Saltar ao contido

ANIMAIS QUE NOS VIXÍAN SEN QUE NOS DECATEMOS DA SÚA OLLADA

15 Xuño 2016

vilaverde-6B

Investigadores de Mourente descobren novas especies animais coas que convivimos case sen decatarnos. Cos achados do profesor Vidaurre como referente, os escolares de Vilaverde foron investigadores por un día. Como resultado das súas observacións, o catálogo do libro «Imaxina animais», de Xosé Ballesteros e Juan Vidaurre, amplíase.

 

02 monorrollas

O monorrollas é un ser que vive en caixóns de restaurantes, casas… O seu labor é abrir as botellas, aínda que ás veces realiza outros traballos. Para abrir as botellas senta enriba delas, baixa a cola en forma de parafuso, engancha a cortiza e levántaa. Outras especies de monorrollas son os gorirrollas, que traballan en restaurantes chineses; os orangurrollas, que traballan nos restaurantes turcos; e os chimparrollas, que traballan en hamburgueserías e pizzerías. Advertencias: hai que telos contentos porque, se se enfandan, non che quererán axudar. Antes tes que ensinarlles como abrir as botellas para que collan confianza e realicen a súa función como é debido.

Javier Caramés, 6º

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

 

12 salguinA maioría dos salgüins viven no Xapón e están en perigo de extin ción. Son uns animais moi simpáticos cos da súa especie, pero tímidos cos seres humanos. Cando comen alimentos sosos, bailan salsa para que o sal que levan no seu interior caia sobre eles. O salgüin xa existía miles de anos antes que os seres humanos, aínda que tardamos moito tempo en darnos conta da súa utilidade, no ano 1.000 a.C. aproximadamente. Dende entón non se volveron comer alimentos sosos. Para salgar os alimentos non fai falla que collas o salgüin na man, xa que el só pode tirar o sal sobre o prato. Iso si, se queres que o faga máis rápido, debes bailar con el. Hai dous tipos de salgüin: o que expulsa sal pola cabeza e o que o fai polo cu.

Neo Rey Erazo, 6º

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

10 polirron

 

O polirrón é un animal doméstico orixinario dos Estados Unidos que se extendeu por todo o mundo. Acostuman a comer as flores que a xente lles dá aínda que, ás veces, cando hai visita, quedan tan quedos sen moverse nin un milímetro, que fican durmidos coas flores colocadiñas e coa auga na súa panza. Para que o polirrón esperte e marche a decorar con flores outra zona da casa hai que pronunciar unha palabra máxica: SEADOLI. Existen tres tipos de polirróns: os comúns; os ratirróns, que son parecidos aos ratos; e os polisos, que a xente utiliza para beber ás veces ao confundilos cos vasos.

Cristina Crespo, 6º

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

 

07 bolborin

O bolbolín nace das notas musicais das óperas e agóchase nos bolsos das millonarias. Vive en mansións tocando música ambiental que lle sobe a moral ás persoas. Aliméntase de púas, xa que odia as guitarras. Muda de fíos cando se lle estragan. Cando o bolbolín fai vibrar as súas cordas parece que un profesional estivese a tocar un violín. Se os rapaces se meten con el, usa a súa música para engaiolalos e que o deixen en paz. Ten unha canción para cada cousa: para relaxar un bebé se chora, para calmar a ira… O bolbolín non é único na súa especie, xa que tamén existe a bolbotarra e o bolbochelo, que así se chama o bolbolín cando é adulto. Os seres humanos que coidan del non lle poden dar auga, xa que se estragaría como a madeira.

Mikel Barbadillo Maquieira, 6º

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

 

04 toucho

O toucho é un animal moi especial que vive nos estoxos dos nenos e nenas dos colexios de Madrid. Pode cortar follas el só, para o que tes que facerlle cóxegas nas ás. Os seus grandes ollos úsaos para localizar as cousas na escuridade dos estoxos. Hai que ter conta de que non escapen nin se xunten en mandas, porque poden comezar a cortar todo o que lles pase por diante. O toucho é da familia do coucho, que axuda a cortar a comida con facilidade, e tamén do pelcho, que axuda a cortar froita. O toucho é un animal salvaxe e, para adoptalo, só hai que facerlle cóxegas na cabeza. O maior perigo é que corte o estoxo onde se agocha e foxa. Non o volverás ver xamais.

Antonio Franco Echevarría, 6º

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

 

 

14 raterchaAs raterchas viven nos armarios en mandas de vinte individuos. Son ovíparos e aliméntanse sobre todo das fibelas dos pantalóns. Sérvennos aos humanos para colgar a roupa e comezan a berrar se non as atopamos. Pero coidado! Se teñen fame poden roerche a roupa. Se adestras ben as túas raterchas poden chegar a facerche os deberes.

Mario Vidal González, 6º

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

 

06 pamiga

A pamiga é unha clase de formiga  orixinaria do Brasil que se atopa nos alboios. A nosa amiga pamiga axúdanos cando temos que plantar unha planta ou árbore. Hai que ter moito coidado porque, se se enfada, pode acabarche coa terra do xardín. Ela é a que fai o burato. Se temos borralla na caldeira, recóllea. Se se molla coa choiva, pode oxidarse.

Sara González Solla, 6º

13 xirasoira(CEIP de Vilaverde-Mourente)

 

A xirasoira é un curioso animal, curmá dos baterrafas. Vive nas casas antigas nas que hai moito po, normalmente detrás da porta da cociña ou ao lado da lareira para estar quentiña. É orixinaria do Amazonas, xa que nace dunha pranta que só se atopa alí. Ás xirasoiras gústanlles moito as peras pero o que máis lles gusta é o po e aliméntanse fundamentalmente del. Por iso son moi útiles na casa; poden varrer ata o teito. Tamén poden alcanzar os pratos máis altos da cociña, cambiar as cortinas, pintar as paredes… Os humanos déronse conta de que facer todo iso cansaba moito, así que decidiron importar xirasoiras do Amazonas. Todo o mundo quería ter unha xirasoira no seu fogar. A xirasoira ten moitas curmás, algunhas moi interesantes. As percherrafas, e as fresoiras rematan o traballo das xirasoiras. As aspirasoiras son outra especie moito máis evolucionada e moito máis cara que as xirasoiras. A xirasoira é un animal moi especial e serás moi afortunado se tes unha.

Iria Fernández Méndez, 6º

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

 

 

01 monador

O monador é un animal moi brincador. É orixinario dos grandes bosques do Amazonas, onde lle gusta moito subir ás árbores. Por iso na casa é bo telo preto dunha pranta ou de ramiñas amoreadas na terraza. Hai que ter moito coidado porque acostuman a enganchar a cabeciña, que ten un montón de furados. Nos bosques pásalles o mesmo, así que deben axudarse os uns aos outros. O monador é moi útil porque axuda nas casas coando os líquidos, aínda que non lle guste moito facelo porque queda enchoupado. Aproveita os anacos de comida que quedan prendidos para alimentarse. Tampouco lle gusta quedar nos caixóns, así que anda sempre a choutar pola casa. Hai moitos tipos de monadores: uns grandes que viven no Canadá, e outros máis pequenos que viven en Asia.

Ana Buceta, 6º

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

 

 

11 rinomeO rinomé é un animal salvaxe que vive no fondo da sabana africana. É solitario, aínda que ás veces atopámolo en mandas. Os cazadores profesionais cázanos para vendelos no mercado negro, quitarlles a pel ou a súa mesiña de noite, de excelente calidade, que dura dez anos sen romper. A pel do rinomé é moi apreciada: a do macho alumea pola noite cunha luz moi forte e a da femia cunha luz máis feble. O rinomé é un excelente animal de compañía, que axuda a gardar obxectos da casa que transporta no seu caixón. Cando os necesitas, chamas por el e tráechos. Tamén é útil para alumear a casa, xa que a súa pel ilumínase en diferentes intensidades segundo as veces que lle tires do rabo. O rinomé non precisa moitos coidados: só tes que lavalo cinco veces ao mes e darlle cada día un pouco de herba do xardín, así que tamén é un excelente corta-céspede. Iso si, encántalle que lle canten cancións e así ten máis enerxía.

Lucía Outeda, 6º

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

 

08 rasadora

A rasadora é dunha especie orixinaria dos pantanos, pero un día quixo ver mundo e trasladouse ás nosas casas. Vive nos armarios e come po, moito po. É moi testana e se alguén non lle fai caso, aspírao. É lenta pero coa súa lingua atrapa bechos de todas as clases. Coa súa trompa, moi semellante á dos elefantes, aspira o po para comelo. Este animal é moi raro de ver, xa que vive só nas casas da xente co corazón puro. Gústalle erguerse moi cedo para alimentarse e, cando remata de aspiralo todo, ás veces hai que axudalo porque hai sitios a onde non pode chegar, como os mobles altos. A rasadora pertence a unha antiga estirpe de animais pantanosos na que tamén están as bolboradoras e outros seres que viven nos buratos das paredes e as limpan de bechos. Advertencia: a rasadora muda de bolsa alimenticia porque, se non, podería estourar. Se lle levas a contraria, aspírate. Recárgase soa. Non lle tires da lingua porque podería perder todos os coñecementos sobre a casa na que vive e volverse agresiva.

Noa García Pazos, 6º

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

cullertruz

 

A cullertruz é o animal máis rápido e áxil de toda a cociña e, aínda que non é flexible, acomódase perfectamente nos caixóns dos cubertos. Normalmente axuda os nenos máis pequenos da casa a tomar as papas, pero hai que ter coidado! As cullertruces, se se enfadan, poden morderche e botar a correr pola casa, de arriba para abaixo, ata a hora de durmir, cando se acochan todas xuntas nos caixóns. Este animal doméstico axúdanos a inxerir líquidos sen ter que mover un dedo. Ela soa introdúcese no prato e vai levando a comida á nosa boca. É especialmente útil para os bébés: se estás ocupado e non podes atendelos, chamas a cullertruz e traballo feito! Normalmente teñen bo carácter, pero no inverno, a época de máis traballo e na que a comida está máis quente, móstranse máis irascibles. Hai cullertruces de diferentes tamaños para axudarnos cos diferentes líquidos: café, papas, iogurt, a mediana para comer, a grande para servir… Nas casas dos ricos e privilexiados hai cullertruces de ouro que se poden facer máis grandes ou máis pequenas segundo se precisen. Son moi escasas e custan máis.

Inés Bará de la Fuente, 6º

(CEIP de Vilaverde-Mourente)

18 baterafaBATERAFA

A Baterafa é un mamífero que vive nas cociñas das casas. Ten dúas habilidades: co seu longo pescozo é quen de coller os alimentos e coas súas patas dianteiras é quen de batelos para facer o xantar das súas crías. É curmán da xirasoira e a sùa reproducción é vivípara. As baterafas axudan ás persoas na cociña a bater. Por exemplo, se queremos facer un pastel,  prepáranos a masa. Iso si, ás baterafas témolas que tratar ben para que fagan o seu traballo. Aliméntase de electricidade a través de cable e enchufes ao seu alcance. Unha curiosidade interesante é que cando ven unha coitechoa atácana por instinto.

Miguel Vales Varela

CEIP de Vilaverde Mourente, 6º

FLAMEST05 flamest

O flamest é o mellor animal doméstico para o inverno porque ademáis de deixarte impresionado
cos seus bailes, desprende unha calor que che deixara toda a casa quente. Dorme debaixo da mesa da cociña. Despois do can, o flamest é o mellor amigo do home. Ao flamest gústalle moito ir á montaña cando neva porque alí pode axudar á xente a non pasar frío. Por iso, é o mellor animal do mundo.

Pilar Antón Durán.

CEIP de Vilaverde Mourente, 6º

 

09 tucasoiraTUCASOIRA

A tucasoira fai o seus niño nos lapiceiros das escolas. Comezan a cortar os seus primeiros papeis cando acadan a madurez e só na idade adulta axudan ao seu dono cortando aquilo que lle pide. O seu alimento preferido son os periódicos vellos. Acostuman sobrevoar os obxectos que queren cortar para ver cal é o mellor ángulo para facelo. Emprega tamén o seu pico para facer furados por calquera lugar. Por incrible que pareza é mamífero e nesta especie é o macho quen da a luz. Hai que darlle de beber aceite se se atasca e non é recomendable tela en contacto con nenos pequenos.

Alejandro Canosa García

CEIP de Vilaverde Mourente, 6º

PARAPEIXE17 lampeixe

O parapeixe vive nunha peixeira con outros parapeixes coma el.  É de cor verde escuro e as súas aletas axúdanlle a desplazarse na procura de migallas de tortas, o seu alimento preferido. Os días de choiva podes sácalo a pasear e así protexerache da auga pero só pode estar dúas horas fóra da súa peixeira. Hai diferentes razas deste animal: os paralapis, os paralentes e moitas máis. Non o molestes a partires das 22:34 da noite porque se non o día seguinte acordará de moi mal humor.

Anónimo

CEIP de Vilaverde Mourente, 6º

 

15 xirapelaA XIRAPELA

A xirapela é un tipo de xirafa que vivía na sabana africana ata que se decubriun que podía ser moi útil nas tarefas do fogar. Agora vive nos xardíns das casa e nas hortas que axuda a cultivar coa súa boca. Co seu longo pescozo é quen de pelar as patacas máis complicadas. Para elo tes que poñerlle a pataca entre as patas e coa forza que fai co seu pescozo vaina pelando ata soltala nun caldeiro que tes que porlle debaixo. Hai dintintos tipos como a xiraboli, que coa súa cabeza pode escribir nos papeis máis duros e enrugados, e moitos outros máis.

Anónimo

CEIP de Vilaverde Mourente, 6º

 

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: