Saltar ao contido

O ENXEÑO E O HUMOR COMO FERRAMENTAS LITERARIAS

29 Maio 2015

IMG_2338

A poucas semanas do primeiro cabodano de Ursula Wölfel, os escolares do CEIP de Pontesampaio homenaxearon a escritora alemá recreando os relatos dun dos seus libros máis coñecidos e aplaudidos: 28 historias para rir, que forma parte dunha triloxía baseada no ‘nonsense’, xunto con 27 historias para tomar a sopa e 29 historias disparatadas. Títulos nos que o humor revélase como ferramenta literaria.

 

Dibujo 22A HISTORIA DO PORCO QUE QUERÍA CHAMARSE ROSA

Este porco vivía nunha aldea moi pequena. Os demais porcos aconsellábanlle outros nomes: Manolo, Ramón, Patricio. Pero el queríase chamar Rosa porque encaixáballe ben coa súa pel. Cando ían empezar a chamalo Rosa… zas! Caeu nunha poza de lama. Desde ese instante chamáronlle Marrón. Pero isto non ía quedar así porque cando estaba bebendo tropezou e caeu na pía, e outra vez Rosa. De alí a un intre foron comer herba e… pumba! Outro porco empurrouno e manchouse de verde. Dende entón non o chamaron Rosa, nin Marrón, nin Verde. Chamárono Multicor.

Ígor Pérez Barreiro

(CEIP de Pontesampaio 5º e 6º)

A HISTORIA DA MULLER QUE SEMPRE ESTÁ PENSANDO

Nunha vila moi pequena vivía unha muller que sempre estaba pensando. Un día paseou co seu can:

-Por que teño que pasear este can?

A nai contestoulle:

-Home, se non o queres pasear non o pasees, pero a mexadiña que faga na casa límpaa ti.

Entón volveron á casa para deixar o can e ir ao supermercado.

-Mamá, por que temos que ir ao supermercado?

-Para comer, almorzar, merendar, cear e darlle potitos á túa irmá pequena.

Volveron á casa e a rapaza fíxose outra pregunta:

-Por que me fago tantas preguntas?

E a irmá, que estaba ao lado, contestoulle:

-Porque, porque… ti es unha preguntona. Admíteo.

-Mmmm… pensareino un pouco no meu cuarto.

Raquel Castellano Fernández

(CEIP de Pontesampaio 5º e 6º)

A HISTORIA DO RATO NA TENDA

Dibujo 26Vivo nunha tenda de queixos. Era o rato máis feliz do mundo! Aínda que non o creades, son moi amigo do gato.

Todo era felicidade na miña vida, non podía vivir nun sitio mellor. Ata que un día apareceu un ordenador na tenda. Todos falaban del moi ben, todos menos eu. Souben que tiña un rato!

-Oh! Non! Outro rato na tenda! Non o podía crer.

Eu vixiaba o aparato pero non conseguía ver o rato. Espereino día e noite. Onde estaría? Estaba tan preocupado que fun falar co gato. El botouse a rir sen parar:

-Tranquilo, non é un rato coma ti, é un botón que se chama así…

Cecilia Agulla Ríos

(CEIP de Pontesampaio 5º e 6º)

A HISTORIA DA PEQUENA FOCA

Vivía nun zoolóxico de Galicia, coas demais focas. Os humaDibujo 16nos sempre querían que aprenderamos cousas novas, como xogar coa pelota, pasar por arcos. Pero en especial que xogaramos á pelota, sempre á pelota, sempre, sempre, sempre. Eu xa estaba moi pero que moi aburrida dese xogo, pero as miñas amigas non. A elas encantáballes. Eu quería xogar ao pádel coas miñas amigas, pero non me deixaban porque era unha pequena foca. Un día, cando nos botaban peixes para comer, collín dous que me servirían de raquetas, pero… faltábame a pelota! Por sorte a un dos humanos que nos coidaban caeulle unha bola de papel. Era perfecta! Collina, deille un peixe á miña amiga Froqui e xogamos. Xa conseguira o meu soño, pero decateime de que non me gustaba tanto como pensaba, así que volvín xogar coa pelota. A min non me gustou o pádel, pero a Froqui encantoulle, e iso que me dicía que era moi aburrido.

Marta Alonso Montoto

(CEIP de Pontesampaio 5º e 6º)

Dibujo 18A HISTORIA DO PAPAGAIO

Érase unha vez un papagaio que non sabía emitir un son. Todos rían del agás o reiseñor, que cada día lle ensinaba a falar. Viñan expertos, pero non aprendía. Todos dicían que lle faltaban as cordas vogais. Foi onda o moucho, o mestre da selva. Tampouco foi quen de aprenderlle a falar. Uns meses despois o papagaio medrou e foi quen de empezar a falar. Todos quedaron abraiados.

-Xa sei porque non falaba, estaba afónico.

A selva alucinou e todos xogaron felices, excepto o papagaio que falaba, falaba e non calaba.

Noemí Bouzón Otero

(CEIP de Pontesampaio 5º e 6º)

A HISTORIA DO NARIZ DE FLORES

Había unha vez unha nena que tiña un nariz un pouco raro.

-Que mal! Desexaría ter un nariz mellor- dixo a nena enfadada.

Por alí apareceu unha fada, entrou pola ventá e dixo.

-Ola, son a fada, queres ter un nariz mellor?

A nena, contenta empezou a sorrir e a brincar de ledicia.

-Desexo ter un nariz bonito coma unha flor.

A fada formulou mal o desexo e…

-Fada, que fixeches!

Sáenme flores polo nariz.

Ainoa Gándara Casal

(CEIP de Pontesampaio 5º e 6º)

ODibujo 25 BURRO LISTO

Hai moito tempo nunha granxa, había un burro que facía todos os traballos, pero o porco e o galo rían del porque carrexaba a leña e as pedras. Chegou un día no que o amo dixo:

-Hai que matar o galo, xa está regordecho e hai que comelo.

Entón un día, boom! Mataron o galo e foi para o conxelador. E cando chegou San Martiño, o porco. E así foi como o burro sobreviviu.

Luís da Cruz Sabajanes

(CEIP de Pontesampaio 5º e 6º)

A HISTORIA DOS HIPOPÓTAMOS

Había unha vez uns hipopótamos moi finos, non coma oHipos demais. Non querían facer as porcalladas que facían os seus amigos, que lles dicían:

-Pero que vos pasa, sodes hipopótamos? Os hipopótamos fan estas cousas.

-A vós non vos dá noxo metervos nesa cousa marrón, noxenta e cheirenta.

Os demais hipopótamos quedaron calados e logo dixeron:

-Pois se non queredes, non veñades.

Os hipopótamos quedaron felices, metéronse nunha bañeira con moita escuma e bañáronse toda a tarde. Tampouco querían comer coma os demais, coma bestas, senón con pratos, cubertos e pano. As persoas souberon moi pronto daquela nova e levaron os hipopótamos ao zoo, pero metéronos non nunha fraga, senón nun hotel de cinco estrelas.

Rosa Alonso Gómez

(CEIP de Pontesampaio 5º e 6º)

E isto non é todo, continuade lendo para descubrir máis historias divertidas creadas polos alumnos de Pontesampaio.

O CABALO VOADOR

Érase unha vez un neno que vivía na cima dunha montaña. Tiña tres cabalos; un chamábase Mar, outro Terra e outro Vento. Mar nunca aprendera a nadar, porque na cima na que vivían non había auga para iso. Terra en cambio sabía andar, pero enseguida se deron conta de que iso era normal. Vento tampouco sabía voar. Un día, ao chegar a noite, intentouno saltando da cima e conseguiuno. Tiña os ollos pechados. Estaba a berrar cando abriu os ollos e se deu de conta de que estaba a voar, e empezou a saudar a Terra e Mar. Pero… cando deu a volta chocou contra os cables do tendido eléctrico que estaban máis abaixo. Pero, como é posible que chegara tan abaixo? Entón, deuse conta de que non estaba voando, senón que estaba a caer nunha poza de lama. Caeu nel e empezou a chover.

Matías Díaz Suomeda

CEIP Pontesampaio

O GATO NADADOR

Había unha vez un gato ao que non lle gustaba a auga porque os seus pais lle dicían que a auga era mala. Pero el tiña un amigo can ao que si que lle gustaba a auga.

-Gato, proba a auga. Está moi boa!

-Non o sei, Can. Os meus pais dixéronme que era mala.

O can saíu da auga e empurrou ao gato. O gato non quería e saltoulle á cara, e rabuñouno. O can non vía e foi cambaleando ata que o colleu polo pescozo. Os dous caeron á auga. O gato fixo un ruído moi estraño.

-grhgrhgrhgrhgrhghrh…

-Pero… non está boa?

-Si, pero estasme a esganar!

-Ai, perdón. Eu non quería facerche dano.

-Que tal estás? Estás ben?

-Si, estou ben. Pois a verdade é que me gusta isto de nadar! Pero atende a unha cousa… non llo digas aos meus pais, por favor.

-Si, hahahahaha…

Lucas López Sanmartín

CEIP Pontesampaio

OS PAXARIÑOS QUE CANTABAN RAP

Érase unha vez uns paxariños que sempre, sempre, cantaban rap. Ían a almorzar cantando rap, ían ao colexio cantando rap, ían á compra cantando rap, xogaban cantando rap, durmían cantando rap… E así todos os días. Os seus veciños, cansados de escoitar aos paxariños, foron a un psicólogo na procura dunha solución. Atopárona, e era que lle puxeran música clásica. Chegaron á súa casa e puxeron unha casete de Mozart, e os paxariños deixaron de cantar. Foron á tenda de disfraces a mercar disfraces de Mozart, e volveron para a súa casa. Puxeron os seus disfraces e comezaron, bastante alto, a cantar óperas de Mozart. Trouxeron aos seus amigos e comezaron a tocar bombos, pianos, trompas… Os seus veciños volveron outra vez ao psicólogo a buscar o casete de rap. Os veciños volveron poñer o casete de rap, pero chegaron a un acordo cos paxariños, que tiñan que cantar baixiño. Dende entón a ninguén lle molestou que os tres paxariños cantaran rap.

Abril Alves Santos

CEIP Pontesampaio

O CARACOL QUE CORRÍA NOS MARATÓNS

Érase unha vez un caracol que era o máis rápido dos animais. Un día, unha lebre retouno a unha carreira. O caracol, que era moi rápido, sabía que a lebre era lenta porque da súa familia era a única lenta. Cando ían competir o caracol corría tan rápido que non se divisaba. A lebre era lenta, e ía como ía. O caracol, confiado, descansou nunha árbore, e a lebre, cando xa estaba no souto baixou rodando e gañou a carreira e ao caracol deulle rabia por ter perdido.

Luís da Cruz Sabajanes.

CEIP Pontesampaio

O CAN QUE NON PARABA DE LADRAR

Hai moito tempo nunha aldea moi afastada vivía un can que non paraba nunca de ladrar. Un día un home atopouno na rúa e levouno á súa casa. Pola noite o can empezou a ladrar e a ladrar. O home sacouno da casa, e logo  volveu durmir. Pero o can seguía ladrando, e estivo así toda a noite. Pola mañá, o can, seguía ladrando e o home, farto dos ladros do can, decidiu fabricar tapóns para as orellas e así non lle molestarían os ladros do can. Esa noite o can tamén ladrou e os veciños enfadáronse moito e foron todos á casa na que estaba o can, e chamaron á porta. O home abriuna e pediulles que non se enfadaran porque o día anterior fabricara moitos tapóns para as orellas, e o home repartiu tapóns para todos. E así foi como o can seguiu ladrando, pero a ninguén molestou.

Rosa Alonso Gómez

CEIP Pontesampaio

A TOUPA TOLA

Érase unha vez unha toupa que era moi tola e se chamaba Tolinda. Tolinda sempre estaba a facer buratos por toda a horta. Un neno xogaba cun martelo intentando darlle na cachola á toupa, pero ao final só conseguía que a toupa se burlase del. Pegou co martelo nos buratos da dereita, pero a toupa xa estaba nos buratos da esquerda. E así foi, o rapaz estivo todo o día intentando darlle á toupa. A toupa sentiuse mal e finxiu que o rapaz lle dera co martelo. O rapaz sorrí e foi contarllo ao seu pai. A toupa volveu ao seu burato.

Marcial Brito Iglesias.

CEIP Pontesampaio

O HOME QUE SEMPRE ESTABA ENFADADO

Érase unha vez un home que sempre estaba enfadado, mesmo o día do seu aniversario. Tiña unha cara que metía medo. A saber porque está enfadado, porque el tiña unha vida que ningún home tiña. Ten muller e fillos. Eles sempre intentaban                 que sorrira, pero nada. Era moi triste velo. El facía calquera cousa pero sempre enfadado, era incrible. Pasou tempo e tempo, pero el seguía enfadado, ata que a súa muller o deixou e os fillos creceron e marcharon do seu lado. Pero recordou o día que case ri; el quixo cambiar e intentouno, e por desgraza, fracasou. Un día mirou unha foto de pequeno, coa familia, todos sorrindo menos el. Choraba e choraba pero ata estaba enfadado cando choraba. Se o mirabas daba pena. El intentou de todo pero volveu fracasar. Pero chegou o día e por primeira vez sorriu, pero pronto se volveu enfadar. Foi un día ao médico, que determinou que sempre estaba enfadado porque se lle desencaixara a mandíbula. O doutor díxolle que non había remedio, e pasou a vida enfadado. Pero un día, déronlle cun balón na boca e encaixóuselle a mandíbula de novo, e desde ese día sorría cun riso precioso.

Anónimo

CEIP Pontesampaio

A HISTORIA DO GOLFIÑO

Estou farto! Sempre teño que facer o mesmo, xogar coa pelota, saltar o aro…

Voume escaquear. Ah! Por certo, son o golfiño Golfi e quero marchar de aquí. Vou chamar ao meu amigo Tibu polo telecaracol, é un móbil moi moderno para os meus amigos. En fin.

-Pi… Pi…

-Si, á aleta Tibu, quen é?

-Son Golfi, e quería que fixeras un burato ata chegar á miña piscina, e despois da piscina ao mar.

-Vale, tardarei media hora.

-Tsss… tsss…

-Pum!!!

-Auch… que dano me fixen na cabeza Golfi! Bótame auga por favor.

-Serás paspán, xa estás na auga salgada! Un momento… xa estou no mar!!! Que feliz son! Grazas Tibu, agradézocho moito.

-De nada. Eu volvo á miña piscina, ata logo!

-Chao Tibu!!! Deixeiche unhas sardiñas na piscina. Haha…

Raquel Castellano Fernández

CEIP Pontesampaio

A HISTORIA DA CEBRA

Érase unha vez unha cebra  que perdera as raias. Estaba farta. As demais cebras collíanllas para amasalas e poñerllas ás vacas que non tiñan manchas negras. Despois ela tiña que ir xunta á vaca e pedirllas, pero as veces non llas daba e pagáballe unhas boas couces. Máis tarde pedíallas e dáballas. Cando se fixo de noite preparou unhas trampas e quitoulles as raias ás cebras.  Logo púxollas ao lado das trampas para que se fixeran dano e aprenderon á lección. Cando espertaron ningunha tiña raias. Soamente ela, María, que era a que llas quitaban sempre. María díxolle que as buscaran como tiña que facer ela sempre. Cando empezaron as trampas funcionaban moi ven. Algunhas das trampas eran: unha corda que as collían, ás cebras, outra que cando as ían coller dábanlle unha couce… ben, o caso é que ao final aprenderon a lección. Nunca máis se meteron coa cebra María.

Igor Pérez Barreiro

CEIP Pontesampaio

A NEVEIRA MÁXICA

Esta era unha neveira máxica que comía todo o que se atopaba. Una vez ata comeu ao seu dono. Só que iso era unha pega para os mercadores. Ela está arrepentida do que fixo, e intentaba atraer ás persoas coa súa maxia. Non lle saía ven. El abría e pechaba as súa portas, tiraba cartas aos ollos dos nenos, despois intentou desaparecer e caeu para adiante. Os adultos berraba e os nenos choraban. Era todo un espectáculo. Ao fin estaba máis lonxe do seu destino porque levárona para o almacen. Ao cabo dunhas semanas viu unha nena que se achegaba e como era pequerrecha dixo:

-Eu quería unha neveira máxica, señora.

A dependente, algo enfadada foi ao almacén e trouxo a primeira neveira que atopou. Coincidiu que era a neveira máxica. Ela cando a mercaron quedou toda contenta e xa non papou máis a ninguén.

Xulia Piñeiro Raña

CEIP Pontesampaio

O CABALO QUE NUNCA PARABA DE GALOPAR

Era unha vez un cabalo que nunca paraba de galopar. Un día o seu amo quixo dar un paseo tranquilo pola beira do río, mais o cabalo non podía parar de galopar. O seu amo empapado, porque o cabalo pasara polo medio do río e con tanta velocidade mollou todo canto atopou por diante. O seu amo colleuno e púxoo na súa corte, máis o cabalo non paraba de galopar. Tirou a porta abaixo, tirou con todo o que estaba diante del e nunca se volveu ver ese cabalo. O cabalo galopou tanto que despegou do chan e chegou ata a lúa.

Candela Seoane Reguera.

CEIP Pontesampaio

Había unha vez pola mañá un can que se levantou e ladroulle á súa dona, que se chamaba Sabela, que ía almorzar. O can estaba todo o tempo ladrando. Cando Sabela ía ver a tele o can seguía a ladrar. Sabela foi ao baño e o can seguía a ladrar. Cando Sabela foi durmir a sesta, o can seguía a ladrar. Sabela ergueuse da cama, deitou ao can na cama e durmiu. O can deixou de ladrar, pero de súpeto empezou a ladrar, pero estaba durmido. Cando pasou todo o día, Sabela foi durmir. Tiña unhas olleiras e unha dor de cabeza que non aguantaba. O can seguía ladrando.  Ela non era capaz de durmir. Ao día seguinte, Sabela espertou, e o can non ladraba. Levouno a un veterinario e lle dixo que estaba afónico. Entón deulle unhas pastillas que lle deu ao chegar a casa no comedeiro. Despois dun rato o can comeu a pastilla e ao cabo dun bo rato o can empezou a ladrar outra vez, pero despois duns días Sabela acostumouse.

Nerea Sobral López

CEIP Pontesampaio

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: