Saltar ao contido

MIL HISTORIAS PARA ANTES DE DURMIR

8 Abril 2014

IMG_1574

Se es dos que prenden o sono deseguida, este é o teu blog. Os alumnos e alumnas de sexto curso do CEIP de Vilaverde-Mourente ofrécennos unha manchea de historias para que leas antes de te ir deitar. Tes historias abondo para non repetir e que cada noite unha nova fantasía te faga descansar mellor. E se che gustan, non deixes de ler Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto & Chinto, Kalandraka Editora, que che ofrecen novas historias para adornar os teus soños. Esta é a nova proposta da campaña de animación á lectura O CARTAFOL DO LÉREZ, da Concellería de Educación do Concello de Pontevedra.

 

O PESCADOR      22

Ramón estaba na súa barca de pesca, el adoraba a barca, era de raias brancas e vermellas, cunha cadeira negra. Ramón tomaba o sol mentres pescaba uns peixes cando se decatou de que estaba a pescar a súa propia sombra. Cando subiu a cana de pesca, alí estaba, a súa sombra. Pero, como ía comer iso?

Paula Cortegoso Veiga

CEIP Vilaverde – Mourente 6ºA

 

 

 

HAI MOI POUCO
Hai moi pouco tempo Uxío decidiuse por ir pescar aínda que non sabía nada sobre pesca. El o único que quería era fuxir dos automóbiles, e así foi. Colleu unha cadeira, pero como xa sabemos, el non sabía nada de pesca, e ocorréuselle poñer a cadeira na barca. Ao pouco a barca empezou a afundir e Uxío quedou alí para sempre. E por iso que cada vez que alguén vai a ese lago, por diferente que sexa de Uxío, sempre vai aparecer o reflexo de Uxío no canto do seu propio.

Fátima Moreira García

CEIP de Vilaverde – Mourente. 6ºB

 

15O BOMBEIRO
Unha vez, no país das letras, existiu unha torre moi, moi alta na que vivía o bombeiro do dicionario, que vixiaba a torre día e noite. Un día, pola mañá, o bombeiro fixo moi mal xa que abandonou a torre para ir comer un rico doce que se anunciaba nunha docería. Cando o estaba a comer viu que a torre se incendiara, e dixo:
-A torre das vogais, non! Estase a queimar.
O bombeiro correu e correu. Cando chegou colleu a escada e subiu a toda velocidade, arriba da torre, e apagou o lume coa auga das vogais. Al final tivo que quedar na torre, e como estaba bastante triste polo sucedido, as letras todas lle levaban cada día un doce como símbolo de agradecemento.

 

Carlos Ruibal Méndez

CEIP de Vilaverde – Mourente 6ºB

 

16Había unha vez un señor moi, moi, moi, moi, moi, pero que moi grande, que quería ser pastor. Tanto o desexaba que sempre levaba un bastón moi, moi, moi, moi, pero que moi longo. Un día, caeulle un dente moi, moi, moi, pero que moi pequeno, e púxose triste xa que lle quedara un oco na boca. Para encher ese oco meteu de todo: árbores, tellados, o propio dente… xa se rendeu, pero sen darse de conta, medroulle un dente novo e este era moi, moi, moi, pero que moi branco.

Sara Fentanes Costa

CEIP Vilaverde – Mourente 6ºA

 

 

 

 

O PASTOR DAS NUBES

En Irlanda vivía un pastor, pero non un pastor normal, senón un xigante! Pero este xigante non paseaba o gando, senón as nubes! E preguntaraste, para que pasear as nubes? Pois para que non se amontoen. E non hai moitos diluvios, máis, varias veces as nubes dan por pelexar, e caen lóstregos na terra. Un día naceu unha nube que non era como as normais, era moi pequena, e non conseguía chegar ao seu destino. O gran diluvio da arboreda! O cometido do diluvio é facer que as árbores medren, tamén o vento moverá as sementes, para que ao próximo ano volver vir. A xente pensa que ás nubes móveas o vento, pero… agora xa sabes quen move as nubes. Gardade o segredo!

Jorge Gutiérrez Durán

CEIP de Vilaverde – Mourente 6ºB

 

 

Había unha vez un señor chamado Carlos. Non tiña traballo, 5

e, un día, colleu unha cadeira, vestiu unhas botas, puxo uns pantalóns, unha camisa, unha chaqueta e un sombreiro. Entón, sentou na cadeira no medio da praza da vila, e empezou a pensar no que podería facer. Pensou tanto, tanto, tanto, que estivo pensando un mes enteiro. Chegou o entroido e as persoas pensaba que estaba facendo a estatua. A Carlos caeulle o sombreiro e todas as persoas que pasaban por alí lle tiraban moediñas ao sombreiro. Cando Carlos viu que tiña o sombreiro cheo de moedas dixo:
-Xa sei! Farei de estatua e gañarei diñeiro!

Volveu a casa, cambiou de roupa, colleu unha caixa de madeira, o sombreiro onde botaban as moedas, unha mazá, e volveu ao mesmo lugar. Estivo alí todo o ano. Non se movía de alí.

Cándido Samuel Lois Torres

CEIP de Vilaverde – Mourente 6ºB

 

PEPA E AS FOLLAS
Unha paiasa chamada Pepa estaba na rúa agardando a que pasara alguén e lle botara unha moeda para facer a súa actuación. Un día, unha árbore soltou moitas follas, e Pepa decidiu facerlle a súa actuación. Entón, ocorreu algo sorprendente, as follas xuntáronse de dúas en dúas e comezaron a aplaudir. Pepa, desde aquel día, actuou moitas veces para as súas amigas as follas.

Laura Corral Fernández 6ºA

CEIP Vilaverde – Mourente 6ºA

 

 

Nunha casa afastada da cidade vivía unha bruxa rubia de coletas 2

douradas cola de castor e catro pernas. Era a bruxa máis boa do mundo. Todos pensaban que era mala pero non era certo. Gustáballe moito cociñar coa súa pota máxica. Un día, un neno foi á casa da bruxa e esta preguntoulle:
-Pensas que son boa?

-Claro que si.

Entón, o neno caeu por accidente na pota máxica e converteuse nun bruxo con catro pernas e cola de castor. Viviron felices os dous na fraga afastada.

Alejandro Franco Echeverri

CEIP Vilaverde – Mourente 6ºA

 

 

 

10Nunha aldea de Galancia había un faro, unha casa e dous campanarios rodeados de árbores. O especial da aldea era que as casas estaban vivas. Nunca viran o arco da vella, e pensaban que era unha lenda, que dicía: cando vai moita calor, as nubes do ceo, que son o pelo do ceo, recollíanse co arco da vella que é a cinta do pelo do ceo.
O día que o viron dixeron:

-Que cinta máis bonita.

E empezou a saír fume das chemineas porque dicían que era moi guapa.

Alejandro Franco Echeverri. 6º

CEIP Vilaverde – Mourente 6ºA

 

 

 

1Hai moito tempo, nunha aldea chamada Viascón, había unha árbore robusta, chea de cor e máxica. Máxica porque no inverno lle caían gorros de moitas cores e formas. A cegoña Úrsula era a encargada de repartir os gorros por toda Galicia. Cada día repartía máis de cen gorros.
Un día tallaron a máxica árbore, entón, a cegoña tivo que facer os gorros e entendeu o traballo tan duro que tivera a árbore aqueles anos. Pasado un tempo facía os mellores gorros de toda Galicia. O alcalde de Cotobade deulle un premio polo seu labor.

Adrián Besada Padín

CEIP de Vilaverde – Mourente 6ºB

 

 

 

Un día o volcán Felipe espertou despois de tanto tempo durmindo. 20

Pero ao acordar viu que a aldea máis bonita e corida do mundo estaba agora baleira e sen cor. O volcán entristeceu, pero como non estaba canso puxo todo o seu empeño e esforzo. Os habitantes da aldea oíron en estrondo, booom! E cando saíron mirar que pasaba, viron que o volcán estaba a soltar cores, e o volcán alegrouse moito ao ver que todo o mundo viña para a aldea, e construía casas, e vivían felices na aldea máis bonita do mundo.

Xacob Álvarez Rey 6ºA

CEIP Vilaverde – Mourente 6ºA

 

 

Érase unha vez unha vila chamada Multiouta. Alí vivía un mozo chamado Xosé, que tiña doce anos. Un día, paseando pola faldra do volcán multicor, notou que a terra comezaba a tremer. Xosé, asustado, comezou a correr. Ao chegar á igrexa viu que o cura estaba pechando as portas con candado. O neno preguntou:
-Que pasa? Porque pechas as portas con candado?

O cura respondeu:

-Por que o volcán está a punto de entrar en erupción. É para que non entre a lava.

Cando o neno o soubo correu ata a súa casa e aos cinco minutos observou que a lava do volcán era de moitas cores: rosa, amarela, azul, verde…

O neno, sorprendido, fixo fotos tan bonitas que gañou un premio e unha bolsa para estudar fotografía.

Alejandra Manso García

CEIP de Vilaverde – Mourente 6ºB

 

 

17bUnha moza chamada Nerea tiña un estraño costume: ter un monte de flores. Un día, cando ía recoller flores, encariñouse cunha margarida normal e corrente. Levouna para casa e cando sentou a observala, unha racha de vento a desfixo. Cando volveu mirar para ela, só quedaba un pétalo. Ese pétalo tiña unhas letras gravadas que puñan: Nerea e eu.

Sara Fentanes Costa 6ºA

CEIP Vilaverde – Mourente 6ºA

 

Ela vivía nunha cidade, nunha cidade normal, con edificios normais, coches normais, xente normal; ben, todo era normal. Ela chamábase Eva, Eva Bosqueverde, si, é un apelido un tanto estraño, pero iso non importa. Eva nunca tivera un mozo, polo menos ata ese día, no que a súa vida cambiara. Aquel rapaz chamábase Lois. Era loiro, de ollos azuis e moi, moi, moi… cachas. El namorouse de Eva, e en menos de cinco minutos xa eran mozos. Pero un día, Lois deixou de mimala, de chamala, e non saía de casa. Eva pensaba que xa non a quería e pasaba o día arrincando pétalos de flores.

Ela nunca o soubo, pero o único que lle pasara a Lois é que collera unha pulmonía.

Mencía Riesco Rodríguez

CEIP Vilaverde – Mourente 6ºB

 

MontañaUNHA MONTAÑA NAMORADA

 

 

Unha montaña chamada Montana, que era moi baixiña, mirou para o ceo para pensar como era a lúa. Ao mirala, namorouse e desexou medrar e medrar para poder bicala, e poder, así, sentir a boca da lúa. Cando se bicaron, comezaron a soar as campás. Conta unha lenda, que cada vez que soan as campás, a lúa ponse vermella e sente un bico.

Paula Boullosa Rodríguez 6ºA

CEIP Vilaverde – Mourente 6ºA

 

23AS NUBES E O DRAGÓN FELIPE.
Felipe era un dragón moi malo e ambicioso ao que non lle gustaban os días de sol, sen nubes. Un día, descubriu que despois de botar lume pola boca podía cuspir fume e facer que tivera forma de nube. Por isto, os días soleado,s aquí en Galicia, sempre acaban con unha chea de nubes no ceo.

Aldara Cogolludo Prieto

CEIP Vilaverde – Mourente 6ºA

 

 

 

 

O XARDÍN MÁXICO

Lidia era unha nena que desexaba ver o mar.  4

Lidia era unha nena soñadora e alegre que tiña un xardín precioso no patio dunha casa de campo. Un día quedou durmida na poltrona do xardín, e imaxinou por un intre que a súa casa estaba nunha praia e ela estaba durmida no seu precioso xardín. Ao espertar viu que estaba na praia do seu soño, que tiña unhas lentes de flores do seu xardín. Cando as quitou volveu estar no campo e descubriu que o seu xardín era un xardín máxico dos soños, e decidiu gardalo en segredo e gozar do máximo posible pois pensou que sería un agasallo dunha fada.

Laura García Méndez

CEIP Vilaverde – Mourente 6ºA

 

21UN MÚSICO MOI AMABLE

Había unha vez un neno de dez anos que dende moi pequeno lle gustaban moito os instrumentos, en especial o saxofón. A Súa familia non tiña moito diñeiro pero grazas á música tiñan o que precisaban para que o neno puidera estudar. El sentíase moi ben cada vez que escoitaba as melodías dos demais, os grandes artistas que xa conseguiran a fama. Ao pasar o tempo, xa con dezanove anos, rematou as súas clases. A súa vestimenta era un pouco rara, por que a facía el mesmo. Na vila todos o querían polas cousas que facía, en especial, pola súa música. Chamábase Antón, e tocaba de ouvido, ata sabía escribir as notas nun papel, iso si, como a el lle saían. Un día, os nenos do seu lugar xuntaron o suficiente diñeiro como para mercar un saxofón, e déronllo ao día seguinte a compralo. O primeiro que fixo foi tocalo e ao parecer dábaselle moi ben. Sempre camiñaba polas rúas con el, e de súpeto, o músico máis importante da vila lle propuxo se quería tocar ao seu carón. Antón, sen pensalo dúas veces, aceptou. Ao final, Antón e o músico fixéronse moi famosos e, a parte de tocar, co que gañaban, axudaban ás persoas que non tiñan moito diñeiro. Iso si que era ser un gran músico e artista!

Nuria Rodríguez Ces

CEIP de Vilaverde – Mourente 6ºA

 

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: