaba, desaparecera. Entón, a nai púxose a buscar e buscar e atopouno. Sentiuse moi feliz e contenta.

Cristina Buceta Paz.

 

O crime era perfecto. Pensara en coartadas, pegadas, horas e minutos… pero non o fixo por medo a ir á cadea.

Irene

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: