Saltar ao contido

ROMANCES NOVOS

29 Maio 2015

Cego con zanfona

Os romances que os cegos cantaban de feira en feira, de lugar en lugar, foi durante moitos anos un dos xeitos de espallar as novas máis extarordinarias. Os alumnos de 6º curso do CEIP Álvarez Limeses fan súa esta tradición para narrar feitos acontecidos nos nosos días.

 

ROMANCE  DO ROUBO AO COLE

– I –

Vouvos contar unha historia

que nunca fora contada,

nunha noitiña de inverno

algo moi malo pasara,

o conserxe non viu nada

pero alí el non estaba.

– II –

Un ladrón forzou a porta

entrou nas aulas e salas,

roubou os ordenadores

e apagou as cámaras.

Quedou todo baleiro

e a xente asustada.

– III –

Todos ao cole chegaron,

levantaron as persianas,

o noso amigo Álvaro

do roubo se decata.

Avisou a directora

das cousas que faltaban.

– IV –

A Álvaro pedíronlle

que á policía chamara.

A policía chegou

nesa mañanciña rara.

Un por un foron preguntando

para que todos falaran.

– V –

A Álvaro levaron

a unha escura sala

e no medio da conversa

as luces se apagaban,

e o cabo e o sarxento

non puideron facer nada.

– VI –

Ninguén descubriu a Álvaro

e riu moito, a gargalladas,

e quedou moi contento

para sempre na súa casa.

(CEIP Álvarez Limeses, 6ºB)

ROMANCE DUN PRESO

– I –

Tarde de néboa de maio,

tarde gris, co cantar

dos paxaros do bosque,

unha bala corta o ar.

O corpo do lince cae,

Xoán está a mirar,

berrou de lonxe un garda

e Paulo a escapar.

– II –

O garda a Xoán levou

e fíxolle confesar.

Paulo botoulle a culpa

ao pobre de Xoán.

Paulo librouse de todo

e encerraron a Xoán

que non fixo nada malo,

pero pasouno fatal.

– III –

Na cela xunto a Alberte

o noso amigo Xoán,

este parece tímido,

quen sabe se falará.

Alberte ten un paxaro,

un paxaro especial,

que nas tardes e nas noites

con el parece falar.

– IV –

Conseguiu a liberdade

nunha mañá de verán,

o noso amigo Alberte

e o paxaro do cantar.

– V –

Ogalla puidese ver

o meu futuro brillar!

Alberte, meu amigo,

poderasme liberar?

Oxalá encontres hoxe

a proba que mostrará

a miña clara inocencia

e ao culpable pillar.

Alberte está levando

a escopeta mortal,

con ela demostrará

o gran erro xudicial.

– VI –

Xoán sae da cadea

quere a Alberte visitar,

na casa atopa unha carta

que di: hoxe ás nove no bar.

 (CEIP Álvarez Limeses, 6ºA)

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: