Saltar ao contido

MÁIS RECEITAS PARA A COCIÑA DE TOTO MURUBE II: MENÚS EN VERSO!

11 Xuño 2013

Anuncio Toto Murube 2

ENSALADA DE ROSAS

As rosas esfollaremos,

en auga as lavaremos,

e nun click! as escurriremos.

Bolboretas amarelas,

xoaniñas pequeniñas,

nunha cunquiña de fresa.

 Un pouco de pole,

unha pinga de mel.

Isto xa está feito,

e listo para comer 

Rosa do Carme Araújo Castelo

Álvarez Limeses 6ºA

-o-

PULSEIRAS Á ROMANA

Ir a Italia,

e ao museo,

e alí colle os ingredientes:

un nariz

do David

de Miguel Anxo,

sen lle arrincar os dentes.

Do Vaticano collerás unha cadeira,

e así sairá a nosa pulseira.

Para cociñar,

un italiano,

home ou muller,

que poña todo a ferver.

Durante dúas horas

ten que estar na cazola.

Agardamos o seu tempo

que será só un momento

para que a nosa receita

quede finalmente feita.

Catalina Parada Gómez

Alvarez Limeses 6º

-o-

SOPA DE PALABRAS

Nun papel de cebola,

escribiremos palabras boas.

Se escribes palabras malvadas,

non che saberá a nada.

Paz, si, e guerra, non;

ledicia, si, e tristura, non;

compañeiro, si, egoísta, non.

Arrinca as palabras

e ponas a ferver,

con trinta minutos na auga

penso que debía valer.

Sofía Álvarez Álvarez

Álvarez Limeses 6ºA

-o-

PIZZA PRIMAVERA

Imos crear unha receita

que nestes días tanto alegra.

Mesturamos un pouco de fariña e pole,

a ver se temos sorte!

Logo uns pétalos debemos colocar,

pero, iso si, sen a masa danar.

Tendo coidado e sendo atentos

cortamos as cereixas cuns cubertos.

Logo grandes amorodos

cortaremos moi amodo.

E deste xeito tan barato,

rematamos o noso prato.

Xa está listo para comer,

que non che vaia caer!

Anónimo

CEIP Álvarez Limeses 6ºB

-o-

ESTOXOS AO VAPOR

Os estoxos ao vapor

hai que facelos con amor.

Primeiro colle un caldeiro

para botarlle algo dentro.

Cun pouco de sal e dez estoxos

fas un prato delicioso.

Logo de botalo todo dentro

tes que deixalo repousar

e xa pola cea de hoxe

non te tes que preocupar.

Lucía Rey Pintos

CEIP Álvarez Limeses 6ºB

-o-

PARRULO DE GOMA Á LARANXA

Lava as mans e pon o mandil,

con esta receita vaste divertir.

Se un parrulo de goma queres facer

só verde, amarelo e vermello o debes poñer.

(os azuis fan moitos gases).

Para preparar a salsa

debes mesturar colonia, xampú e pasta

(de dentes).

Se ou teu parrulo queres de calidade

ten que estar feito na túa cidade.

En trociños o parrulo cortarás

e na bandexa o colocarás.

Adorna con esponxas esta receita

a cobre cunha toalla ben limpa e seca.

Para de verdade rematar

a cociña debes limpar.

A receita xa está preparada,

á xente deixarás alucinada!

 Ana Santos

CEIP Álvarez Limeses 6ºB

-o-

CHURRASCO DE ROTULADORES

Colle primeiro uns rotuladores

pero que non sexan de moitas cores.

Escolle só de cor marrón

porque son os que saben mellor.

Pon os rotuladores ao lado do lume,

que se volvan escuros sen que boten fume.

Con moito coidado os has retirar

Se non de máis se han quentar.

Para facer ben a salsa,

moi rica, porque é da casa,

mestura tinta de rotuladores,

laranxa e vermella, so de dúas cores.

Quenta a tinta, pona nunha pota,

non lle poñas presa para que non saiba a bota.

Logo vértella con coidado

coma se fose o seu glaseado.

Aquí tes a túa comida,

a que che quedou bonita?

Ada Freire

CEIP Álvarez Limeses 6ºB

-o-

CERAS FRITAS

Unha ducia de ceras collemos

pero do branco nos esquecemos,

moi soso resultaría

e o prato estragaría.

Un papel na tixola poñemos

xa que se manchar non queremos,

con ceras ben afiadas

e en cinco minutos, preparadas.

 Boas ceras deben ser,

amodo has de comer,

se non a túa pel

de cor se pode poñer.

Carlos Rodríguez Fernández

Álvarez Limeses 6ºA

-o-

RAÍZ CADRADA DE FRESA

Para facer esta receita tan rara

tedes que facer raíces cadradas.

Poñémolas nunha tarteira a ferver

e ollo coa auga, non se pode beber.

Nunha folla de papel as fresas escorrer

e xa estarán listas para comer.

Pero non as deixes arrefriar

se non te queres conxelar.

Nicolás Buceta

CEIP Vilaverde 5ºA

-o-

SOPA DE DEBERES

Para esta receita facer

unha tixola deberás coller.

Dúas páxinas nela botarás

e agarda 10 minutos a que se poidan torrar.

Pintura e follas no prato estarán

e puntos seguidos e finais deberás botar.

Bota os exercicios na pota e quenta

e así a sopa estará perfecta.

Sara Fentanes Costa

CEIP Vilaverde 5ºA

-o-

ROTULADORES NA SÚA TINTA

Para este prato facer

moito ánimo hai que ter.

Primeiro collemos rotuladores,

podes escoller entre moitas cores.

Corta en anacos de 1 cm e recolle a tinta

mestura con typex, auga e unha gomiña.

Despois debes quentalo todo

e poñerte comer coma un tolo.

Carlos Ruibal Méndez

CEIP Vilaverde 5ºB

-o-

 CHOURIZOS AO SOL

Un estoxo metálico tes que coller

e acuarela verde oliva debes verter.

Deixa que quente,

moi lentamente.

Agora oito lapis vermellos botar

e quince minutos a cocer deixar.

Voltas debes dar

para os lapis non queimar.

Engadimos po de xiz amarelo

que anteriormente ben moeremos.

Cun bolígrafo mesturar

e agora saborear!

 Alejandra Manso García

CEIP Vilaverde 5ºB

Toto Murube_grandejpg

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: