Saltar ao contido

ÍCARO, A PRIMEIRA VISTA

29 Maio 2015

Ícaro abriunos as portas do seu fogar para coñecermos a historia da súa familia. Os escolares dos CEIP Froebel, Xunqueira II e Manuel Vidal Portela reconstruíron as aventuras e desventuras deste rapaz, recollidas polo ilustrador Federico Delicado no libro co que gañou o VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

Todo empezou nun camión, ía de camiño a un grande edificio. Dende a única ventá da parte traseira do camión divisei algunha cousa: unha árbore caída, un gran cartel co debuxo dun moucho, unha casa sen tellado… Iso deprimiume e non puiden evitar imaxinar a familia que alí puido ter vivido. Sería unha familia nin moi rica nin moi pobre, normal. O pai traballaría nunha pequena industria e a nai sería ama de casa. O neno sería moreno, de estatura media, non moi falador… entón unha fochanca devolveume á realidade. Cansado das grises paredes de metal, do frío banco onde estaba sentado, da cor vermella da parte do condutor, volvín ver pola ventá e vin un paxariño pousado nunha póla. O paxariño era amarelo, azul e gris… De súpeto sentín como se pararasemos e vin como o home que conducía sacaba o brazo, metía unha pequena tarxeta dourada nunha máquina, a barreira de cor branca e vermella elevábase, e volviámonos mover. Pasamos por diante de moitos edificios, grises, solitarios… detivémonos diante dunha especie de enfermaría. Un home vestido de uniforme levoume ata unha muller cunha bata branca. Sentíame atrapado, asustado, só… a muller convidoume a pasar a unha pequena sala. Alí fíxome unhas preguntas, case non contestei. Enviáronme a un cuarto. Dende alí puiden ver uns paxaros e soñei que estaba con eles, sentado na rede eléctrica. Quedei durmido e tiven o presentimento de que os meus pais estaban naquel cuarto. Eles eran paxaros e eu quería ser coma eles.

Á mañá seguinte doíanme as costas. A señora á que chamaban “doutora” díxome que o que me pasaba non era normal, que me saían plumas nas costas. Volvéronme enviar ao meu cuarto. Decidín deitarme un anaco e cando acordei sentín unha forte dor. Ao quitar a camisa… tiña dúas ás! Sorrín fortemente, abrín a ventá e boteime a voar. Os meus pais agardaban por min. Por fin era coma eles!

Antía Vázquez Hermida 6º

(CEIP Froebel)


 

Hai sorrisos que foron arrincados. As razóns son diversas: a tristura é a principal causa, excluíndo a culpa ou a nostalxia. Á súa vez, a tristura ocorre cando alguén é ferido e nos é próximo. Iso foi o que lle ocorreu a Ícaro. Pola morte de seus pais foi condenado a vivir no orfanato da gran cidade, situado arredor da inhóspita paisaxe que o acosa continuamente. Esa é outra das razóns polas que non hai sorrisos. Ícaro tiña morriña do afecto que lle deran no pasado, pero case non o recordaba. Aínda que xa non se lembraba, estaba seguro de que existía e que lle ía gustar. Cos sorrisos arrincados pensaba igual. Ícaro quería tanto o descoñecido amor, que non se decatara de que no seu sinistro cuarto apareceran, como por arte de maxia, dous paxaros. Non eran paxaros normais e correntes. Eran xigantescos. Tan grandes coma el mesmo. O máis raro foi que un dos paxaros levaba chambra e sandalias, o que lle daba aire de muller. E o outro levaba indumentos de home. As súas plumas vermellas encaixaban á perfección co xersei de manga curta que parecía un chaleco. Foi tan rara a experiencia que non lle pareceu nada estraño que o paxaro-home empezara a falar. –Non te preocupes-, dicía. –Estamos aquí para mostrarche o amor e a felicidade-, sorriu ao dicir a última palabra. E sen previo aviso, agarrárono coas súas calorosas mans e voaron, voaron, voaron… ata que chegaron aos cables dun poste do tendido eléctrico. –Ves aquilo de alí?- comezou a dicir a muller-paxaro sinalando o infinito horizonte. -Alí hai outra vida. O que tanto buscas-. Ícaro quedou perplexo, pero na súa cara debuxárase un sorriso sen explicación. Apareceu outro paxaro e os tres tapárono coas súas ás. Todo se volveu escuro. Ícaro espertou sobresaltado. Doéranlle as costas mentres durmía e non quixera escoitar as aburridas oracións que a celadora lle estivera a recitar. Estaba farto das frases. Cando se achegou á ventá, sentiu unha chamada especial do ceo. E emprendeu o voo coas alas que lle saíran das costas. Foi libre e dirixiuse ao horizonte. O único que viu do triste orfanato foron as perplexas e asustadas caras dos seus habitantes.

Julio Vidal Zhukova 6ºB

(CEIP A Xunqueira ii)


 

-Pa…, pa, papá.- Dixo Ícaro.

-Cala!

-O… onde está mamá?- Preguntou Ícaro.

-Na casa.- Contestou o pai.

-Podo chamala?- Preguntou Ícaro con medo ao que lle contestara.

-Non! Ademais xa chegamos.

Tras un longo camiño, Ícaro e o seu pai chegaron a un escuro e tenebroso lugar, onde só se podían ver algúns paxaros que voaban polos arredores.

-Por que teño que ir aí?

-Porque xa non es o meu problema!- contestou o pai.

Despois de entrar no cuarto, estiveron investigando a forma do seu aparello locomotor, que lles recordaba ao dun paxaro. Ícaro non o sabía e sentíase moi mal, seguramente polo abandono do seu pai, ou por non ter a ninguén que o quixera. Cando se sentía mal alzaba a mirada cara á ventá e miraba os paxaros. O raro é que vía aos paxaros como próximos, como almas xemelgas; os adultos non vían a coincidencia, pero Ícaro si. Tras unha dorida noite, Ícaro sufriu a metamorfose necesaria para poder voar.

Andrés Simal González 6º

(CEIP Froebel)


 

Como todos os días, Ícaro ergueuse ás sete da mañá. Camiñaba cara á cociña cando pasou polo baño e atopouse cos seus pais. O seu pai estaba fronte ao espello mentres a súa nai intentaba quitarlle o que parecía ser un gran. Había uns días que o pai de Ícaro se queixaba dunha dor moi forte nas costas. Despois foron vestirse e almorzar. Tomaron zume de laranxa, leite e cereais. Hoxe era un día moi especial para os pais de Ícaro, pois era o seu aniversario. Durante todo o día non pararon de darse bicos. Como todos os domingos, Ícaro foi axudar á veciña do piso de arriba, pois era moi maior e custáballe facer as cousas por si mesma. Cando chegou alí encontrou a Dona Elvira tombada na cama con patas de cigarra. Ícaro saíu de alí a fume de carozo, pensando que todo eran imaxinacións súas. Dirixiuse á praia para dar un paseo e así tranquilizarse un pouco, pero cando chegou atopouse con Xoquín, o vendedor de xeados, que tamén tiña patas de cigarra e peteiro de paxaro. Ícaro botou a correr. Notou que o seguían mil olladas. A Ícaro gustáballe moito dar paseos polo peirao cos seus pais. Esa noite foi unha desas nas que Ícaro e o seu pai foron ao porto a pasear mentres a súa nai durmía na casa. Nesas noites, Ícaro e o seu pai danse moitos abrazos e falan das cousas do día; nesas noites, o pai de Ícaro cólleo nos brazos. Aquela noite Ícaro soñou que dous paxaros entraban pola ventá e o observaban. Aqueles dous paxaros eran moi raros, levaban roupa e eran xigantes. A Ícaro tamén lle gustaba ir á praia só e logo despedirse do mar como se non o volvese ver, como se fose o derradeiro día do mundo. Un día pola mañá Ícaro acordou notando un sentimento novo, como se quixese voar, asomouse á ventá e botou a voar mentres notaba que todo o mundo o miraba.

Lucía Alonso Lorenzo 6ºA

(CEIP A Xunqueira ii)


 

Esta historia comeza nunha mañá soleada. Ícaro está no cuarto de baño cos seus pais.

-Non te movas! Ícaro, vai ducharte!

-Vale. Que lle pasa a papá?

-Nada. Vaite duchar.

Despois de ducharse, a súa nai prepara o almorzo. Os seus pais están moi cariñosos. Ícaro leu un libro onde unha persoa se convertía nunha árbore. Logo, pola tardiña, foi mercar un xeado. Estaba alí a súa amiga Margarida, a comer un xeado co seu pai. Á volta de mercar e comer o xeado viu o seu pai escangallado no sofá con moitos panos cheos de moquiños. Pola noite Ícaro foi coa súa nai ao porto da cidade, coas vistas ao mar. Ícaro foi pronto para cama e quedou durmido ao momento. E soñou… que os seus pais eran paxaros. A mañá seguinte foron pasear a súa nai e mais el, para esquecer o soño que tivera á noite. Xa era de noite e ía frío. Esta vez tivo un soño moi diferente, el era o paxaro. No medio do soño viu a moitas persoas, pero non eran xente normal, eran científicos que o querían investigar. Deuse conta de que non estaba soñando, o que lle estaba a pasar era todo real.

Irea Torres Fontán 6ºB

(CEIP Manuel Vidal Portela)


 

Hai moito tempo, nun lugar afastado da cidade, había un terreo con algunhas casas abandonadas. Máis alá víase un camión achegándose a uns edificios. Cando chegou, tivo que esperar para que o deixaran pasar para levar a comida aos nenos dun orfanato. Ao aparcar, o condutor do camión baixou para falar coa encargada de asinar os papeis. A encargada falaba cun neno novo que acababa de chegar e estaba un pouco nervioso e triste porque os seus pais morreran nun accidente de coche. Ao neno encántanlle os paxaros, por iso un día subiu a un poste de alta tensión con tres paxaros ao seu lado. Esa noite o neno tivo un soño moi estraño, imaxinou a dous paxaros enormes sentados a un lado da cama. Nese intre lembrouse dos seus pais. De súpeto abriuse a ventá dun golpe; era a encargada coa súa roupa. Nese intre, o neno achegouse á ventá e a señora viu que tiña dúas ás enormes de águia. O neno saíu voando, e todos e todas quedaron asombrados. Era incrible.

Alba Mira Barreira 6ºA

(CEIP Manuel Vidal Portela)


 

Cando Ícaro estaba no baño e o seu pai viu que tiña algo nas costas, chamou correndo á súa muller. Despois de ver que só era un gran, foron comer. Despois, Ícaro colleu un libro e empezou a ver cousas moi estrañas, xa que as imaxes non eran moi normais. El imaxinaba cousas raras. Logo foi coller un xeado e viu que o home que os vendía tiña raxos de polbo polas costas. Cando chegou á casa, viu que o pai  transformárase nunha especie de paxaro e que se encontraba mal. Pensando que lle pasaba algo, deitouse na cama e durmiu. Cando espertou era de noite e díxolle á nai se quería ver estrelas, subiron á azotea e sentaron no banco. Volveu durmir e, cando espertou, viu que os pais eran dous paxaros.  Pensando que era un soño, foi lavar a cara. Cando volveu seguían aí, asustouse e preguntoulles quen eran. Os paxaros transformáranse nos seus pais. A nai díxolle que llo ía explicar e foron á praia. Estiveron paseando ata que o neno o comprendeu. Os pais dixéronlle que se tiñan que ir. Ícaro comprendíao e díxolles adeus. A lúa chea alumeaba esa noite de penumbras. Ao seguinte día viu que lle estaban a saír alas e o que quería era ir cos seus pais. Botou a voar  e as persoas que o vían pensaban que era un anxo. Encontrouse coa súa familia e marcharon lonxe. Agora Ícaro está polos grandes ceos.

Yerai Loureiro Alonso 6ºB

(CEIP Manuel Vidal Portela)


 

Nun lugar abandonado só había dúas ou tres casiñas, un cartel de anuncios e, ao seu lado, unha árbore tirada. Alí vivía pouca xente e parecía que algúns paxaros. Tamén había unha escola onde só había dez nenos e dous mestres. Un dos nenos vivía alí no colexio porque os seus pais morreran nun accidente. O neno chámase Ícaro e os gardas estaban buscándolle unha familia, aínda que era un pouco difícil porque alí non vivía moita xente. Un día, o neno foi pasear e encontrou unha froita moi estraña. Ícaro comeuna e fíxose moi pequeno, os seus amigos os paxaros decidiron devolvelo á vila e facelo máis grande cunha bebida moi estraña.  Cando a bebeu aparecéronlle tres plumas nas costas. Á médica estrañoulle moito aquilo. Cando pasaron uns días, ao neno aparecéronlle unhas alas e despois converteuse nun paxaro. Os cidadáns da vila puxéronse moi alegres ao ver que por fin Ícaro tiña unha gran familia de paxaros cos que vivir no ceo.

Elisa Acuña 6ºA

(CEIP Manuel Vidal Portela)


 

Había unha vez unha familia coma calquera outra, que espertara coma todos os días. Máis esta vez o pai tivo que asearse moito porque durmira pouco. Igual ca sempre, mentres comían, os pais e o seu fillo Ícaro charlaban tranquilamente. Despois de comer a nai deitouse un momento e, cando espertou, descubriu que se transformara nun estraño insecto pau. Mentres, o pai foi traballar no seu posto de xeados na praia. Cando volveu, deitouse unha hora e transformouse nun ser similar a un paxaro. Chegou a noite e Ícaro aínda non volvera á casa, xa que estaba a pasar o tempo co seu tío mariñeiro no paseo marítimo. Cando foi para a casa, tiña tanto sono que se deitou sen ver aos pais, que finalmente se converteran en paxaros xigantes, que miraban con tristura o seu fillo durmir. Ao día seguinte Ícaro ergueuse cedo para pasar a mañá coa súa tía avoa na praia, sen ver aínda os seus pais. Como non conseguira atopalos en todo o día,  púxose a pasear e a pensar nas súas cousas. Xa entraba a noite, Ícaro non recordaba onde durmira, pero ao espertar tiña ás de anxo. Aquel día toda a xente e os científicos da cidade viron como aquel neno chamado Ícaro voaba cara ao ceo.

Marcos Asensi Goyanes 6ºB

(CEIP Manuel Vidal Portela)


 

Nun lugar deserto, había unha casa abandonada e co vento caera unha árbore. Máis alá do terreo, ao lonxe, había unha residencia para menores. Desde alí víase un paxaro moi bonito. Cada vez entraban máis coches e os rapaces asustábanse porque pensaban que ían entrar máis nenos que viñan de moitos países diferentes. Un bo día pola mañá un policía da rúa encontrou un neno que non tiña nin pai nin nai. Quedara orfo. Aos nenos non lles gustaba estar alí, entón, un deles que era moi listo, quixo escapar e conseguiuno. Colleu as súas cousas e foi directamente co vento. Onde ía o vento, ía el. Os paxaros ían na súa dirección, ata chegar a un poste da luz onde intentou subir. Foi moi difícil pero conseguiuno, e cando estaba observando onde estaba metido, uns paxaros foron onda eles. Durmiu toda a noite, pero un pouco máis tarde entrou un aire fresquiño. Eran os paxaros que estiveran con eles aquela mesma tarde, vestidos e moi grandes. Pola mañá o neno espertou e sentía algo no lombo. Decidiu ir xunto á enfermeira porque tiña unha especie de rabuñaduras. A médica non sabía o que eran, parecían plumas. Pola tarde, cando todos estaban reunidos, o neno púxose na ventá máis grande de todo o centro e quixo comezar a voar. Saíranlle plumas por todo o corpo. A compañeira e os profesores quedaron impresionados, e o neno marchou cos da súa especie.

Lía Ferreira Rosón 6ºA

(CEIP Manuel Vidal Portela)

Continuade e ler para atopar máis historias inspiradas en Ícaro…

Érase unha vez un mozo que tiña unha ferida nas costas que lle apareceran esa mesma noite. Cando a familia ía comer sempre contaban historias e tamén o que lle pasaba a Ícaro na escola. Un día despois o neno ergueuse moi cedo, e como os pais non lle deixaban levantarse pola mañá, Ícaro puxo un boneco para que non o descubriran e o castigaran. O pai ía sempre á praia para vender xeados aos nenos, e sempre os nenos vían uns golfiños detrás del. O pai ao volver do traballo deitouse no sofá, e púxose moi enfermo e peteirouno no nariz un paxaro. Na terraza da casa, a nai e Ícaro foron sentar para ver as estrelas, e para comentar o que lle pasaba ao seu pai. Unha semana despois, os pais convertéronse en paxaros e Ícaro levou un susto, e deitouse na súa cama a pensar o que lles pasara aos pais. Pero polo día Ícaro e a súa nai pasearon pola praia para tomar un xeado e para que Ícaro se puidera bañar. En fronte da escola Ícaro estaba despedíndose do seu mellor amigo chamado Izan. Ícaro pensou que non o ía botar de menos, pero días despois empezou a facelo de menos. Logo, cando Ícaro mirou pola ventá, quitou a camiseta e aparecéronlle unhas ás de anxo. Pretendeu non desperdiciar ese don. Logo, os pais de Ícaro interpretaron unha obra de teatro para o colexio. Ícaro pensou que aos espectadores non lles gustara, pero todo o público berrou:

-Outra! Outra! Outra!

Zaira Núñez Vidal

Manuel Vidal Portela 6ºB


 

 Nunha vila case que deshabitada, seca, árida, houbo hai moito tempo un terremoto moi forte que cambiou a vida de todos os veciños. Despois de moito tempo, unha árbore vella seguía alí, morta, pero apoiada no chan. Cada día, na árbore pousábase un vello paxaro que quedaba todas as tardes observando aquel sitio onde había nenos e nenas encerrados. Cada tarde o paxaro observaba a furgoneta entrar e saír daquel sitio. Unha noite, o paxaro decatouse de que entrou un novo neno. El pensaba que máis alá había un conflito ou algo diferente porque non soe haber moitos nenos encirrados. Aquela señora estaba a lle pasar un control a aquel neno que parecía moi especial. Cando pasou o control entrou naquel sitio e despois dun tempo o neno escapou e adoptou a capacidade de gabear. Todos os días trepaba a aquel poste de alta tensión para volver a observar aquel sitio do que escapara. Os paxaros un día entraron naquel sitio para saber que facían alí os nenos. Os paxaros disimulan un pouco, levan roupa de persoa. Déronse de conta de que os nenos e as nenas sempre durmían con cara de tristura. O que non creron é que eses nenos se ían converter en homes paxaros. Parecía que o mundo ía ser dominado polos homes-paxaro. Tras uns meses o neno converteuse nun neno-paxaro que ía sobrevoar o ceo para vixiar os roubos e os accidentes. Era incrible, emocionante. Os científicos crearan un home-paxaro, pero non ían descubrir o segredo, así podían ter seguridade naquel mundo de crueldade.

Esteban Carballido Campo

Manuel Vidal Portela 6ºA


 

Érase unha vez un neno chamado Ícaro, cuns pais un pouco raros. Un día ao pai de Ícaro doíanlle as costas, e a nai e el levárono ao baño a ver que era o que lle pasaba. Tiña un cabalo dunha mala postura ao durmir, e botáronlle unha pomada. Ás oito da noite Ícaro e a súa familia cearon un prato de sopa. O seu pai xa estaba moito mellor das costas, pero de cando en vez queixábase. Un día, a nai encontrouse cunha bruxa que a maldiciu. Ao día seguinte, ao espertar, converteuse nun saltón, con patas longas e un nariz longo e ancho, de cor laranxa. Ao día seguinte Ícaro e o seu pai preguntáronse que lle podería ter pasado para que a maldeciran. Foron á praia a tomar un xeado e quedaron pensativos vendo as ondas do mar. A nai estaba triste, estomballada no sofá. Ela tamén pensaba en por que a bruxa a maldicira. Pola noite o pai e máis Ícaro contemplaron a lúa intentando encontrar a solución da transformación da nai. Cando Ícaro foi durmir a nai convertérase en paxaro, e esa maldición pasara tamén ao pai. Eran paxaros! Ao día seguinte a nai e o pai transformáranse en persoas outra vez, e pensaron que polo día eran persoas e pola noite paxaros. Pola noite Ícaro foi ao centro da cidade para deixar sos aos seus pais. Ao final Ícaro tamén se converteu en paxaro e saíronlle ás, e voou polo ceo azul celeste, con nubes esponxosas arrodeándoo. Uns anos despois, cando a familia de Ícaro morreu, intentaron encontrar esa poción para facer experimentos con animais, pero non conseguiron nada.

Adrián López Fernández

Manuel Vidal Portela 6ºB


 

Había unha vez un descampado que estaba todo esnaquizado, unha casa abandonada, unha árbore caída e un letreiro coa imaxe dun oso, a piques de caer ao chan. Era coma un deserto. Non había ninguén. Poucos paxaros se achegaban ao chan, pero alá, no fondo, había coma un orfanato para menores e unha caravana aparcada un pouco máis atrás. Non había moitas flores, nin tampouco moitas plantas. A caravana era unha furgoneta que entrou no orfanato. Era todo de cemento, con poucas ventás. Para entrar había unha barreira e un garda que era o que daba o visto bo para poder entrar ou non. Pero non era un orfanato, era un centro para menores. Despois, ao entrar a furgoneta, baixaron dela un señor e un neno, e foron xunta unha moza. Ela parecía que era a que avaliaba aos rapaces. A señora entrou co neno nunha oficina e empezou a facer o seu traballo. Ela dicía que non era moi bo, e o rapaz estaba enfadado. Había un poste de electricidade, da luz, e nos cables había tres paxaros. O neno estaba sentado nos cables. Desde o poste víase o centro. El escapara para poder estar alí fóra. Botaba de menos á súa familia. Cando volveu botouse a durmir e dous paxaros xigantes, unha femia e un macho, entraron. Quen serían? Unha ilustración del? Ou de quen? Eles estaban vestidos. O neno foi á enfermaría, e cando sacou a camiseta, estaba nos ósos, e tiña como unhas marcas nas costas. Notábanselle moito os ósos. Pero o que estaba a pasar era que o neno era metade humano e metade paxaro. Nas costas saíronlle unha especie de alas enormes, de anxo. Achegouse á ventá e de súpeto saltou e voou. Todos observaban. Parece ser que era un hospital, e todos, ou case que todos, os contos rematan ben. E colorín colorado este conto está rematado.

Javier Galiano Cortegoso

Manuel Vidal Portela 6ºA


 

Había unha vez un neno chamado Ícaro cos seus pais. Os tres estaban no baño pola mañá, e a nai estaba falándolle ao seu marido, botándolle cousas polas costas, e o neno asombrouse porque nunca os vira xuntos. Despois de todo o que pasou baño tiñan que ir comer. O neno Ícaro preparou a mesa para comer os tres. Cando remataron de comer, todos os tres dixeron á vez.

-Mmmmm… que rico!

O seu pai díxolle á súa nai –Mereces un biquiño.- E deullo. Ícaro tiña que ir coller a mochila para ir ao cole e atopou enriba da cama unha cousa rara, algo parecida a un espantallo, e asustouse, pero non pasou nada, colleu a mochila e marchou. Cando ía para o colexio encontrou un vendedor de xeados un pouco raro. Chamoulle moito a atención un xeado, pero como non tiña cartos non o puido mercar, e marchou sen xeado, moi triste. O seu pai quedou durmido no sofá porque era moi cedo, eran as nove da mañá, un pouco raro tamén. Foi pasando o día e chegou a noite, e había unha noite marabillosa. A nai de Ícaro e máis el sentaron nun banco a mirar as estrelas. Estiveron pouco tempo e foron para cama. Quedou durmido e os pais eran moi raros, porque pola noite se convertían en paxaros. Quedaron mirando para o neno tan contentos, a nai e o pai. Foi pasando a noite e había un día espléndido. Como era fin de semana non pasaba nada, e erguéronse moi tarde. O neno e a nai foron dar un paseo pola praia, quitaron os zapatos e colgáronos. Estiveron por alí ata a noite. Foron para casa e miraron a un mozo saudando só, e empezaron a rir, o neno e a nai. Como era a unha da noite foron para casa, e pola mañá abriu a ventá. Había un sol e unhas nubes encantadoras. Gustoulle moito. Empezou a sentirse un pouco mal, e botou a voar. Uns médicos e un neno asombráronse e quedaron coa boca aberta. Así quedou a cousa, e non lle pasou nada máis.

Brenda Salazar Giménez

Manuel Vidal Portela 6ºB


A árbore caeu como unha pluma, a modo, pero coidadosa. A casa abandonada reloce fronte ao sol. O paxaro observa a caída, asustado polo ruído comeza a voar cara ao horizonte. As montañas do horizonte danlle guarida ao orfanato, que acolle aos nenos que non teñen pais. O paxaro, batendo as ás, achégase ao pavillón do orfanato, entra pola ventá, e para non ombreiro dun rapaz. As cinco da tarde chega a subministración, a comida, os medicamentos para os nenos. A barreira ábrese e a furgoneta amarela pasa ata a entrada da cociña e de enfermaría. Baixan a mercancía e métena no edificio, e tal como viu a furgoneta, foise. A furgoneta amarela colle a rúa principal e sae do orfanato, mentres, dentro, un home ven deixar a un rapaz, mentres que fai un test para ver se pode deixar ao neno.

A monitora apunta as alerxias, enfermidades e datos do neno dentro da oficina. Os paxaros pousados no cable da luz comezan a cantar e, de súpeto, un neno sobe ao cable e comezan a cantar todos xuntos. As monitoras do orfanato comezan a buscalo por todas partes. Os paxaros disfrázanse de pais para poder recoller ao meniño e levalo para o niño. Para podelo levar, teñen que lle pasar unhas probas ao neno, para ver se está enfermo. Despois de facérenlle as probas, os pais marcharon e o meniño sacou unhas ás e comezou a voar. Os monitores e monitoras ficaron sorprendidos. Cada luns, de cada semana, o meniño vai visitar o orfanato.

Iago Martínez López

Manuel Vidal Portela 6ºA


 

Ícaro estaba coa nai e o pai no baño, porque ao pai lle saíra nas costas un gran en fronte do espello. Todos estaban preocupados. Cando chegou a hora de comer Ícaro colleu o seu prato mentres os seus pais se despedían, xa que o seu pai ía traballar. Ao día seguinte á nai saíronlle unha especie de patiñas. Estaba a transformarse! Cando Ícaro foi dar un paseo, xa que el non entendía o que estaba a pasar, o vendedor de xeados tiña peteiro e cola de galiña. Cando chegou a casa, o pai estaba tirado no sofá, igual que o vendedor de xeados tiña cola. Ícaro chamou á avoa para que viñera, e cando chegou levouno a dar un paseo polo peirao. A avoa levouno para casa dos tíos. Mentres durmía, os tíos foron xunta del. Eran dous paxaros! E Ícaro xa empezaba a estar acostumado. Ao día seguinte os tíos marcharon a traballar e quedou coa avoa outra vez. A avoa levouno a dar un paseo pola area da praia. A avoa tamén lle estaba a pasar algo raro. A avoa levouno a despedirse dos seus tíos xa que se ían lonxe, nun barco, e de súpeto espertou, e… non vos imaxinades que lle pasou! Nacéranlle ás. Decidiu ir ao médico, e dixéronlle que era así, e que el sempre fora un paxaro.

Aida Moreda Romero

Manuel Vidal Portela 6ºB


 

Ícaro era un neno que vivía nun lugar frío e sombrío nunha zona apartada da vila. Era sinistra, e moi pouco agradable. Cando chegaba a mañá no orfanato onde vivía Ícaro, oías cantar aos paxaros. Esa mañá chegou unha furgoneta conducida por unha muller. O garda chamou a Ícaro e díxolle que esa ía ser a súa psicóloga, e Ícaro púxose moi contento de pro fin coñecela. Na consulta da psicóloga fixéronse amigos. Á mañá seguinte Ícaro fuxiu e sen saber como subiu ao cable da luz, xunto cos paxaros. Dous paxaros de tamaño humano apareceron de súpeto., sentados na cama de Ícaro, que estaba a durmir. Cando a psicóloga viu buscar a Ícaro, el aínda se estaba a vestir, e viulle que tiña unhas marcas nas costas. Da nada saíronlle dúas alas mentres miraba pola ventá. Todas as pesoas do orfanato viron coma Ícaro marchaba voando cos dous paxaros que sentaran na súa cama a noite anterior. Eran os seus pais!

Nuria López Rey

Manuel Vidal Portela 6ºA


Ícaro é un rapaz. Un día estaba coa nai e co pai no baño, porque a nai estaba a lle sacar un  gran das costas ao pai. Ícaro preocupouse un pouco. Na hora da comida os pais de Ícaro estaban dándose un bico mentres que o neno estaba a comer. Chegou a hora de durmir e a nai foi para cama. Ícaro e o pai quedaron vendo a televisión no salón. De súpeto a nai berrou dicindo: tansformeime! Ao día seguinte o pai foi traballar ao carriño dos xeados. Unha nena saíu correndo porque o pai temén se estaba a transformar nunha cousa moi rara. Chegou a casa e como estaba moi cansado acostouse no sofá a descansar un pouco. Estaba a se transformar nun paxaro. O neno tiña ganas de ver as estrelas, entón subiu coa avoa á terraza, e quedaron aí ata as doce da noite. Ícaro durmía e os seus tíos paxaros, espertarono, entón o rapaz asustouse e volveu durmir. Despois espertou e encontrouse coa avoa e díxolle se lle apetecía ir dar un paseo poal praia. O neno dixo que si, entón foron e pasaron toda a tarde paseando pola praia eles sos. O malo era que ao día seguinte tiña que ir ao colexio a facer un exame. Cando o deixaron no colexio díxolle adeus á súa avoa facendo un xesto coa man. Ao final os seus pais transformáronse en paxaros e el quedou ao final con ás. Entón decidiu ir a un laboratorio para que os científicos viran o que lles pasou aos tres.

Alicia Piñeiro Pardo

Manuel Vidal Portela 6ºB


 

Había unha vez un neno chamado Ícaro. Estaba no baño co seu pai e a súa nai, estábanse mirando no espello. A nai estaba a botarlle unha crema ao pai porque lle doían as costas. Cando a nai rematou de botarlle a crema ao pai, foron comer un prato de sopa. Ícaro estaba todo manchado, pola cara, mentres que os pais estaban comendo e bicáronse. A nai cando acabou de comer  foi para cama a botar unha sesta, e cando espertou parecía un piollo, co nariz xigante, e con seis patas longas. O pai, cando acabou de comer foi ao posto de xeados, que era onde traballaba, e xusto cando abriu vendeulle un xeado a unha nena. Cando lle vendeu o xeado á nena, medroulle o nariz. Ao chegar a casa o pai deitouse no sofá do salón, e mentres que estaba durmindo foi converténdose en aguia. A nai foi con Ícaro a dar unha volta, pero menos mal que a nai volveu ao seu aspecto. Os dous sentaron nun banco a mirar o ceo pola noite. Cando volveron para casa decidiron que Ícaro fose para cama porque xa era de noite e o pai e a nai deitárono. E os pais convertéronse en paxaros. Menos mal que Ícaro xa estaba durmido. Ao día seguinte os pais volveron á normalidade e a nai levou a Ícaro á praia e deron unha volta pola orela vendo as ondas do mar. Cando marcharon da praia a nai de Ícaro dixo que podía ir dar unha volta e Ícaro foi, aínda que xa se estaba a facer de noite. Cando volveu ser día Ícaro asomouse á ventá, nacéranlle unhas ás de aguia brancas. Tempo despois a Ícaro caéronlle as ás e foron expostas no museo. Uns científicos fóronas ver alí.

Sandra Rodríguez Torres

Manuel Vidal Portela 6ºB


Unha tormenta arrasou todo o que quedaba dunha aldea no medio dun deserto. Unha vez, ao nacer un neno, descubríronlle que tiña unha enfermidade dexenerativa que o acabaría por converter nun paxaro. Pero a enfermidade só se desenvolvería se se lle achegaba algún paxaro. Por iso, os seus pais decidiron levalo ao hospital. Cando se dirixían ata alí, un paxaro mirounos e, na súa mirada descubriu a enfermidade que tiña. Os seus pais, preocupados, consultaron a unha enfermeira coñecida. A enfermeira levouno a un cuarto cunha ventá xigante. O neno púxose a mirar pola ventá. Cando se deu a volta e cando se deu conta, xa non estaban os seus pais. O neno preguntábase por que marcharan, e decepcionado meteuse na cama. A enfermeira viu e díxolle que non se metera na cama, que saíra dela. Deulle roupa nova, puxo o pixama e a enfermeira deulle un papel e un boli. O neno colleu o papel e púxose a escribir unha carta aos seus pais. Cando xa era tarde viu o médico e pediulle que se fora para cama. De madrugada o neno viu un paxaro no seu cuarto, achegouse a el, pechou as ventás e estivo xogando con el. Ao día seguinte os seus pais visitárono. O neno xa non se acordaba dos seus pais, e cando entraron pola porta viu paxaros, viunos como paxaros. O neno asustouse e marchou ao corredor.  A enfermeira auscultouno, porque se queixou de que lle doían os ombreiros. A enfermeira deuse conta de que sería algo relacionado coa súa enfermidade. Ao día seguinte levantouse e deuse conta de que tiña algo nas costas. Chamou á enfermeira e puideron ver que tiña ás. O neno por fin sabería o que era a liberdade, e… botouse a voar! De súpeto viu toda a cidade e seguiu a súa propia aventura.

Laura Piñeiro Carballal

CEIP A Xunqueira II 6ºB


 

-Unha árbore rota! Un deserto? É este internado? Ahhh! Xa entendo. Ícaro era un neno que vivía nun internado.

-Si, e que?

-Que che vou contar unha historia sobre Ícaro, o neno paxaro.

-Ícaro vivía nun internado. Foron buscalo para levalo e que falara coa doutora, que era unha pediatra, porque tiña dores nas costas, como se algo lle fose saír. Pero ela díxolle que era algo pasaxeiro. Pola noite escapaba para pórse cos demais paxaros para…

-Un momentiño! Onde?

-Na rede eléctrica.

-Ahhh! Podes seguir.

-Grazas. Como dicía. Para facer amigos, e cando ían buscalo, baixaba e volvía para durmir. Unha noite apareceronlle dous paxaros en soños, pero eran de verdade, e deronlle a virtude de voar. Ao día seguinte a doutora levoulle o medicamento para as dores de costas. Cando ela abandonou o cuarto saíronlle dúas fermosas ás de paxaro e saíu voando coas demais aves, as súas amigas.

Elva Carracedo Santiago

Froebel 6º


 

Ícaro era un neno ao que lle gustaban moito os paxaros. Ícaro tiña pais e vivían en familia. Un bo día ergueuse da cama e foi a cama da súa nai, e viuna con forma de paxaro. Ícaro saíu correndo e no salón o seu pai, que era xeadeiro, estaba deitado tamén convertido en paxaro. Preocupado, marchou da casa e viu que a xente se convertía en paxaro alá por onde el pasaba. Chegou a casa xa moi canso e tombouse na cama e seus pais seguían igual. Pola noite ergueuse e achegouse á ventá. Empezaran a saírlle ás. De súpeto acordou, todo era un soño.

Manuel López Loira.

CEIP A Xunqueira II 6ºA


 

Nunha pequena urbanización deserta na que só había un letreiro, un toro roto e un edificio… unha vez estaba paseando por alí unha especie de paxaro moi, pero que moi raro. De súpeto o paxaro viu un coche entrar no edificio, era a familia Sánchez Santos.  A nai e o fillo estaban no comedor falando das súas cousas. O paxaro estaba nun poste un pouco afastado do edificio observando a nai e o fillo. O neno estaba durmindo pero empezou a delirar soñando que os pais eran uns paxaros xigantes. Pouco a pouco o neno empezou a cambiar fisicamente. Empezou a sentir cambios estraños nas súas costas. As mans estaba a se converter en garras, e días despois díxolle á súa nai que lle mirase as costas. Cando a nai o mirou quedou apampada, ao neno estaban a lle empezar a saír alas. A pregunta era como e por que? Pois a resposta era que o neno un día tocara un paxaro que lle transmitira unha enfermidade. O neno púxose fronte á ventá e saíronlle alas. Púxose a voar e todos os médicos e científicos quedaron coa boca aberta. Ícaro empezou unha nova vida sendo medio paxaro e medio humano.

Miriam Valentina Barrientos

CEIP A Xunqueira II 6ºB


Aquela mañá unha familia erguese cedo. O neno chamábase Ícaro. Foron ao baño a ducharse. Uns minutos máis tarde, ao saír do baño, foron ao comedor a almorzar. Alá polo medio día, o neno, Ícaro, imaxinou que a súa nai se trasformara nun paxaro. O pai de Ícaro, cando terminou de almorzar, vestiuse rápido e marchou a traballar, tiña que vender moitos xeados. A nai quería esperar a que chegase o seu marido, pero ao sentar no sofá quedou durmida. O neno quixo ir xunto ao seu pai, e por iso foi buscalo. Cando o encontrou, estaba recollendo o seu carriño de xeados. Cando rematou, como xa era de noite, o mar estaba moi fermoso e quedaron a miralo. Ao chegar a casa, Ícaro foise para a cama e os seus pais, transformados en paxaros, quedaron a mirar para el  sorrindo.

Á mañá seguinte, Ícaro foi xunta a súa nai a dar un paseo pola praia. Despois de darse un baño, Ícaro foi ao porto para ver o mar. De súpeto pasou un barco. Ícaro púxose a saudalo. Era un barco xigantesco e era moi bonito. Despois volveu á area, e pediulle algo para comer á súa nai. Chegou pola tarde á súa casa, e tiña calor, entón abriu a ventá. De súpeto saíronlle unhas ás. A xente sorprendeuse moito e Ícaro saíu voando entre as nubes.

Nuria Gabriela Cortez Loccisano

CEIP A Xunqueira II 6ºA


Este conto, esta historia, este relato comeza diferente a todos, comeza nun lugar pobre, abandonado, con poucos recursos, a paisaxe vese triste, destruída; nela vese unha árbore fraquiña, e rota, esmagada, mancada, detrás dela vese un cartel abandonado, como todo aquilo. Os papeis do cartel estaban caídos, rotos, sen cor. A continuación víase unha casiña sen teito. Os cristais das ventás rotos, incompletos, parecen quebracabezas sen rematar. No que semella unha paisaxe diferente e difícil de amar, encóntrase o noso protagonista, un neno preadolescente de once anos, fraco, pobre, pelo curto e moreno, non moi alto, máis ou menos de un metro corenta, normaliño para a súa idade. El ía nun camión velliño, ía ir a un lugar diferente para Ícaro, que é como se chamaba o neno da historia.

Este neno era un pouco raro, especial, tiña un segredo que non debía saber ninguén, pero xa o sabían os vixiantes. Todos o miraban, vixiabano os paxaros pequenos, grandes, esveltos; as plantas velenosas, fermosas, todos o miraban, mentres seguían a súa viaxe a unha casa branca, longa. A viaxe foi un pouco longo, ao chegar era máis grande do que parecía antes. Ícaro sentíase máis vixiado que nunca, cando saíu do camión recibiuno unha señora embarazada, tiña unha bata branca, ela coidábao e escondíao dos vixiantes. Era como se fose a súa nai. Falaba con el para saber porque o seguían. Un día sen saber como nin por que, Ícaro acabou na rede eléctrica. Gustábanlle as alturas pero non lle gustaba baixar. De súpeto espertou. Resulta que era un soño no que el durmía e uns paxaros vestían como un home e unha muller. Ao día seguinte contoullo á muller da bata. Sen sabelo xa tiña plumas nas costas. Sería verdade o soño dos paxaros? Non o sabía e mirando pola ventá saíronlle ás fermosas, rubias, e voou, cousa que nunca quixo desvelar.

Clara García

Froebel 6º


Despois dunha noite de tormenta, a parada do autobús na que Ícaro collía o autobús para ir ao colexio estaba destrozada. Cando Ícaro pasou por alí inventouse unha escusa para non ir a clase e quedar falando nun poste de electricidade nas dunas, cos paxaros. Pola tarde, os pais levárono a unha cafetaría, e mentres o pai aparcaba no parking da cidade, Ícaro e a súa nai pedían algo para picar. Pola noite foron a un hotel, e pola noite Ícaro estaba tan cansado que creu ver que os seus pais eran paxaros. Pola mañá ao neno doíanlle as omoplatas. A súa nai díxolle que estaba a medrar. Cando a nai se foi, a Ícaro saíronlle ás. Ao cabo dun rato aprendeu a usalas, e saíu voando pola ventá. A partir de entón foi cos outros paxaros o resto da súa vida.

Gabriel Toral Ansorena

CEIP A Xunqueira II 6ºB


Unha mañá, un neno chamado Ícaro ergueuse da cama para ir almorzar. Ao pasar polo baño encontrouse con seu pai que tiña cara de dor. Ícaro xa sabía porque era. Ao seu pai saíralle xa había tempo un gran na testa. El pensaba que o seu gran parecía un volcán a punto de estourar.

No almorzo Ícaro sempre repetía. A súa nai pensaba que era coma un saco sen fondo porque para o que comía estaba moi fraco. Ao írense, Ícaro e seu pai, a súa nai tombouse na súa cama a durmir ata que alguén volvese a casa. O seu pai foise traballar de vendedor de xeados na praia. Cando chega a casa sempre se bota a durmir no sofá do salón, xa que está tan canso que parece que correra un maratón.

Mentres seu pai durmía, Ícaro e súa nai sentaban nun banco a ver as estrelas. Ao día seguinte el e súa nai foron pasear á praia e volveron parar para ver as estrelas no seu sitio favorito. Ao día seguinte ao se erguer sentíase coma un paxaro e sentía que podía voar. Púxose a soñar con que estaba a voar por riba de toda a cidade.

Raúl Fontán Rodríguez

CEIP A Xunqueira II 6ºA


Non sei que pasa. Estou nunha camioneta que vai cara ás aforas. Pasamos un panel publicitario, unha árbore partida e unha casa abandonada. Hai unha enorme explanada. Vexo ao lonxe un edificio, non me explico que é. Entramos pola porta. Non podo falar, fíxoseme un nó na gorxa. Chego a unha sala, hai un garda e unha señora que me pregunta o meu nome. Non contesto, ese nó impídeme falar.

-Veña, non teñas medo. Estou aquí para axudarche co teu problema.

-Í… Í… Íca…ro- consigo dicir.

Lévame a unha sala que parece o seu despacho. Pregúntame idade, apelidos, data de nacemento… non sei, todo se me esquecera. Mentres anota na súa axenda, imaxínome cuns paxaros mirando ao horizonte nuns cables de alta tensión. Lévanme a un cuarto e chegan os meus pais que son paxaros. Non teño ganas de ver a ninguén. Dóenme as costas. Ven unha doutora e examíname. Non di nada. Horas máis tarde vou mirar pola ventá… teño ás!

Sara Rodríguez Vence

Froebel 6º


Había unha vez un lugar moi seco, onde as árbores secaban, onde non había vexetación ningunha. Ese lugar estaba habitado por distintas clases de paxaros.

Un día, nun laboratorio que estaba ao lonxe daquel deserto sen vida, chegou unha furgoneta cun cargamento de medicinas. Ao chegar á recepción o garda preguntoulle ao condutor:

-E ti, que levas aí?

-É a medicina para a nova enfermidade- respondeu o condutor.

-Vale, pase, por favor.

Resulta que atoparan a un neno orfo que sufría a grave enfermidade que o convertía en paxaro. Ese neno chamábase Ícaro e non sabía falar. Os seus pais, xa paxaros, todas as noites o ían visitar. Mentres os seus irmáns, xogaban nos cables de tensión. No laboratorio pensaban en ingresalo, xa que non sabían a cura da enfermidade. Ícaro quería voar, e poder saír de alí. Pero non podía. Un día, cando estaban a facer o ingreso, os científicos escoitaron un ruído. Era Ícaro saíndo do laboratorio! Ícaro viviu feliz coa súa familia voando ata o máis alá.

Emma Miguélez Gómez

CEIP A Xunqueira II 6ºB


Un día pola mañá, o pai de Ícaro mirouse no espello e viu que tiña un gran. Despois de mirarse ao espello vestiuse e baixou á cociña a almorzar, deulle un bico á nai e ao fillo e marchou traballar. A avoa, como se atopaba mal, tombouse na cama e botouse a durmir. Ao día seguinte a avoa decatouse de que parecía un espantallo. Ao pai, onde tiña o gran, saíronlle dúas fermosas ás mentres vendía xeados. Cando chegou a casa botouse a durmir.

A nai e Ícaro sentaron nun banco a mirar a lúa chea. Cando foron a casa, a nai deixouse a ventá de Ícaro aberta, e pola noite entraron dous fermosos paxaros. Ao día seguinte a nai foi dar un paseo á praia co seu fillo. Cando acabaron de pasear decatáronse de que xa era de noite, e viron ao alcalde. Ao día seguinte Ícaro tiña alas e mirou cara ao ceo. No colexio tiñan organizada unha visita ao laboratorio. Ícaro, sen querer, tirou todos os botes do laboratorio e todos se converteron en paxaros. Ao final todo era un pesadelo. Cando Ícaro levantou díxolle á súa nai que tivera un pesadelo.

Carlota Abilleira

CEIP A Xunqueira II 6ºA


Ícaro é un neno moi especial, vive nunha cidade moi deprimente xa que o alcalde non se preocupa pola natureza. As poucas árbores que quedaban en pé estaban sendo derribadas ou cortadas, o río que fai uns anos era moi caudaloso, agora estaba seco, e ademais, na cidade onde vivía Ícaro había moita contaminación, os cidadáns non facían nada máis que pagar impostos para que a súa cidade mellorase, pero o único que facía o alcalde con ese diñeiro era gastalo nos seus caprichos. Poderíase dicir que a cidade se estaba a converter nun grande e inmenso deserto. A xente estaba a se mudar e pronto as estradas, os edificios, os apartamentos e demais quedaron baleiros. Ícaro era un dos poucos habitantes que aínda non se mudaran; aínda que moitas veces pensara en coller a furgoneta que sempre estaba aparcada na porta do seu edificio e irse de alí, a outra cidade moito mellor, onde podería ter unha educación mellor e cando se fixera maior podería encontrar oportunidades de traballo pero non podería cruzar as fronteiras da cidade xa que o alcalde non o permitía. Ícaro acabou toleando porque sempre que saía da súa casa os policías, seguindo as ordes do alcalde, o retiñan e o devolvían á súa casa coma se fose unha cela. Ícaro tivo que ir ao psiquiatra moitas veces xa que a súa vida era moi triste, tiña ataques de loucura. Agora Ícaro só pode pensar en escapar da cidade. Un día mentres miraba os bonecos dos paxaros que había no seu cuarto, tivo unha boa idea, podería inventar unhas alas mecánicas que fixeran que el conseguise voar e saír daquela horrible cidade. Enseguida se puxo a traballar e ao final conseguiu facer unhas alas mecánicas feitas dun material moi lixeiro. Estivo a probar as alas e resultaron ser moi eficaces. Un día, tirouse pola ventá e saíu voando sobre a cidade. O alcalde mandou que uns avións o perseguiran, pero Ícaro voando escapou. Ao cabo dunhas horas chegou a outra cidade, alí quedou a vivir, medrou e tivo un traballo. En canto á antiga cidade de Ícaro, ben… todas as persoas conseguiron mudarse e o alcalde acabou na ruína.

Yago Covelo Castilla

Froebel 6º


Unha furgoneta cun neno e seu pai ía a unha cidade. Ao chegar á cidade metéronse no garaxe dun edificio, o hospital O neno explícalle á doutora que ten unha terrible dor de costas entre as dúas omoplatas. O neno, Ícaro, empezaba a facer as mesmas cousas ca os paxaros, como poñerse nos cables do tendido eléctrico. A doutora díxolle ao pai que o neno quedaría uns días no hospital. Cada vez que a doutora lle levaba roupa ao neno, tiña un vulto nas costas, cada vez máis grande. Un día, cando a doutora marchou e Ícaro se foi para cama, apareceron un home-paxaro e unha muller-paxaro, que lle deron poderes. Ao día seguinte nacéronlle unhas bonitas ás de cor branca. Ícaro saíu voando pola ventá a ensinarlle as súas ás ao mundo enteiro.

Aarón Lores Pérez

CEIP A Xunqueira II 6ºB


Unha vez, un home, cando saíu da ducha, deuse de conta de que lle saíran ás de paxaro. Cando era a hora de almorzar o home chamou á súa muller e ao seu neno, pero cando sentaron na mesa, déronse de conta de que ao home lle saíu un nariz máis estraña do normal. A muller dixo:

-Ramón, estanche a saír moitas cousas raras, coma se foses un paxaro!

-Roberta, eu non vexo nada raro… anda! Saíume un nariz e ás de paxaro!- dixo Ramón.

O neno, sobresaltado, dixo:

-Papá, non pode ser! Que che está a pasar?

Ao día seguinte, a muller tiña pólas por todo o corpo, parecía un escaravello que non podía erguerse. Cando a nai ía levar á escola, chamouno forte.

-Ícaro! Ven correndo que chegamos tarde!

O neno, fatigado, ergueuse, vestiuse, almorzou, peiteouse e lavou a cara, puxo os tenis e a chaqueta e foi correndo ao coche e chegou ao colexio xusto cando tocou o timbre.  Mentres tanto, o pai foi traballar, vendía xeados, e todos se deron conta de que o seu nariz non era normal. Cando unha nena foi comprar un xeado preguntoulle:

-Tes un nariz e unhas ás moi raras, ti es humano?

-Hoxe pasáronme cousas moi raras, pero si que son humano… Ben… Que xeados queres?- preguntou Ramón.

-Quero un de chocolate con nata, se pode ser, nun cucurucho xigante.- Pediu a moza. –Canto é?-

-Son dous euros con quince. Grazas!

-Ata logo!

-Adeus!

Despois dun duro día de traballo foi descansar no sofá da casa, e sen que ninguén se dera conta saíulle cara de paxaro. Mais tarde fórono buscar á praia porque escapara. Ao final converteuse nun paxaro e sorprendeu a todos!

—Anónimo—

CEIP A Xunqueira II 6ºA


Ícaro era un neno que vivía fóra da cidade, pero por pouco tempo, xa que ía vivir nun internado xa que os seus pais eran paxaros. Cando chegou estaba a falar cunha psicóloga. Que queres dicir? Eu o que entendo é que cando chegou se atopou a si mesmo falando cunha psicóloga, e iso é un pouco estraño. Pénsao.

A psicóloga dixo:

-Ola, chámome Sandra. E ti, como te chamas?

-Eu chámome Ícaro. Porque estou aquí?

-Estás aquí porque os teus pais non te poden coidar.

-Por que?

-Porque son paxaros.

-Pódoche pedir unha cousa?

-Si, dime.

-Podo irme despedir dos meus paxaros? Por favor!

-De acordo, pero non tardes.

O neno foise despedir dos seus amigos os paxaros. Un deles díxolle:

-Imos subir á rede eléctrica.

-Vale, subamos.

Alí arriba estiveron falando. Cando Ícaro estaba durmindo os seus pais despedíronse, e el confesoulles:

-Non quero ir con vós.

Eles dixéronlle que era imposible. Ao día seguinte estaba xa a psicóloga, que lle trouxo roupa para que se vestira e fora almorzar.

Chaimaa Bentani Abali

Froebel 6º


A historia empeza cando un neno, un señor e unha señora, que estaba a escribir nun cuarto, estaban falando dun experimento. Máis tarde, como xa case era noite, o neno foi durmir ao seu cuarto, pero, pola noite entraron dous paxaros e sentaron na cama do neno sen que el se decatara. Á mañá seguinte, cando o neno acordou, a señora tróuxolle a súa roupa. Ao acabar de vestirse estivo a mirar pola ventá, mirando o sol, e de súpeto saíronlle ás. O neno abriu a porta e foi voando ata o laboratorio, porque tiña ás, e contoulle a nova aos científicos e quedaron asombrados de que o experimento funcionara.

Ana Xu Hong

CEIP A Xunqueira II 6ºB


 

Había unha vez un neno que se chamaba Ícaro. Ícaro tiña unha gran afección polos paxaros, gustáballe ver os paxaros pola mañá, ao medio día… Un día o seu pai descubriu que tiña un gran nas costas, non lle gustou. A súa nai, Rufina, intentaba quitarllo.

-Ai, ai, ai- gritaba o pai.

-Cala Ramón- dicíalle a sáu nai.

-Ai, ai, ai…

-Por que a papá lle doe tanto o gran?

-Cala Ícaro, non fas mais que amolar.- espetoulle Ramón.

Ícaro sentiuse mal, entón foise dar unha volta. Viu unha tenda de animais e viu un paxaro que o conquistou, chamábase coa el, Ícaro. Que paxaro tan maxestoso! Que alas tan bonitas! Que envergadura tiña! Entón volveu para casa, e pediulle aos seus pais que lle mercaran un Ícaro. Os seus pais discutiron moito sobre se comprarlle ou non un paxaro ao seu fillo, e ao final decidiron mercarllo. O paxaro deitábase cedo cada noite, e puña o pixama.

—-Anónimo—-

CEIP A Xunqueira II 6ºA


Érase unha vez unha cidade un pouco rara, máis ben rarísima, parecía deserta, pero ao lonxe había unha pequeniña cidade con dous ou tres edificios. Un dos edificios tiña unha psicóloga moi boa que era de alí. Ícaro, que era un neno con problemas foi xunto a ela. El contoulle o seu problema. Ela, ao acabar a sesión quedou asombrada, era a primeira vez que escoitaba que un neno falaba e conversaba con paxaros. Ela pensaba que fora a raíz da morte dos seus pais, pero investigou e xa fora ao psicólogo antes de que morreran os seus pais. Ícaro quedou na cidade. Ao día seguinte pola mañá a psicóloga mira pola ventá e de súpeto ve no cable do tendido eléctrico a Ícaro. Ela, moi asustada, chamou á policía e aos bombeiros. Estaba tan asustada que se desmaiou. Antes de que viñera a policía e os bombeiros, os dous paxaros que facían de pais do neno collérono e levarono a un cuarto, o máis alto do edificio. Deixárono durmir, pensaban que estaría cansado. Cando acordou foi directamente xunto a psicóloga para saber se estaba ben. Cando chegou onde a ela, a policía falou con el. O neno contoulles que non sabía como aparecera alí, nin sabía nada sobre ese tema, o único que recordaba era que aparecera nun cuarto. Ela díxolle que lle ía facer unha revisión. Auscultouno, e descubriu que tiña unhas plumiñas nas costas. Asustada, pensou que ao mellor era unha alucinación, pero non era iso…

Ana González Arza

Froebel 6º


Ícaro é un neno moi especial. Ten ás! E por iso unha tarde de verán foi a un médico para saber por que lle estaba pasando aquilo. O médico fíxolle probas. Miroulle o corpo, escoitoulle o corazón… Pero non conseguía saber por que lle estaban a saír. E cando ía a noite, ía ao deserto subía a un poste eléctrico cuns paxaros, que eran os únicos que o entendían. É a unha da mañá volvía á súa casa cos seus pais que eran paxaros. Ícaro un día, na súa casa, saíu pola ventá e todos os habitantes da vila o viron, e ninguén lle tivo medo e foi feliz para sempre sen máis segredos.

Mircia Ramírez

CEIP A Xunqueira II 6ºB


Érase unha vez un neno ao que lle gustaban moito os paxaros, pero, os seus papagaios eran máxicos. Como o neno Ícaro pasaba moito tempo cos seus paxaros, empezáronlle a saír algúns trazos de paxaro a el e aos seus pais. Primeiro empezáronlle a saír ás polas costas. Ao seu pai empezáronlle a facer os brazos máis curtos. Á súa nai comezáronlle a saír pés de paxaro. Pouco a pouco a enfermidade dos paxaros contaxiouse por todo o mundo. A enfermidade ía seguindo e á xente medráronlle máis os trazos avícolas. Ao final, todo o mundo se converteu en paxaro. Era o soño de Ícaro.

Miguel Jamardo Estévez

CEIP A Xunqueira II 6ºA


 

O meu mellor amigo chámase Ícaro. Ícaro é o mellor, pero é un pouco raro; di que o seu soño é poder voar e que o vai conseguir. Tiña que falar con el, porque isto non é normal, que un neno de primeiro si, pero nun de quinto curso penso que non. Ademais é moi curioso. Pensa que un día unha árbore xigante vai esmagar a cidade, que as persoas se van converter en paxaros… O avó de Ícaro fartouse e levouno na súa furgoneta branca ao psicólogo. Cando chegou ao psicólogo, un señor alto, calvo e grandote acompañouno á consulta. Alí estaba a psicóloga, que estaba embarazada. Ícaro contoulle todo á psicóloga, e como todos, non o cría. Pola noite Ícaro nin ceou, e foi correndo á cama a chorar e soltar as súas penas. E sabedes que soñou? Que estaba nunha rede eléctrica con tres paxaros e logo que os seus pais eran… paxaros! Ao día seguinte foi outra vez á psicóloga, que lle dixo:

-Quita a camiseta.

Quitou a camiseta e a señora Xoana, a psicóloga, colleu o fonendoscopio e auscultouno. Miroulle as costas e tiña unhas pequenas plumiñas. E díxolle:

-Volve dentro de dúas semanas.

Ao cabo de dúas semanas díxolle o mesmo:

-Quita a camiseta.

E tiña unhas… ás!

Ao final tiña razón, pero foi todo un soño de Ícaro.

Xulia Ramos Sánchez

Froebel 6º


 

Ícaro era un neno que vivía no deserto. A Ícaro gustábanlle moito os paxaros desde que era moi pequeno. Un día, mentres observaba os paxaros, achegóuselle un e Ícaro, fascinado, intentou tocalo. O paxaro peteirouno nas costas, e marchou voando. Os días seguintes Ícaro empezou a sentir dor nas costas. Os seus pais decidiron levalo ao hospital. Alí reuniuse cunha doutora, que lle preguntou que lle pasara, e Ícaro, cun pouco de medo, contoulle o que pasara. A doutora non sabía o que lle pasaba a Ícaro, así que, púxoo en observación. Ese mesmo día Ícaro soñou que a xente se transformara en paxaros. Á mañá seguinte a doutora examinou a Ícaro e descubriu uns estraños vultos. Non sabía o que eran. Un día, Ícaro ergueuse e tiña ás. Os paxaros chamábano, así que , Ícaro saíu voando con eles.

Jorge Pintos Güimil

CEIP A Xunqueira II 6ºB


 

Un día moi fermoso, unha familia estaba diante dun espello véndolle un gran que tiña na cabeza, ata que souberon o que lle pasaba. Despois a muller na cama converteuse nun paxaro. O vendedor tamén é un paxaro. Nesta vila case todo o mundo era un paxaro. A nai e o neno están sentados nun banco pensando no seu futuro. Polo día os pais convertíanse en paxaros. A muller e o neno foron pasear pola praia. O neno convértese en paxaro e vai lanzarse pola ventá para intentar voar. Quedan a miralo.

Iago

CEIP A Xunqueira II 6ºA


Había unha vez un neno que non era moi neno. Vivía nunha árbore. Ninguén o coñecía. Ícaro tiña unha fame enorme por… lombrigas! Para conseguilas, tiña que roubalas nas casas dos pescadores. Paseaba en busca de aldeas pequenas. Un día, nun dos seus paseos, viu unha aldea, unha árbore rota, un paxaro, unha planta e un edificio moi grande. Nel habían cincuenta vivendas de pescadores… e o cárcere de menores. Ícaro decidiu ir roubar pola noite, pero, ao chegar a noite, descubrírono e entregárono á cadea… nun furgón policial. No cárcere falou co garda, e el , levouno coa doutora de psiquiatría. Alí falaron, levárono ao campo do cárcere e subiu a un cable eléctrico. Cada día que estaba alí, no cárcere, os pais de ícaro, que el non os coñecía, pola noite, entraban e sentaban ao seu carón. Ícaro tiña moita dor de costas e non sabía por que. Díxollo ao garda e el levouno xunto á doutora. Ela mandoulle quitar a camiseta. Cando estaba mirándolle as costas notou que tiña… plumas azuis e brancas!!! A doutora quedou abraiada.

Minia Beltrán Braña

Froebel 6º


 

Nun deserto caeu unha árbore onde vivían unha familia de paxaros. Mudáronse á cidade e tiveron un fillo humano. Levárono ao médico para saber porque era humano a pesar de que lle gustaba xogar e pasar tempo cos paxaros, subido nos postes. Uns días despois saíronlle plumas ao seu fillo, e o levaron a un laboratorio para saber o que lle pasaba e se se transformaría en paxaro. Os científicos e os médicos non sabían o que lle pasaba. Uns días despois saíronlle ás e saíu pola ventá do laboratorio voando, en busca dunha familia que formar.

Álvaro Piñeiro González

CEIP A Xunqueira II 6ºB


Pola mañá dun día ao levantarse o pai de Ícaro vai ao baño. Cando se estaba peiteando no cuarto de baño viu no espello que tiña un gran. Era xigante e era doloroso. Ao xantar o pai díxolle á nai que tiña un gran e a nai de Ícaro deulle un bico. Cando o pai de Ícaro e Ícaro se foron. A nai tumbouse na cama e empezou a saírlle patas de araña. Pola noite cando Ícaro durmiu, dous paxaros o miraban pero por sorte eran os seus pais. Ao día seguinte a nai e Ícaro van paseando pola praia, e Ícaro viu dous patos e os saudou. Cando volveu a casa a nai desapareceu, ao cabo de cinco minutos a Ícaro lle saíron alas e saíu pola ventá para poder voar e todos se quedaron mirando.

Santiago G.G.

CEIP A Xunqueira II 6ºA

 


Vouvos contar unha historia que me ocorreu non hai moito tempo.

Estaba eu tirado no chan debaixo dunha árbore que estaba por caerme enriba cando chegou unha camioneta. Saíron unhas persoas e fixéronme uns experimentos. Estiveron conducindo un bo rato, cando entraron nun lugar e me deixaron na porta dese lugar tan estraño. Estaba moi nervioso e empecei a chorar, porque non sabía que facer. Tiña unha gran angustia, a miña nai tiña razón cando me dixo que me fora para cama, pero claro, eu tiña que levarlle a contraria… Despois de tranquilizarme dinme de conta de que acabarían abrindo a porta… E como que non me apetecía entrar nese lugar descoñecido… Andei e andei ata encontrar a un policía, e conteille o sucedido. Pedinlle se me podería levar xunto a algún médico, porque non sabía o que me fixeran na camioneta. Foron ao médico e déronlle cita para outro día. Día tras día notou cambios no seu corpo e un día saíronlle ás! Xa podía subir as redes eléctricas voando, e moitas cousas máis. O día da cita para ir ao médico, fun e díxenllo á médica, pero non o creu. Entón decidín vivir cos paxaros, porque tiña medo de que a xente me maltratara e fixera experimentos comigo. Deume moita pena non poder volver a ver aos meus pais humanos.

Laura Baquero López

Froebel 6º


Un día pola mañá un neno que se chamaba Ícaro e que tiña unha nai e un pai. Ao erguerse a nai refrégalle pomada ao pai mentres o seu fillo Ícaro mira. Despois fóronse a almorzar e os pais de Ícaro o deixaban de lado. O neno, farto de que o deixaran de lado converteu á nai en galiña.

A continuación o neno vaise dar un paseo pola praia e toma un xeado, para tranquilizarse. A nai, avergoñada, escondeuse no sofá. O neno foi ao río para desafogarse, e converte ao pai en galiña.

Andrea Garrido Silvent

CEIP A Xunqueira II 6ºA


Ícaro era un neno enfermo e moi pobre. Un día un garda de seguridade que paseaba polo deserto da provincia da súa aldea encontrouse a Ícaro e dixo:

-Este neno que fai no deserto? Ti vas directo ao orfanato.

Nese mesmo intre o neno intentou escapar pero o garda colleuno e meteuno no seu camión. Ao seguinte día chegaron e o garda levouno a onda unha muller de bata branca que o primeiro que fixo foi rexistralo no orfanato. Despois fíxolle un par de preguntas moi estrañas. Cando xa estaba a facer de noite, ao lonxe, pola xanela, víanse uns paxaros. Tres horas despois apareceron uns paxaros enormes na súa cama. O neno facía que durmía pero en verdade tiña un medo de morte. Ao seguinte día a muller estaba a lle tomar medidas e pensaba no que lle pasara aos pais do neno. Estaba moi confusa. Entón, de súpeto dixo:

-Como tes tanto pelo nas costas?

-Non o sei.

E o neno moi sorprendido foi xogar cos demais nenos. Á mañá seguinte tiña alas, e dixo:

-Queeeee!

Foi entón cando se deu de conta de que eses paxaros eran os seus pais.

Yulen Acuña Casás

Froebel 6º


Un día calquera, nunha cidade calquera había un forte vento que derrubou todas as árbores do arredor. O primeiro en decatarse de que caera a árbore máis longa do mundo foi Ícaro, un neno solitario que non tiña ningún amigo. Os seus únicos amigos eran os paxaros. Podíase confiar neles. El saía ao bosque para relacionarse con eles, ata que unha tarde saíu a dar unha volta. Pola meseta longa onde non había nada encontrou un paxaro que parecía buscar algo ao ver a Ícaro marchou voando. Este marchou lamentándose para casa. Recolleuno unha furgoneta e levouno a un sitio onde estaba seu pai e unha señora de bata branca ao seu lado. O pai de Ícaro entrou e el quedou fóra, pero non ía quedar alí mentres o pai lle facían preguntas sobre el. Estaba espiando agochado tras da fiestra. Cando Ícaro xa se fartou de agardar marchou para onde viu ao paxaro solitario, pero de súpeto non se sabe como subiu ao poste eléctrico en cinco segundos. Incrible!

Alejandro Lareu Castro

Froebel 6º


Nun deserto con árbores caídas, habían unhas casas sen teito e ao fondo víase un edificio moi grande que vai ser onde transcorra a nosa historia. Unha furgoneta entra nese edificio que parecía un hospital. Cando entraron un garda e un neno chamado Ícaro foron falar cunha señora que parecía unha doutora. El estaba alí porque tiña unha enfermidade coa que lle estaban a saír ás do lombo. Entón, a doutora preguntoulle o que sentía e díxolle que estaba preocupado. Un día pola mañá deuse de conta de que o que lle pasaba non era unha enfermidade, se non que era porque el quería voar coma un paxaro polo ceo e non estar no chan coma unha persoa normal.

Diego Ventoso Blanco

Froebel 6º

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: