Saltar ao contido

OBXECTOS QUE COBRAN VIDA

29 Maio 2015

Inspirados no conto “O barco de chumbo”, incluído na obra O homiño vestido de gris de Fernando Alonso, os nenos e nenas do CEIP Manuel Vidal Portela crean unha chea de divertidas historias. Animádevos a coñecelas!

O ASUBÍO DE CARAMELOSilvato de caramelo

Un asubío de caramelo era o único que quedaba naquela tenda. O seu soño era poder ser o asubío dun árbitro de fútbol. Ese mesmo día uns nenos que entraron na tenda empezaron a xogar con el. Cinco minutos despois, a tendeira berroulles e tiveron que pagalo e quedar con el. Ao día seguinte os nenos foron ao campo de fútbol e o seu adestrador perdera o seu asubío. Os nenos déronlle o asubío de caramelo. O asubío foi desfacéndose ata que só quedou o pau.

Itziar Dopazo, 5ºA

(CEIP Manuel Vidal Portela )

 

O PAXARO DE PAPEL DE SEDA

Érase unha vez un neno chamado Carlos que se aburría tanto que lle pediu ao seu pai que lle fixera un paxaro de papel de seda. O pai aceptou encantado, e nunha media hora xo o tiña preparado. Carlos púxose moi contento. Primeiro meteuno nunha gaiola moi grande con comida. Logo, fíxolle unha camiseta azul, despois sacouno a visitar o campo e, por último, decoroulle as plumas.  Pero o paxaro de papel de seda non estaba feliz. A razón era que el quería voar con outros paxaros e facerse amigo dos animais que rodeaban o campo. Como Carlos non o sabía, nunca puido darlle o que quería. Un día, o paxaro comezou a falar. Ao principio o neno asustouse tanto que se meteu debaixo da mesa. Pouco a pouco foi perdendo o medo e comezou a conversar con el. O paxaro contoulle o soño que tiña. O neno entristeceuse porque para que o cumprira tiña que renunciar a el. Pero aínda que estaba moi triste, Carlos liberouno e levouno ao bosque. Ao cabo dunha semana, Carlos estaba moi aburrido. Foi ao bosque para buscar o seu paxaPaxaro de papelro. Encontrouno cos animais bailando e cantando. O neno alegrouse de velo tan feliz. Intentou falar con el pero a música era tan alta que non oía nin a súa propia voz. Entón foi ata el e só cando o tivo cara a cara recoñeceuno, apartouno a un lugar silencioso e contoulle o triste que se sentía. Ao paxaro deulle pena. Ficaron quedos durante dez minutos, e de súpeto, Carlos berrou:

-Xa o teño!

Carlos contoulle o seu plan ao paxaro, que consistía en que o paxaro fora a visitalo cada dous días. Ao principio o animal aceptou, pero logo foi esquecendo a promesa e só ía tres veces ao mes como moito. Carlos enfadouse co paxaro por incumprir a promesa que lle fixo prometer. Para non aburrirse fixo outro paxaro e coidouno como coidara ao anterior. Para cando o antigo chegou a casa de Carlos e o viu cun novo paxaro cabreouse todo. Foi onda o neno para berrarlle e preguntarlle por que estaba con outro amigo. El explicoulle todo e o paxaro comprendeu que fora un mal amigo. Desde entón nunca máis se separaron.

Marta Villaverde Padín, 5ºB

(CEIP Manuel Vidal Portela )

 

O COCHE DE PLÁSTICOcoche plastico

Hoxe é un día moi especial para Bruno e a súa familia, ían de vacacións a Pontevedra, unha cidade chea de amor e beleza. En Pontevedra tampouco era unha semana normal, eran as festas grandes, a festa da Peregrina!

Bruno non dixo nin unha palabra en toda a viaxe. El quería un coche de plástico. Aínda que Bruno non o sabía, os seus pais, Xesús e Berta, tíñanlle un agasallo.

Ao día seguinte, mentres a súa irmá montaba na montaña rusa, os pais déronlle o seu agasallo. Era un coche de plástico! A Bruno encantoulle, pero aos dez minutos deixouno tirado na praza da Peregrina. A súa irmá Rosa, que pasaba por alí, recoñeceu o coche e levouno xunto a Bruno, pero ocorreu algo moi estraño, o coche empezou a chorar. Rosa decatouse e preguntoulle que lle pasaba. O coche contoulle o seu soño, quería facer carreiras, e xogar a chocar. Rosa tivo unha idea, mercou un coche máis grande e atou o coche pequeno ao grande cunha corda de modo que o coche se arrastrara e chocara contra o grande. Pero ao cochiño non lle gustaba. Pegoulle un resorte, e o resorte ao coche, pero ao coche non lle servía. Rosa tivo outra idea, foi xunta ao mago Mark para que o fixese grande. O mago fíxoo grande. Rosa entregoulle o coche a Bruno. Bruno pegoulle adhesivos e agora o coche anda e anda pola praza da Ferreiría e a praza da Peregrina.

Paula Riveiro Vázquez

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºB

 

O BARCO DE PAPEL

Había unha vez un barco de papel que quería dar a volta ao mundo. Un día, o dono do barquiño meteuno na bañeira. Estivo a punto de afundirse, pero o dono conseguiu  sacalo, secouno e arranxouno. Entón, deixouno nun estante. Unha semana despois o dono púxolle dous anacos de cortiza polos lados e outro por embaixo, e volveuno poñer na bañeirBarquiño papela, e flotou. Á semana seguinte foron á praia e levou o barco. Cando chegaron o primeiro que fixo foi meter o barquiño no mar, que non afundiu. Unha hora despois volveuno meter e levouno o mar.

Juan García

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºA

 

A VELA DE CERA

Esta é a historia dunha veliña de cera que celebraba o seu aniversario. Xa pasaran cinco anos desde que a compraran. O paxaro de papel, o coche de plástico, a pelota de trapo demais xoguetes
déronlles os seus parabéns. Pero a vela non era feliz, ela non quería alumear, quería ser unhavela estatua no museo de cera, e ter a moita xente ao seu arredor admirándoa. Cada día pensabas e pensaba –Nunca estarei nun museo de cera!- lamentábase. A vela deprimida cada noite íase consumindo, ata que un día deixou de alumear. Un día o neno da casa chegou co seu pai, e encontrou a vela, colleuna e levouna ao seu cuarto. Como xa non alumeaba, púxoa nunha estantería na entrada da casa, e toda a xente que entraba na casa admiraba a veliña feliz.

Eva Sieiro Trabazo

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºB

 

O SOLDADIÑO DE CHUMBOsoldadiño chumbo

Un día, o pai dun neno chamado Manuel deulle un soldadiño de chumbo. Era un soldadiño grande, tiña un gorro longo e azul, unha chaqueta azul e vermella e uns pantalóns da mesma cor. O soldadiño fixérao o avó de Manuel. O soldadiño tiña un soño, que xogaran con el; porque o pai de Manuel nunca xogara con el cando era neno. Unha vez que o pai foi traballar, o neno empezou a xogar con el, pero chegou a nai e berroulle, e puxo o soldadiño nun estante máis alto. O soldadiño caeu e rompeu. O neno colleuno e arranxouno. Cando chegou o seu pai, o neno convenceuno, e xogaron os dous xuntos toda a tarde. A partir dese momento sempre xogaban con el, e o soldadiño sempre estaba contento.

Naira González Rey

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºA

 

A CAIXA DE CARTÓN

Érase unha vez un neno chamado Xoán. Tiña oito anos e moita imaxinación. O seu curmán tiña cinco anos e a súa nai chámase Sara. Vivían en Pontevedra. Un día, mentres a súa nai limpaba, a neveira caeu ao chan e rompeu. Xoán e a súa nai foron á tenda de electrodomésticos e mercaron unha neveira nova. Xoán, como tiña moita imaxinación e lle encantaba pintar, tivo unha idea; coa caixa  da neveira fixo un coche de cartón e pintouno. O seu curmán díxolle que o coche estaba a chorar, e Xoán pensou e pensou, pero non descubría porque choraba a caixa de cartón. Entón, o seu curmán díxolle:

-Xoán, non será porque non quere ser un choche?

Xoán dixo:

-Non sexas parvo, quen non quere ser un coche de cartón?

Entón Xoán no canto dun coche, fixo un televisor de cartón, e o seu curmán dixo:

-Xoán, fíxate, xa non está chorando, está moi contenta.

Xoán e o seu curmán pintárona. Un día mentres que Xoán xogaba, foise a luz e Xoán quería ver a televisión. Tivo unha idea. Como fixeran un televisor de cartón, o seu curmán caixa cartone el fixeron un programa. A súa nai riu moito, porque non marchara a luz, cortáraa ela porque quería que Xoán e o seu curmán xogasen co televisor. Entón, a caixa e a súa nai estaban moi contentas, e ao final Xoán e o seu curmán sempre apagaban a luz e xogaban xuntos coa caixa de cartón, que sempre foi feliz. Xoán e o seu curmán e como non, a caixa de cartón.

Noa Moreira Cota

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºB

 Se che gustaron as historias non o dubides, continúa a ler!

O AVIÓN DE PAPEL

Érase unha vez un neno que estaba moi só, entón fixo un avión de papel. O avión quería voar, pero non podía porque estaba mal feito. O neno tirábao ao aire para voar, pero non podía, e o neno púxose moi triste. Un día levouno ao colexio, un día de moito vento. Ese día como había tanto vento, atoulle un fío e voou de verdade, mentres que o neno o tiña agarrado polo fío, como un papaventos. Entón o neno púxose moi contento, e o avión de papel tamén.

Mara González Rey

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºA

 

O COCHE DE PLÁSTICO

Érase unha vez un coche de plástico que quería ser un coche de carreiras. Un día encontrouno un neno que tiña unha colección de coches, levouno á súa casa e púxoo nun andel no que tiña a súa colección. Sentía medo porque pensaba que os outros coches estaban mortos. Ao día seguinte a nai díxolle ao seu fillo que tiña que tirar todos os coches se non xogaba con eles. Cando ía tirar os coches, o neno pensou  en quedar con algún para xogar. Entón, decidiu quedar co coche de plástico. Ao final o neno cumpriu o soño do coche xogando a carreiras con el.

Amaya Blanco Bello, 5ºA

(CEIP Manuel Vidal Portela )

 

A BAILARINA DE CERÁMICA

Érase unha vez unha persoa moi maior que facía cousas de cerámica. Un día decidiu facer unha bailarina de cerámica para o aniversario da súa neta. Aquela bailarina era especial, tiña sentimentos, e quería poder bailar. O avó deulle a bailarina ao seu fillo porque el non podía ir á festa de aniversario da súa neta. O día da festa da nena o seu pai regaloulle a bailarina de cerámica e a nena alegrouse moito. Púxoa no seu cuarto para decorar, aínda que tampouco é que quedara moi ben. A bailarina empezaba a pensar que o seu soño nunca se cumpriría. Un día a nena pensou en xogar con ela e facer que bailaba… a bailarina conseguiu cumprir o seu soño.

Breogán Pazos Otero

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºB

 

O CABALO DE MADEIRA.

Nunha granxa, hai uns anos había un neno pequeno que sempre xogaba cun cabalo de madeira. O neno sempre estaba contento, pero o cabalo de madeira estaba triste porque quería ser un cabalo de verdade e correr carreiras contra outros cabalos. Cando o neno se foi comer veu o cabalo Martín e díxolle que nunca podería ser un cabalo de verdade e que nunca correría nas carreiras, pero a egua Matilda díxolle que é mellor ser un mesmo. O cabalo de madeira non quería ser un cabalo de verdade. Unha noite o cabalo de madeira escapou e púxose enriba do coche do pai do neno e pensou que pasaría se fora un cabalo de verdade. Máis tarde o pai arrincou o coche e o cabalo de madeira pensou que xa era un cabalo de verdade e que estaba a correr unha carreira , pero caeu do coche e perdeuse. Uns anos máis tarde o neno aínda andaba á procura do cabalo de madeira, ata que un día o encontrou. O neno xa non era pequeno, pero púxose moi contento cando o encontrou. O cabalo de madeira tamén se puxo moi contento.

Anónimo

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºA

 

O BARCO DE MADEIRA

A un neno de catro anos chamado Gonzalo o día do seu aniversario regaláronlle un barquiño de madeira feito a man. A el gustoulle moito, e cada vez que se bañaba levaba con el ese barquiño colorido. Ao barquiño gustáballe facer feliz ao neno, pero uns meses despois empezou a aburrirse de navegar sempre na bañeira. O neno e o seu pai foron un día en barco, convidados polo seu amigo mariñeiro. Ao neno caeulle o barquiño ao mar e o barco foi feliz navegando polo mar.

Diego Torres Buceta

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºB

 

A BOLSA DE PLÁSTICO

Un neno xogaba cunha bolsa de plástico porque ninguén quería xogar con el. Un día, o neno tirou ao chan a bolsa. Ela antes era feliz e agora non. Ía polo ceo, voando, por culpa do vento. Cando voaba sentía liberdade, pero por outra banda estaba triste. Ela soñaba con que alguén a utilizara. Un día, unha nena colleuna e fixo con ela unha pulseira de plástico, porque non tiña nada. Era pobre. A bolsa de plástico e a nena nunca volveron estar soas.

Nerea Dios Cortegoso

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºA

 

A BOLA DE CRISTAL

Nun barrio bastante normaliño vivían os Fernández, que eran unha familia con moitos cartos. Parte deses cartos os utilizaran para iren de viaxe a Australia. Ao volver trouxeron con eles unha bola de cristal para recordar esa fermosa viaxe. Durante dúas semanas a bola foi moi mimada, pero, pouco despois, os nenos tiveron que empezar a escola, e xa non tiñan tempo para atender á bola, que empezaba a estar triste. Ao mes seguinte, o fillo maior viu coa nova de que tiña que visitar Roma para facer un traballo. Os pais foron difíciles de convencer, pero ao final partiron a Roma. A bola sentíase moi soa, pensaba que os seus donos xa non a querían. Estivo a chorar todo o mes que estiveron fóra. Ao chegar trouxeron unha amiguiña para a súa bola de Australia, unha bola de Roma! Cando a bola de Australia a viu, soubo que xa non ía estar soa en ningún momento. Foron amigos! Sempre se axudaban, xogaban xuntas, eran amigas de verdade. A bola de cristal de Australia nunca máis ía estar soa.

Daniela Tobío Iglesias

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºB

 

O PAXARO DE PAPEL

Un día, unha neno pediulle ao seu pai que lle fixera un paxaro de papel. A nena xogaba moito con el ata que un día deixou de xogar. O paxaro estaba triste, sempre soñara con voar, sucar os aires, pousar nas árbores e facer niños. O paxaro do triste que estaba empezou a falar e díxolle á nena:

-eu quero facer un niño.

-Queres facer un niño?- preguntou a nena.

O paxaro respondeu que si. A nena fíxolle un niño enriba do colgadoiro do seu cuarto, así, séntese como se estivera nunha árbore, así sentirase coma un paxaro de verdade, desde o alto dunha árbores moi grande, e ver os ríos, os paxaros voar, e moitas cousas máis.

Lucía Esperón Castro

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºA

 

O BARCO DE PAPEL

Érase unha vez unha nena chamada Tini que se aburría e empezou a recoller. Encontrou unha caixiña de cartón, rebuscou nela e atopou unha figura de papel, era un barquiño de papel. Foi correndo xunto a súa nai Lola.

-Mamá, mamá, encontrei un barco de papel nunha caixa de cartón.

-Fíxencho eu cando eras pequena.- dixo Lola.

-Podo poñelo no meu cuarto de recordo?- Preguntou Tini.

-Si.- Dixo Lola.

Foi correndo ao seu cuarto e colocouno nun estante de madeira. Alí, o barco estaba só e cheo de po, e non lle gustaba nada.

A nena, un día, aburríase moito e empezou a xogar co barco, pero ao barco non lle gustaba xogar só. O barco empezou a chorar e a nena asustouse porque choraba, choraba, e falaba.

-Non me gusta xogar só.- dixo o barco de papel.

-Aaaah! Falas?- dixo asustada Tini.

-si.- dixo o barco de papel.

A nena foi correndo ao seu cuarto a coller un monte de folios, para facer máis barcos de papel.

Foi correndo ao xardín, onde estaba o barquiño chorando, que mirou para a nena e preguntoulle:

-Para que traes iso?- dixo o barquiño.

-Para facerche amigos- dixo Tini.

Tini empezou a facer máis barcos de papel. Fixo un, dous, tres, catro e cinco barcos. O barco foi facendo amigos e xogando con eles.

Raquel Santomé Bértol

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºB

 

O BARCO DE MADEIRA

Fai moito tempo un barquiño de madeira estaba moi triste porque quería saír da botella e saír navegar coma os grandes barcos. Un día a botella chegou a unha ribeira e Paquiño, un neno non moi alto e louro colleu a botella e levouna ao seu cuarto, un cuarto moi desordenado e chea de xoguetes. Paquiño comezou a escribir enriba dunha folla e cando acabou meteuno nun sobre. Cando o ía meter na botella viu ao barquiño, entón con moito coidado sacouno e púxoo enriba da mesa, e preguntoulle:

-Que che pasa, barquiño?

-Que eu quero ser un gran barco maiñeiro.

-Eu o único que podo facer é mandarte coa carta ao barco do meu pai. É un barco moi, moi grande, e alí faraslle compaña.

O barquiño de madeira púxose moi contento e en canto Paquiño o meteu na botella coa carta, comezou a dar chimpos de alegría. Por fin ía ver un barco mariñeiro.

Lucía González Fontán.

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºA

 

A CAIXA DE CARTÓN

Érase unha vez unha caixiña de cartón que estaba abandonada. Ela quería que lle deran uso. Un día moi soleado un home ía paseando, atopouna e deulle pena. Entón colleuna e levouna para a casa, e usouna para gardar as cousas. Ela tiña un soño, ser unha caixiña de bonecas e ter un amigo. O pai díxolle á nena que non a podía tocar. Cando o pai se foi a nena esperou un pouco e logo quixo falar con ela, pero ela estaba triste e non lle dicía nada. A nena díxolle ao seu pai o que fixo e o pai enfadouse, pero logo pensou que quizais se sentira soa. Foi coller outra caixa onde encontrara a súa e coa nova caixa que colleu fixo un coche de cartón e pintouno coa axuda da súa filla. Logo, a nena pensou que a caixa era un pouco fea e quixo facer unha casiña de bonecas con ela. Fixérona e a casiña sentiuse mellor. Despois diso viviron moi felices.

Alba García

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºA

 

A BONECA DE TRAPO

Un día, unha nena cunha boneca de trapo pasou por diante dun escaparate e a boneca dixolle:

-Eu quero estar aí e ser unha boneca de escaparate.

A nena díxolle:

-Non tes que ser unha boneca de escaparate. Tes que ser ti mesma, non unha boneca modelo. Ti tes máis sorte, estás comigo.

A boneca pensou e díxolle:

-Ti fixéchesme comprender que teño que ser eu mesma, unha boneca con ollos de botóns e corpo de trapo.

E a nena díxolle:

-É verdade, eu son unha nena alta, fraca e boa. As dúas fóronse xogar e nunca se separaron.

Sebastián González Pacadiso

CEIP Manuel Vidal Portela 5ºA

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: