Saltar ao contido

UNHA FOLIADA DIMINUTA

18 Xuño 2013

Alumnos de sexto curso do CEP Marcos da Portela

Coma pequenos bechiños, os alumnos de sexto curso do CEP Marcos da Portela, vestiron o seu traxe de poeta e compuxeron versos xunto a María José Ferrada, autora de O baile diminuto, publicado por Kalandraka Editora. Deixádevos levar por esta danza frenética de xoaniñas, de abellas, de grilos… nesta poética orquestra primaveral.

ALEGRÍA NO XARDÍN

Chega a primavera ao xardín,

poema verde de luz.

A xoaniña xoga ás damasxoaniña

cos lunares das súas as,

viste a paisaxe

de alegría vermella.

O grilo pequeno

pon música

de vento no aire.

A araña desfila

entre plantas e flores

co seu traxe de gala.

David Pérez Fernández.

CEP Marcos da Portela 6ºB

INSECTOS NA RIBEIRA

Na beira do río,aranha_1

tras dunha matogueira,

o insecto pau

cambia o seu traxe de primavera.

Dando chimpos,

moi contento,

achégase o saltón,

saltando de folla en folla,

o saltareiro dos bosques.

A araña, tecedora,

vixía dende a súa tea de seda

esperando atopar

a feliz recompensa.

O verme de seda

ven andando paseniño

gozando da paisaxe

e son das augas do río.

Carlos Rodríguez Onandín.

José Torres Quintáns

Noelia Villaverde Moldes

Manuel Ángel Pérez Loureiro

CEP Marcos da Portela 6ºB

mosca_1A LINDA PRIMAVERA

Xa chega a primavera

e, con ela, a linda xoaniña

co seu traxe flamenco,

que planea cada tarde

entre as follas

que saúdan ao vento.

Ven acompañada da mosca,

pequeno helicóptero,

que cando chega a primavera,

non deixa de xirar e xirar.

A abella co seu traxe novo

de raias amarelas e negras,

súmase á festa.

Paula Pardo Otero

Tania Torres Lagos

Aída Pimentel Diéguez

CEP Marcos da Portela 6ºB

Obradoiro de poesía no CEP Marcos da Portela

PASEANTES

No río navega o insecto tesoira,

como un pirata cunha caveira.

Nunha tarde de verán

o alacrán

pasea co seu irmán.

Nunha mañá de primavera

o lucecú descansa na súa cadeira.

Diego Fuentes Castiñeira

Alejandro Arosa Mariño

Carlos Lamoso Varela

CEP Marcos da Portela 6ºA

A FESTA NO XARDÍN

Estaban tres insectos

paseando polo xardín,

a avéspora, a bolboreta e o grilo,

e fixeron un festín.

Antía, Marina e Miguel

CEP Marcos da Portela 6ºA

Alumnos de 6ºB do CEP Marcos da Portela

UNHA PEQUENA CONVERSA

No parque do miradoiro

tres pequenos animais

discuten sobre quen é o mellor.

-A miña picadura

é coma un trade. -di a pulga.

-Eu son verde coma un pemento. -responde o insecto folla.

-E eu teño unha forte armadura! -contesta a vacaloura.

Iván Búa Núñez

Alejandro Díaz López

Marta Fernández Abal

CEP Marcos da Portela 6ºA

A BEIRA DO RÍO

A beira do río,

co seu traxe de terra,

trae no seu peto

unha formiga forte

como unha pequena

montaña,

unha libeliña

con ás planadoras

e unha bolboreta co seu voo

do arco da vella.

Alejandra Rodríguez Antas

Andrea Varela Asorei

Carmen Pazos Freire

CEP Marcos da Portela 6ºB

OS INSECTOS DO XARDÍN

Chega a primavera

co seu manto de calor,

trae con ela

o debuxo do xardín;

da man ven

a xoaniña de lunares;

e dunha árbore

sae un abano

para calmar a calor.

Cristian Rodríguez Rey

Óscar Estevez Moreira

Mateo José Pérez Piñón

CEP Marcos da Portela 6ºB

OS INSECTOS DA PRIMAVERA

gusano-cienpies_1

Na primavera saen as formigas

Da cor do ceo de noite,

as arañas con oito alfinetes

e as súas teas como o aire.

David Miguélez Cao

Cristofer Barreiro Gutiérrez

Anxo Herbés Miños

CEP Marcos da Portela 6ºA

SALTOS DE INSECTOS

Nunha tarde de verán

aparece un saltón

que saltaba igual

ca un ximnasta en trampolín,

tamén atopamos unha vacaloura

con cornos coma dúas medias lúas

e por último atopamos unha formiga

coma o ceo do inverno.

Iris Gallego

Jose Manuel Bernardez

Brian Franco Gulias

CEP Marcos da Portela 6ºA

POLO XARDÍN

Polo xardín saíu unha xoaniña

cos lunares da varicela.

Máis tarde unha abella

de son, de vento,

unha bolboreta

como o arco da vella

e por último saíu

unha araña como a noite.

Silvia García Diéguez

Ana Estévez Fernández

Ismael Giménez González

Ángela Cristina Fontán Sande

CEP Marcos da Portela 6ºA

POLO BOSQUE

Cando pasaba polo bosque

vin o insecto bola que era como

unha bola, vin unha araña, que tece a

súa casa como unha costureira,

unha bolboreta tan bonita como un xardín

de flores.

Melisa Cabanelas González

Lucía Cendón Carballo

Leonel Nicolás Faria Ferrer

CEP Marcos da Portela 6ºA

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: