Saltar ao contido

ALMANAQUE MUSICAL EN PONTEVEDRA

21 Abril 2014

Lendo e traballando sobre o Almanaque musical na biblioteca do CEIP Vilaverde-Mourente.

Os alumnos e alumnas de quinto curso dos CEIP Vilaverde-Mourente e CEIP de Marcón preséntanos uns marabillosos poemas que nos fan viaxar a través das estacións do ano, dos seus sons, da súa música, e logran que sintamos frío, calor, choiva… Os nosos novos poetas traballaron moito no obradoiro de escrita creativa que desenvolvemos desde Kalandraka Editora para a campaña O CARTAFOL DO LÉREZ, da Concellería de Educación e Deportes do Concello de Pontevedra. Non deixedes de ler e vivir estes textos poéticos que nacen das ilustracións e lectura de Almanaque musical, de Antonio Rubio e David Pintor. Inverno, primavera, verán e outono escorregan entre palabras, memoria e son.

 

INVERNO

Comeza o inverno

co canto do vento

lixeiro de fusas

sen parar un momento.

O frío pentagrama,

conxelando as notas brancas,

escoitando as badaladas

nas nosas quentes casas.

 

O fermoso trompetista

anuncia a chegada do nadal,

coa súa sinfonía

que toca dende o ventanal.

 

Os músicos entoan

unha balada musical

en harmonía

co vendaval.

 

A arpa musical

toca a melodía

mentres tres nenos

a escoitan cada día.

 

O ano comeza,

a neve cae

en formas de redondas

que os músicos traen.

 

No inverno chove,

inverno de vento,

as cordas da arpa

tremen en silencio.

 

As folerpas de neve,

caen como notas musicais.

As raias do pentagrama

escóndense no colo das nais.

 

Pola fiestra vemos a neve

por riba das casas

os violíns esvaran

entre corcheas e brancas.

 

 

A PRIMAVERA

As notas nacen no pentagrama

e florecen co son do jazz,

a clave de sol empeza a saír no ceo

para as notas brancas quentar.

 

Florecen as flores

como notas de vento.

Sae o arco da vella

a tocar os instrumentos.

 

Os animais sinfónicos

saen das covas,

e tocan silencios

e tamén notas.

 

A brisa de primavera

sopra, sopra, sen temor,

e o silencio de redonda

tráenos a súa calor.

 

Os animais espertan do inverno

e achéganse cantando;

á viola que toca

aromas de nardo.

 

Un paraugas pentagramal,

as pingas caen como notas musicais,

os nenos saltan nas pozas

como ondas afundindo os barcos.

 

Comeza a facer calor

e os músicos tocan o saxofón.

a primavera remata

cos sostidos e os pentagramas.

 

O VERANAlmanaque musical 1

O solsticio de verán comeza

coa clave de sol en-cabeza

e as negras van á praia

e montan unha festa.

 

As ondas do mar

forman un pentagrama

no que os peixes nadan

sobre o son da praia.

 

Cantan os paxaros na árbore

coa súa voz tremelucente,

a guitarra coa súa corda

forma un son transparente.

 

Hai moita calor,

as claves de sol bailan sen son,

todo o mundo vai á praia,

pai desexado na area un pentagrama.

 

As claves de sol

producen calor,

pero para as partituras

non necesitamos vacacións.

 

Na orquestra o violín, a trompeta,

cantan na praia cando se agocha o sol.

O noso xeado énchese de area

e derrétese coa calor.

 

Tomar o sol é

como xogar coa clave de sol,

se multiplicas o calor

obterás un si bemol.

 

OUTONO

No outono caen as corcheas

do pentagrama da orquestra,

no outono caen as notas

que voan como abellas.

 

O violín soa

ao compás do vento.

Os castiñeiros dan castañas

mentres os músicos tocan a arpa.

 

O vento bate no pentagrama

e as notas agardan asustadas.

agóchanse tras un tamboril

esperando que chegue abril.

 

As follas marróns alaranxadas

amoreadas vense no chan,

ningunha delas quedará

cando chegue o son do verán.

 

As follas caen das árbores

cun suave son de chelos

nas tardes do outono frío

as gaivotas móvense co vento.

 

Outono de froitos secos

que nacen nos pentagramas antigos

dos soutos orquestrais…

(Do, re, mi, fa, sol, la, si, do)

 

As follas caen

de cores escuras

formando un manto no chan

tropezando nun muro.

 

Caen as follas

sopra o vento

e parece que as follas

van correndo.

 

Comemos castañas,

noces e,

aparte diso,

tamén doces.

CEIP DE VILAVERDE-MOURENTE 5º

Inverno: Clara Piñeiro, Sabela Vila, César Varela, Santiago Boiero, Anxo Braña, Álvaro Castro, Javier Santos, Manuel Martínez, Yago Otero, Sara Charlín, Paula Barros, Carmen Caeiro, Alba Arias, Iria Pampín, Alberto García, Graciela Gorís, Selene Torres, Natalia Touriño, Xoel Solleiro.

Primavera: Álvaro Núñez, Iván José González, Sofía García, Elena Veiga, Pablo Portela, Javier Jorge, Hugo Martínez, Lucas Barros, Gabi Pousada, David Chan, Mariña Fernández, Cándida Álvarez, Iago Iglesias, Iván Seijas, Paula Remiseiro.

Verán: Isaac Pontevedra, Lara Graña, Esteban Pazos, Manuel Portela, Martín Pérez, Nerea Porto, Santi Pérez, Nicolás Cerviño, Pablo Chendo, Telmo Bravo, Paula Rivas, Marcos Villa, Victor Pérez.

Outono: Noa Casal, Alba Civera, Sofía Caramés, Cristina Domínguez, Claudia Couto, Ainhoa Chamadoira, Hugo García, Sofía Neira, José Omil, Daniel Fraga, Lucía Navaza, Alejandro Gamen, Alba Piñeiro, Noela Pereira, Roberto Rodríguez, Julia Pelegri, Marlon Barco, Enic Pérez

 

CEIP de Marcón 5º

O INVERNO

A neve do pentagrama triste

encheuse de folerpas negras,

rompendo a melodía,

saíndo dende as tebras.

 

Envolta en neve, ao frautista,Almanaque 2

agasallárono cunha baqueta

e unha gaita nova que canta

con xeadas semicorcheas.

 

A PRIMAVERA

As cordas do violín,

arco da vella da miña sinfonía,

cando chega o vento,

fan soar unha fermosa melodía.

 

Saen polos campos

os rapaces berrando,

a xente que baila alegre

e paxaros en pizzicato.

 

VERÁN

Cando imos á praia

a música fai ondas.

O sol está de vacacións

e substitúeo unha redonda.

 

No verán vai calor,

abonda a sequía,

e o silencio de redonda

dános alegría.

 

OUTONO

O clarinete sopra

levando as semicorcheas

ata as ventás

das nosas almas.

 

Asómase a clave de sol

entre nubes grises,

cargadas de choiva,

que mollan as melodías tristes.

 

 CEIP DE MARCÓN

Inverno: Mª del Pilar Davila, Toni Argibay, Lois García e Diego Castro.

Primavera: Laura L., Andrea C., Laura V. E Judith A.

Verán: Sara, Claudia, Patricia, Nerea e Óscar.

Outono: Dinke Suárez, Miguel André, Roberto Pintos e Pablo González.

 

 

 

 

 

 

 

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: