Saltar ao contido

ROMANCE DE MANOLO DAS LEIRAS

29 Maio 2015

Alumnado do CEIP de Santo André de Xeve

Os alumnos e alumnas de sexto curso do CEIP de Santo André de Xeve, despois dun arduo traballo de investigación sobre os camiños de Fontáns, atrevéronse a crear un romance que conta a historia dun personaxe moi peculiar, Manolo das Leiras. Poñede oído musical e botádelle un ollo a esta historia que nos fala da tradicional busca da eterna xuventude. Manolo das Leiras resolve dun modo brillante aquela busca do Rei Artur, ou do mesmo Dorian Gray. Presentamos un traballo audaz nacido a partir da Historia de Mestre Raposo, de Kalandraka Editora, que nos levan a aqueles poemas medievais do “Romance de Renart“. Moi atentos señores, aquí empeza esta historia:

 

Na aldeíña de Fontáns

nunha tardiña moi clara

un home de ollos tristes

aquela noite agardaba.

É Manoliño das leiras

que a xuventude buscaba,

din que había tres camiños

un a unha fonte levaba.

Manolo chega aos camiños,

tres diante da súa ollada,

colleu o camiño verde,

que tiña herbas moi altas.

De súpeto veu un lobo,

lobo de terrible cara,

ouleoulle a Manoliño,

entón fuxindo el escapa.

Manolo das Leiras chega,

ao manancial que buscaba,

de entre as auguiñas da fonte

apareceu un bo garda.

-Tes que facer unha proba-,

unha proba moi malvada:

entrar na Cova da Moura…

Manolo unha serpe mata.

Entrou naquel manancial

que ao final agardaba;

entre as augas cristalinas,

unha serea cantaba.

Manolo non quixo o premio,

o tesouro que buscaba,

a súa familia era

a máis querida alfaia.

 

Sofía Filgueira, Nicolás Filgueira, Irene Morgade, Raquel Castro, Cristina Buceta, Jorge Martínez.

Iago Fariña, Iván Rey, Antón Vega.

Iván Pache, Marcos Barrio, Lucas Rodríguez.

Alba Begines, Iria Fariña, Alicia Quintillán, Carla María Otero.

 

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: