Saltar ao contido

HABÍA UNHA VEZ UNHA ÁRBORE… EN PONTEVEDRA

15 Xuño 2016

Arbore

As árbores habitan na cidade coma veciñas silandeiras nas que apenas nos fixamos malia que proporcionan osíxeno, sombra, beleza e moitos máis beneficios. De orixe autóctona ou procedentes de afastados lugares do mundo, forman parte necesaria da paisaxe e algúns exemplares destacan pola súa antigüidade, porte ou propiedades. Escolares do CEP Marcos da Portela e do CEIP San Martiño trazaron un percorrido literario polo xardín urbano descubrindo que “A árbore xenerosa” ten fondas raíces e que a súa semente agromou en cada recuncho.

 

MEMORIAS DUN CARBALLO

Había unha vez unha familia que se mudou a unha casa ao lado da capela de Santa Margarida, en Pontevedra. Cando chegaron, Xaquín, o neno máis pequeno da familia, quedou sorprendido. Cando Xaquín estaba poñendo as súas cousas no cuarto, miraba o carballo pola ventá. Cada mañá, ao amencer, saudábao pensando que o carballo tamén o saudaba. E así cada día. Cando ía ao colexio, Xaquín falaba co carballo sobre os seus problemas, conflitos, amigos… Pasaron os anos e o carballo non florecía. Xaquín sabía que algún día o carballo morrería entón, cada vez que ía xunta del, colocáballe nunha póla unha flor de papel. E así cada día. Cando Xaquín rematou, xa era primavera e sentiuse feliz do traballo que fixera polo carballo. Deste modo sabía que o carballo morrería feliz recordándoo para sempre.

Nerea Souto Aboal, 6ºA

(CEP Marcos da Portela)

 

loureiro 3O LOUREIRO E A SESTA

No parque de Campolongo, un neno chamado Hugo xogaba cun loureiro non moi bonito, non moi feo, non moi grande e tampouco pequeno. Hugo xogaba a lanzar as froitas da árbore aos seus amigos. Tamén durmía nas súas pólas. Un día, o neno viña do colexio moi cansado e entón decidiu botar unha sesta ao lado do seu amigo o loureiro. Ao espertar, deuse conta de que cambiaran moitas cousas! Os nenos non estaban xogando nas súas casas aos videoxogos; estaban fóra xogando no parque e os adolescentes non estaban pegados aos seus teléfonos móbiles. O mellor de todo era que as árbores podían moverse e falar. O malo era que o seu amigo o loureiro dicíalle: -Esperta!!!

Olivier Courier Cortegoso, 6º

(CEIP San Martiño)

A XACARANDA CONTACONTOS

Contan os vellos que nos seus tempos mozos a xacarandá que sejacaranda atopa no Parque das Camelias foi unha árbore moi peculiar. Din os anciáns, aos que xa ninguén escoita, que cando eran cativos, non máis maiores ca vós, paraban todas as tardes a escoitar os contos cheos de fantasías cos que lles agasallaba a súa amiga Xasmina, o nome co que a chamaban. Pero esta historia non sempre foi así… Todo comeza un día de primavera. A alegre e resplandecente Xasmina está máis contenta ca calquera árbore do lugar, xa que acaba de decidir que quere ser contacontos, pero o único inconveniente é que… non ten ninguén que a poida oír. Polo que, sen quitar esa alegría que corría polas súas raíces, e sen que se lle borrase o sorriso do tronco, decidiu preguntarlle unha por unha ás persoas que pasaran por alí, ata atopar alguén disposto a parar e a escoitar os belos contos que a Xasmina lle pasaban pola súa copa. A primeira persoa que pasou foi unha rapaza de pel moi branca e fina, cabelo louro coma os raios do sol e uns ollos dun azul intenso coma a cor dos pétalos das súas flores.

-Oe, rapaza! Queres un conto escoitar? –preguntoulle Xasmina.

-Non, ho! Non teño tempo, pois á perruquería teño que ir, para os meus cabelos sempre perfectos poder lucir –respondeulle Xasmina. A rapaza pasou de longo, bamboleándose, deixando a árbore soa.

-Que rapaza tan maleducada! –pensou Xasmina.

A seguinte persoa que pasou foi un home de negocios duns cincuenta anos, baixiño, calvo e cunha barriga tan grande que a Xasmina sorprendíalle que puidera camiñar. Vestía de maneira formal e levaba na súa man un maletín do que sobresaían numerosas follas. -Oe, homiño! Queres un conto escoitar? –preguntoulle Xasmina. -Non, ho! Non teño tempo, se o meu instinto non me falla hoxe é día de venda, así que non me molestes! O homiño marchou e Xasmina volveu quedar soa. -Tremendo home! –pensou Xasmina. Cando Xasmina xa perdera toda esperanza, pasou unha rapariga de aspecto humilde, con roupas vellas e co cabelo encrespado.

-Oe, moza! Queres un conto escoitar? –preguntou Xasmina.

-Pois… estaría moi ben!

Xasmina, toda ilusionada, comezou a contarlle as historias que lle pasaban pola súa copa. E despois dese momento, todos os días pola tarde a moza quedaba para escoitar os seus contos.

Sheila Doval Muíños, 6º

(CEIP San Martiño)

 

UNHA AMIZADE PARA TODA A VIDA

cipresHabía unha vez unha nena que vivía en Pontevedra. Un día, a nena soubo que ía mudarse aos Estados Unidos de América porque o seu pai non encontraba traballo. A nena estaba moi triste. Uns días despois xa se estaba instalando na súa nova casa nos EUA. Saíu ao xardín. Era moi grande, pero non tiña nin unha soa árbore, así que foi á tenda e mercou unhas sementes. Ao chegar á casa plantounas no xardín. Un ano despois xa medrara a árbore: era un fermoso alcipreste. A nena pasaba o día con el, rían xuntos, xogaban xuntos… Pasaron os anos e a nena fíxose moi maior, e o alcipreste tamén. A nena e o alcipreste foron amigos durante toda a vida. Foron o alcipreste e a nena máis felices do mundo.

Diana Martínez Flórez, 6ºB

(CEP Marcos da Portela)

 

A PALMEIRA EGOÍSTA

Había unha vez unha palmeira de Canarias que tiña moitas cousas palmera 4que ofrecer, aínda que os nenos non a querían porque daba bos froitos, senón porque querían ser o seu amigo. Os nenos preguntábanlle a diario por que era así. Un día fartouse da mesma pregunta e respondeulles: -A razón do meu comportamento é que só houbo un neno que me plantou e me coidou, pero non como todos agardades, senón dun modo egoísta. Un día plantoume porque a súa nai lle dixera que plantase un plataneiro para obter os seus plátanos bos e gratis. Regoume moi ben ata que, un día, cando me saíron os froitos, pasou a recollelos e non me botou auga, así que pensei que se esquecera de min. Non volveu aparecer durante anos. E é por iso que herdei co tempo o seu comportamento. E agora estou aquí! Os nenos quedaron asombrados coa súa penosa historia. De súpeto, un mozo duns vinte anos, máis ou menos, apareceu ao lonxe cun gran caldeiro de auga. A palmeira berrou: -É el! –tamén lle preguntou –Por que non viñeches en todo este tempo? O neno respondeulle: -É que estiven moi ocupado cos estudos do colexio, pero agora trouxen isto para ti! E botou a auga na terra. O mozo díxolle: -Síntoo! Agora poderei vir sempre onda ti! E déronse unha grande aperta!

Marcos Seoane Guindal, 6ºA

(CEP Marcos da Portela)

 

castinheiro 2

O CASTIÑEIRO TRISTE

Había unha vez un castiñeiro das Indias que vivía en Pontevedra, nos arredores da igrexa de San Xosé. O castiñeiro estaba triste porque non tiña ningún compañeiro que pasara tempo con el e, aínda por riba, todo o mundo dicía que as súas castañas non servían para nada, nin para comer tan sequera. Aínda así, o castiñeiro era moi fermoso, sobre todo na primavera. Todos o maltrataban. Todos, menos un neno que pasaba o tempo con el. Iso consolábao algo pero, aínda así, sentía que non tiña valor ningún e pensou que era a árbore máis desgraciada da cidade. Teodor, que así se chamaba o neno, non cansaba de xogar co seu prezado castiñeiro das Indias. Xogaban ás agochadas, ao balón prisioneiro… Un día, unha malvada persoa que chegara a Pontevedra envelenou os cabalos do pai de Teodor. A árbore, cando se decatou daquilo, quixo ser unha das mellores curandeiras e pensou que cos seus froitos podería saír unha medicina para curar os cabalos. O neno e mais ela apertaron os froitos do castiñeiro das Indias e saíu un líquido verde e espeso. Teodor deulle o zume ao cabalo do seu pai e, milagrosamente, pareceu que se recuperaba. O pai de Teodor premiou o seu fillo e, como non, a árbore do castiñeiro das Indias. De maiores, Teodor e a súa querida árbore foron os mellores curandeiros!

Pablo Casado Pazos, 6ºA

(CEP Marcos da Portela)

 

O BIDUEIRO

bidueiroHabía unha vez unha parella de namorados que ían ter un neno chamado Pedro e querían ter unha árbore que nacera ao mesmo tempo que o neno. O neno medrou xunto coa árbore, un bidueiro. O neno botáballe auga os días que non chovía. Dáballe o composto que reciclaba na súa casa. O neno tivo noiva; ela quería toda a atención de Pedro, polo que tivo que deixar de atender a árbore e deixala a cargo dos pais. Anos despois, os pais morreron e a árbore quedou sen xente que a coidara durante dous anos. Pedro rompeu coa noiva e volveu coa árbore. Pedro pediulle perdón por todo o tempo que a árbore estivo soa. Ela aceptou as desculpas e volveron ser amigos para sempre.

Cynthia Montes Pérez, 6ºB

(CEP Marcos da Portela)

 

A ÁRBORE DO ÁMBAR

arbore do ambarHai moito tempo, había unha árbore do ámbar que criara unha nena, que chegou a converterse na súa mellor amiga. Sempre xogaba con ela ás agachadas, ás parellas… Para xogar, a nena axudaba a xogar á árbore. Un día, a nena non apareceu e a árbore púxose triste. Pouco despois, a árbore soubo que se fora a outro país porque lle ofreceran un traballo alí. Moitos anos despois, a filla da nena foi xunta da árbore e díxolle: -Ola, son a filla daquela nena que coñeciches. A miña nai faloume moito de ti –A árbore respondeulle: -Ola, si, a verdade é que a túa nai era moi boa. A nena preguntoulle se quería ser a súa amiga e a árbore díxolle que si porque, se era filla da súa mellor amiga, seguro que era coma ela. Dende ese momento sempre están xuntas e convertéronse en grandes amigas. O que ninguén sabe é que a primeira mellor amiga da árbore mirábaas dende unhas cámaras moi satisfeita desa amizade tan boa.

Aida Martínez Sartier, 6ºB

(CEP Marcos da Portela)

A AMIZADE SALVA VIDAS

WashintoniaTodo comezou nunha mañá de verán cando uns nenos insultaron un amigo seu. O neno tiña oito  anos, chamábase Xoán. O neno, moi triste, sentou a carón dunha nova planta que había no colexio: chamábase Washingtonia, na honra do primeiro presidente dos EUA. Ao neno pareceulle tan fermosa que seguiu investigando na casa. Ao día seguinte, o neno volveu sentar a carón da palmeira, xa máis calmado. A palmeira díxolle: -Por que choras? O neno contoulle o que lle dixeran os seus compañeiros: que o seu soño era imposible, que nunca sería futbolista. Xoán adestraba todas as tardes co seu equipo, o Val Miñor. El ía todas as tardes ver a palmeira. Xa con dezaseis anos, adestrando todas as tardes, conseguiu que o ficharan por un club importante. Aos catro días ían xogar contra o seu rival de toda a vida. A palmeira enfermou e o neno tivo que escoller entre o seu soño ou ela. O neno, ao día seguinte, díxolle ao seu adestrador que non quería xogar. Despois diso, o neno foi correndo onda a palmeira e deulle unha aperta. Aos poucos días, a palmeira xa estaba ben e seguiron xogando xuntos toda a vida.

Yago García, 6º

(CEIP San Martiño)

Continiade a ler e descubriredes máis historias protagonizadas por árbores senlleiras da cidade. Convidámosvos a que as coñezades e as visitedes da man de Jaime Blanco-Dios e Amancio Castro consultando a súa guía sobre a flora ornamental arborescente de Pontevedra.

CALIANDRA VERMELLA

Esta é a historia dunha árbore solitaria, esvelta, cunhas grandes e vermellas flores, unha árbore única en Pontevedra, que non quería relacionarse co resto das árbores, que non eran da súa especie. Sentíase baleira, moi soa. Todos os nenos xogaban nas súas pólas, e rompíanas, sempre lle facían dano. Por outra parte, vivía unha carismática nena que vivía na Peregrina. Ela era unha nena de familia acomodada. O seu pai sempre traballaba ata o domingo e como era de esperar, a nosa protagonista, estaba soa na casa un relucente domingo pola mañá. Un dos lugares favoritos da nena era o parque das palmeiras. Entón, contra todo prognóstico, foise brincando e cantando cara ao parque. A súa vista parou nunha preciosa árbore á que lle estaban rompendo as súas fermosas pólas. Rapidamente foi socorrela. Regouna, coidouna, e coidou as súas preciosas flores, dun vermello intenso e resplandecente. A rapariga escoitou con paciencia todo o que sentía a árbore. Contoulle que tiña medo a relacionarse con outras árbores porque son máis bonitas ou teñen máis utilidades ca ela. Ela pensaba que só servía para decorar. A nena investigou e buscou información sobre esa árbore. Ao día seguinte despois do colexio volveu onda a árbore, tiña unha idea, falar con ela e facerlle sentirse especial. Entón, empezou: -Como te chamas? Cantos anos tes? De onde ves? –Ao que respondeu –Non sei nada diso. –A nena exclamou e díxolle que o ía arranxar. Preguntoulle como se quería chamar e a árbore decidiu chamarse Xaquín. Pouco a pouco foi creando a súa propia personalidade, atreveuse a falar con outras árbores e a nena e a árbore Xaquín quedaban todos os días despois do colexio e ela estudaba á sombra das súas pólas, cantaban, rían… a nena decatouse da importancia das cousas pequenas e que non hai que soñar ao grande.

Lucía Castro Fouces.

CEIP San Martiño. 6º

UNHA AMIZADE ESPECIAL.

11 de setembro de 2014.

Ola, chámome Rubén. Veño do Xapón aínda que nacín en España.

Hoxe, no primeiro día de colexio no recreo ningún compañeiro se achegou a coñecerme, entón púxenme a falar cunha árbore que tiña ao lado. El díxome:

-Ola neno. Por que non estás cos teus compañeiros?

-Non me aceptan –Contesteille.

-Pois se non queren xogar contigo, xogo eu!

Desde ese día eu e a árbore todos os recreos xogamos xuntos. Por se o único que me respetaba e comprendía.

20 de novembro de 2014.

Tiven que volver a Barcelona, pero coas presas esquecéuseme despedirme.

3 de abril de 2015.

Hoxe volvín e fun buscar o meu amigo pero non estaba. Pregunteille á árbore que tiña ao lado e díxome que o botaran abaixo para faceren un patio máis grande.

María Bouzada Piñón.

CEP Marcos da Portela. 6ºA

Unha vez unha nena chamada Marta paseaba por un bosque e atopou unha árbore moi bonita, tiña espiñas no tronco e flores de cor rosada e púrpura, con ronchas cor crema e amarelo na base dos pétalos. Marta deitouse á súa sombra e quedou durmida. Cando acordou a árbore estábaa acariñando no cabelo e cantándolle unha nana. A rapaza, moi sorprendida, empezou a falar coa árbore e fixéronse amigas. Entón, a árbore, empezou a contarlle a súa historia: A miña familia vivía no sur do Brasil hai moitos anos. Un día, chegou un barco á vila onde viviamos e arrincounos para vendernos noutro país. Toda a miña familia foi vendida e separada de min. Finalmente compráronme para plantarme aquí. A nena, emocionada pola triste historia da árbore, prometeulle que a visitaría todos os días e así o fixo. Co paso dos anos, a amizade entre a árbore e a nena fíxose moi especial. Un día uns leñadores estaban a punto de cortar a árbore e aínda que Marta o intentou, non puido impedilo. Entón, deuse conta de que perdera un grande amigo. Marta seguiu visitando o lugar onde antes estivera a árbore toda a súa vida e transmitiulle a historia da súa amizade aos seus fillos.

Lucía Ovelleiro Barreiro.

CEP Marcos da Portela. 6ºB

 

Un día, a nai de Xaime mandouno ir mercar unha árbore para a finca que estaba preto do cemiterio. El decidiuse por unha pequerrechiña que tiña por nome “Alcipreste dos cemiterios”. Era unha árbore bastante alta para o tempo que tiña. Dende o primeiro día os dous souberon que estaban feitos o un para o outro. Todas as tardes Xaime ía xunto á árbore e aínda que el pensaba que non o escoitaba, contáballe todo o que lle ocorrera na escola. A árbore satisfacía as súas necesidades, por exemplo, cando ao neno lle daba o sol, a árbore movía as súas pólas e follas para darlle sombra. Pasado un tempo o neno díxolle que se ía mudar e preguntoulle se tiña madeira para construír un cofre onde gardar as súas cousas na mudanza. Ela respondeulle que podía coller algunhas das súas pólas. Ese foi o mellor agasallo que lle fixeran nunca, porque ademais dun cofre era un recordo do seu mellor amigo. Un bo día o neno marchou. Pasados moitos anos o neno volveu á cidade por motivos de traballo e pasou polo lugar onde estaba a árbore, pero no lugar onde estaba ela había agora unha estrada. Lonxe de poñerse triste, alegrouse porque recordou os bos momentos que pasaran xuntos e, aínda que non siga aí, sempre permanecerá no corazón de Xaime.

Cibrán Boullosa.

CEP Marcos da Portela. 6ºA

 

Todo comezou nun instituto calquera nunha cidade calquera. Unha nena chamada Laura asistía a clase todos os días. Esta nena vivía nun piso no centro da cidade e por iso adoraba todo o que tiña que ver coa natureza, a fauna e a flora. Os seus pais traballaba nunha empresa e traballaban todos os días agás os domingos. Por iso non podían saír moito de viaxe. Un día, mentres daba un paseo polo patio como habitualmente facía, atopouse cunha árbore que nunca lle chamara a atención. Era unha camelia, e estaba florecida. As súas flores eran brancas e radiantes, eran marabillosas. Ao principio a timidez de Laura gañou a batalla e ela non se achegou moito, pero todos os recreos ía visitar o arbusto e observaba desde lonxe. Ao cabo dun tempo atreveuse a falarlle: -Ola! Ehh… son Laura,… sabes que as túas flores son preciosas? –Iso foi o único que dixo, pero, a relación entre a flor e o arbusto, que comezou cunha simple frase, seguiu moi ben e remataron por facérense amigos. Nos recreos, Laura ía visitala e falaban de moitas cousas. E así seguiron todo o curso, falar e máis falar, nada máis. Así, chegou a fin do curso e cunha simple promesa, despedíronse. Prometeran volver verse. Nas vacacións Laura sentiuse soa xa que durante o curso perdera cos seus amigos, e o verán pasaralle moi lento. Por fin chegou o curso. Laura está ansiosa de saudar á súa amiga, pero cando chegou ao lugar onde debería estar o seu amigo… Non estaba alí! Laura buscou por todo o colexio ao director e preguntoulle onde estaba o seu amigo. Este, díxolle que o transplantaran e o levaran a un hospital para facer unha sebe. Ese hospital estaba en A Coruña, e aproveitando que os seus pais estaban de viaxe de negocios, Laura colleu o tren e foise para A Coruña. Despois de moito buscar atopou o hospital e, alí estaba a camelia. Correu e abrazala chorando porque non a podería volver ver. Despedíronse e cando Laura chegou a casa, atopou aos seus pais e déronlle a nova, ían mudarse a A Coruña! Mercaran un piso e ían vivir alí. Desta maneira a amizade resistiu e puideron verse moi a miúdo.

Andrés Pardo Carballo.

CEIP San Martiño. 6º

 

Anxela era unha nena de catro anos que tiña unha árbore na súa casa. Un día ela púxose enferma e a árbore tamén, eran como irmáns! Ao día seguinte xa se encontraba moito mellor e xa puido ir ao colexio. No colexio anunciaron unha excursión á horta e ela púxose moi contenta porque lle encata plantar. Cando chegou á súa casa regou a árbore e aí todo un mes enteiro. Despois dese mes a árbore medrou un montón e case non cabía na súa casa. Anxela transplantou a árbore ao seu xardín e volveuna regar. Foi á piscina e estivo xogando cos seus primos Paula e victor. Cando volveu a súa casa foi durmir. Cando acordou estaba a chover. Ergueuse e foi correndo fóra para ver como estaba a árbore. Co temporal estaba axitándose. Entón Anxela colleu unha vasoira, corda e un paraugas. Saíu fóra e púxolle a vasoira atada coa corda e logo un paraugas cravado na terra para que tapara a árbore. Un ano despois, tanto Anxela como a árbore medraran moito. Ela foi xogar coas súas mellores amigas, María e Xiana. Estiveron xogando ata que se fixo de noite e logo foron as tres a durmir a casa de Anxela. A árbore, que era un alcanforeiro, tamén foi durmir.

Alazne Orejas Casas.

CEP Marcos da Portela. 6ºB

 

Érase unha vez un neno chamado Samuel. Un día Samuel decidiu plantar unha árbore, pero non unha árbore calquera… despois de varios días de reflexión, decidiu plantar unha caliandra vermella. El coidaba dela todos os días, despois e antes de ir ao colexio. Tanto a coidaba que no canto de xogar aos videoxogos, xogaba coa árbore, ás agochadas, coa pelota, á pita cega… Cando a árbore medía dous metros o neno gabeaba por ela e sentaba nunha póla a ver o serán. Varios meses despois, cando xa era primavera a árbore floreceu e o neno colleu unha flor e deulla á súa nai e a árbore quedou moi feliz ao ver aquel agasallo tan bonito. Pasaron os días, os meses, os anos, e o neno xa feito un vello decidiu pasar os derradeiros días da súa vida coa cousa que máis quixera nunca.

 

Iago Pérez Crujeiras.

CEP Marcos da Portela. 6ºA

UNHA RELACIÓN INSEPARABLE

Todo empezou un sábado pola tarde. O día anterior houbera escola e a Xoán apetecíalle saír fóra, así que, quedou cos seus amigos. Cando chegou non había ninguén, pero, aos poucos, foron chegando todos, e xogaron a moitas cousas, fútbol, baloncesto, balonmán… suaron moito. Xoán seguía moi contento, xa que sacara moi boas notas, en concreto todo sobresalientes, menos tres notables. Os seus pais prometéranlle que se traía unhas notas boas facíanlle un regalo. El é un grande amante da natureza, así que María e Miguel, os seus pais, pensaran en regalarlle un carballo, e deixaron un oco no xardín para que el o coidara. Entón, aproveitaron para ir a unha floristería mentres Xoán xogaba cos seus amigos. Este e todos estaban coa lingua fóra, así que volveron a casa, eran xa as oito. Estiveran a xogar dúas horas. Cando chegou todas as luces estaban apagadas. Xoán pensou que marchara a luz, e preguntou…

-Mamá, papá, onde estades?

Nese mesmo intre acenderon as luces, cantáronlle o feliz aniversario e comeron o torta. Despois déronlle o seu agasallo, un carballo!

Xoán deulle un bico moi grande aos seus pais e inmediatamente foi ao xardín a plantar o carballo. Ían pasando os anos… Xoán ten corenta e tres anos e o carballo seguía dando landras a montes. A súa amizade era inseparable, e seguiron xuntos e moi felices o resto da súa vida.

Daniel Suárez Pose.

CEIP San Martiño. 6º

 

A CAMELIA.

Xa luns, para algúns o mellore día da semana, pero para Xosé o peor. Xosé non o pasaba moi ben no colexio xa que os seus compañeiros non o trataban como é debido. Se non se metían con el porque tiña as orellas grandes, metíanse con el porque non era moi delgado, e así miles de cousas máis que lle servían para burlárense del, insultalo… Superado o luns, chegou o martes e os mestres dixéronlle qu eían plantar entre todos unha camelia. A case todos lles pareceu unha tontería, pero a Xosé ilumináronselle os ollos coma se lle dixeran que o ían cambiar a outro colexio. Xa plantada a camelia, Xosé empezou a ir todos os recreos xunta dela. El dicía que o pasaba máis ben que co resto de nenos e nenas, porque podía contarlle calquera cousa sen que se rira del. A camelia dicíalle que non fixera caso a todas esas persoas que se burlaban del, e así pouco a pouco fixéronse moi amigos.

Aisha García Martínez.

CEP Marcos da Portela 6ºB

O TILEIRO E O FARMACÉUTICO

Manuel era o fillo do farmacéutico e sempre ía xogar ao parque no que había un tileiro. O seu pai contáralle que con esa árbore podíase facer unha infusión relaxante que el vendía e que se descansabas baixo del tiña o mesmo efecto. El, curioso, foi e quedou durmido. Nos seus soños a árbore faloulle sobre o seu pai, que de neno gabeaba por el e xogaba todo o día. Cando acordou, o seu pai estaba ao seu lado, mirando a árbore con cara triste. Contoulle que ían talar a árbore e que non podía facer nada para evitalo. A árbore podía caer en calquera momento porque estaba podrecendo. Manuel preguntou se poderían intentar salvala con coidados especiais e que máis persoas colaboraran para salvala. O seu pai pensouno e comezou a preguntarlle á xente do barrio se quererían colaborar. Entre todos conseguírono, salvaron á árbore.

Mateo Fraguas Abal.

CEP Marcos da Portela. 6ºA

 

O MELLOR AMIGO DE ANTÍA.

Era unha mañá soleada do día vinte e sete de outubro cando naceu Antía, unha rapaza fermosa, cunha cabeleira loura como a luz do sol, e unha pel branca coma a neve. Cando tiña dez anos, no colexio aprendéronlle a plantar árbores e ela, como era moi inqueda, decidiu poñelo en práctica. Ao chegar á súa casa foi á cociña, onde pasaba a maior parte do día coa súa nai, moi boa cociñeira, e colleu no chineiro unha poliña de loureiro. Saíu sen que ninguén se decatase e foi camiñando ata o parque das camelias, onde xogaba moito tempo cos seus amigos. Alí, plantou aquela poliña que collera. A partir daquel día sempre ía despois de comer ao parque, xunto cun pequeno recipiente cheo de auga. Regaba a planta e volvía ao seu fogar.

Un día, antía decatouse de que o loureiriño era especial. Cando ía botarlle un chisco de auga fresca escoitou:

-Ola amiga!

Antía quedou sorprendida, non cría o que pasaba. Pero pouco a pouco todo era normal O loureiro era como o diario de Antía, sabía todo o un do outro. A árbore medraba e Antía tamén. Agora xa tiña vinte anos, máis o paso do tempo non era abondo para distancialos e desfacer a súa relación. Todo ía ben ata que Antía se atopou mal uns días. Tiña fortes dores de ventre e esta enfermidade dixestiva causáballe moitos problemas.

-Colle as miñas follas e bótaas na comida, son boas para o estómago! –dixo Luís.

E así fixo Antía, colleu unhas poucas follas e seguiu o consello.

Días despois comezou a poñerse ben, sa e forte. Finalmente, despois de tanta espera, Antía volveu, pero non só chegara ela, viña cun rapaciño. O neno era case idéntico a Antía. Os dous foron facéndose cada vez máis amigos, parecían coñecérense de sempre. Pero non todo pode ser feliz. Un día, antía ía ao traballo e algo sucedeu. Luís só puido escoitar falar a algúns homes sobre o que pasara no parque. Ao parecer un coche que ía moi rápido freou moi forte e houbo un accidente. Ela non volveu máis ao parque co seu fillo. Luís farto de agardar púxose moi triste. Pasaban os días, semanas, meses… e ninguén o ía visitar. Chegou un día no que as pólas de Luís comezaron a secar. Cada vez se sentía peor. Un día Luís tamén desapareceu, sen deixar rastro.

Paula Ces Moreira.

CEP Marcos da Portela. 6ºA

 

Había unha vez unha árbore e un neno. A árbore era un tileiro de folla grande, unha especie interesante para o neno porque para facer obxectos de pequeno tamaño como xoguetes e tamén na primavera e no outono, cando ten follas. O que máis lle gustaba ao neno era cando floreaba, a finais da primavera e comezos do verán. O neno sempre ía visitar á árbore porque eran bos amigos, e sempre o compartían todo, por exemplo, o tileiro dáballe follas. Un día, acabáronselle as follas e o tileiro deulle o tronco para facer un barco pequeno . O tileiro non podía darlle nada máis, porque non tiña, pero o neno, que xa era un vello, sentou enriba do que quedaba do tileiro, e alí quedou, falando todo o rato. O neno non deixou nunca só ao tileiro.

Mireya Nacimento Abellón.

CEIP San Martiño. 6º

 

 

 

O CASTIÑEIRO DAS INDIAS.

Esta historia comeza na Xunta de Galicia, ás dez da mañá. Unha nena chamada Rosa pasaba por alí para ir ao parque e viu un castiñeiro que acababa de vir da India, e Rosa viu que tiña as pólas rotas. Cando viu ao xardineiro que estaba coidando del preguntoulle porque estaba nese estado. O xardineiro respondeulle que xa era para tirar ao lixo. –Non, por favor, se é para tirar ao lixo chamarei ao meu pai que é camioneiro e levarémolo á nosa casa. –Como ti queiras –Respondeu o xardineiro. A nena e a súa familia coidaron da árbore e descubriron que cando florecía tiña unhas flores vermellas preciosas. Pasou moito tempo. Rosa fíxose maior e casou, aínda que nunca esqueceu a súa amizade coa súa vella amiga e os xogos aos que xogaban xuntas. Cada primavera volvía visitar a aquel castiñeiro.

Susi Yu

CEIP San Martiño. 6º

 

UNHA XENEROSIDADE ESPECIAL.

Luca trasladouse hai unhas semanas pero aínda non se acostumou a non estar na súa casa. Vivía nunha casa de campo. Era unha gran casa de cor azul ceo, estaba rodeada dunha fermosa horta. A Luca non lle gustaba ir moito á escola porque pasaba os recreos só, sentado ao lado dunha árbore enorme, autóctona da súa cidade, que quedaba na China. Cando sentaba baixo esta árbore chamada Xinkgo, pechaba os ollos e pensaba na súa casa, nos seus amigos e na súa escola. Esta árbore era feliz porque os demais nenos non lle prestaban demasiada atención. Durante todo ese curso, Luca facía o mesmo no recreo, sentaba á carón da árbore e contáballe todas as súas penas, aventuras e alegrías. Co tempo, o seu pai perdeu o traballo e pasaban fame na casa, e frío. A árbore deuse de conta do sucedido e como agradecemento deixoulle levar unhas pólas para facer lume e tamén lle deu uns cantos dos seus froitos. O neno que tiña moita imaxinación e era moi enxeñoso, ocorréuselle facer mobles, xoguetes, utensilios de cociña… Vendendo todas estas cousas foi gañando un pouco de diñeiro e puido axudar aos seus pais. Grazas á árbore puido vivir unha feliz infancia. Plantou fillos desta especial amiga ao arredor do xardín. Luca chamáballe árbore da xenerosidade e quedara marcada de por vida porque nunca se sentira tan importante. O neno, para selar esa unión, deixou escrito o seu nome no tronco da árbore.

 

Gloria Solla Leins.

CEP Marcos da Portela.6ºA.

 

UNHA HISTORIA DE AMIZADE EMOTIVA.

Hai uns anos trasladaron unha árbore a Pontevedra. Esa árbore chámase cedro do Himalaia, en Asia. O cedro sentíase moi só porque deixara a súa familia de Pinaceae en Asia. Pasaron dúas semanas e a árbore aínda se sentía soa. De súpeto soou como un ring! Ring! Era o timbre do colexio. Moitísimos rapaces saíron a correr. Os nenos non lle fixeron caso, todos menos un, Pedro, que parou diante del e sentou á súa beira. Así todos os días, aí, xunto a el. Faláballe, gabeaba polas súas pólas. Pedro, o día do seu aniversario, como se sentía tan só colleu dúas das pólas e fixo unha figura de madeira que, por certo, ulía moi ben. A árbore sentiuse satisfeita por terlle dado algo ao neno. Pedro levaba sempre a figura con el porque representaba o amor, a admiración e a amizade que sentía pola árbore. O último día de colexio Pedro, na hora do recreo, foi xunto a árbore e cunha pedra puxo o seu nome que representaba o amor que sentía pola árbore. Entón todo o mundo puido saber da amizade da árbore e o neno.

Nerea Santiago Barreiro.

CEP Marcos da Portela. 6ºA

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: