Saltar ao contido

IMITANDO CONTOS TRADICIONAIS

7 Xuño 2013

Obradoiro Froebel 6º

Os alumnos e alumnas de sexto curso do CEIP Froebel veñen de achegar os contos e fábulas tradicionais aos nosos días. Un traballo de actualización dunha literatura que segue moi viva e que nos trae desta vez historias de rapeiros que viaxan a una cidade lonxana, de nenas que non se integran pola súa apariencia, de mozas que se independizan e buscan una nova casa… non deixedes de ler esta orixinal proposta e intentade descubrir os contos que que se agochan  detrás.

JAMES BRANCO E OS SETE AMIGUIÑOS

Había unha vez, en Pontevedra, un neno chamado James Branco, que foi cos seus sete amigos ao parque. A súa malvada avoa chamouno e díxolle que non podía xogar máis con eles e que tiña que volver para casa. Pola tarde, a noiva de James deuse conta de que non estaba no parque e preguntoulle aos seus sete amiguiños, que lle dixeron que o levara a súa avoa malvada. A avoa ofreceulle un iogur de mazá e James Branco aceptou, tomou o iogur de mazá e despois dun ratiño quedou durmido. A malvada avoa botáralle unha pílula para durmir no iogur. Os sete amiguiños levaron a noiva valente ao piso da avoa. A noiva subiu soa, pois os amigos non puideron (no ascensor só collía unha persoa). Ao chegar ao piso da avoa malvada, a noiva de James Branco abriu a porta cun clip. A avoa lanzoulle un bolo de crema, para que non puidera avanzar. A noiva valente evitou á avoa malvada e entrou no cuarto onde James durmía. Foi a xunta del e deulle un xarope para os alérxicos á mazá. James acordou e os dous fuxiron do piso, escoitando a avoa berrar de carraxe. Ao chegar ao parque os nove comezaron a xogar.

Manuel Suárez Arosa

AS TRES IRMÁNS

Había unha vez tres nenas, irmás, de dezaoito anos que vivían coa súa nai. A nai quería que as rapazas se independizasen, así que un día colleu ás tres e díxolles:Ilustración de Os tres lobiños e o porco

–Nenas, vide aquí.

–Dime –dixo Lili, a pequena.

–Xa vai, xa vai,… –dixo Uxía, a do medio.

–Agora no podo. Estou a falar polo Facebook! –dixo Alicia, a maior.

–Baixade xa! –berrou a nai moi anoxada.

–Vai…! dixeron elas.

A nai explicoulles a súa intención, elas foron aos seus cuartos e fixeron as maletas. A Lili, que era a pequena, custoulle, xa que tiña moita roupa. Eran as cinco da tarde e xa tiñan todo listo. Saíron e foron na busca do seu novo fogar. Pero polo camiño, un neno chamado Pablo viunas e namorouse, pero das tres!

Lili atopou unha casiña pequeniña e ficou alí. Uxía atopou unha casa nova. E Alicia colleu un piso no centro da cidade.

Pasados uns días, Pablo foi a casa de Lili, e ela pechoulle a porta nos narices, e escapou en taxi polos pelos. Pablo seguiuna ata a casa de Uxía. Ao chegar Pablo e chamar á porta, as dúas fuxiron pola porta de atrás e pillaron un autobús. Chegaron a casa de Alicia e alí estiveron a salvo porque Pablo quedou encerrado no ascensor.

Maríña Vázquez Mosquera.

OS RAPEIROS DE BREMEN

Ilustración de Os catro amigosHabía unha vez uns nenos en Pontevedra chamados Lucas, Alberte, Miguel, Ramón e Xulio. Os catro non se coñecían de nada, pero tiñan unha cousa en común, aos catro lles gustaba moito rapear. Os seus pais non podían aguantar máis aquelas cancións así que e os mandaron de campamento á cidade de Bremen.

Os catro músicos coincidiron no vagón do tren, empezaron a falar e a coñecérense, e descubriron que aos catro lles gustaba a música e rapear. Alí mesmo empezaron a cantar e os condutores botáronos do tren nas aforas de Bremen. Como non tiñan diñeiro empezaron a cantar na rúa. Á xente gustáballe moito, e pouco a pouco estiveron na boca de todos. Fixéronse moi famosos e quitáronlle o posto de estrelas da canción a outro grupo, a cinco músicos moi malos que para recuperar o seu posto fixeron varios roubos deixando probas que inculpaban aos rapeiros chegados de Pontevedra. Estes, deixaron de ser famosos por un tempo, pero despois de recoller probas que demostraban a súa inocencia, probáronlle á policía que non eran culpables daqueles roubos. Os rapeiros de Bremen volveron ser famosos e a outra banda foi ao cárcere.

Catalina Alarcón Torres

A PARRULIÑA FEAIlustración de O patiño feo

Hai moito tempo, había unha nena que vivía en Pontevedra. Sendo aínda unha nena mudouse cos seus pais a un país de África, e como a cor da súa pel era branca, todos se burlaban dela. A nena estaba moi triste, tan triste que fuxiu da casa.

Catro anos despois volveu a África. Cando volveu tiña a pel doutra cor, máis morena, e xa ninguén se burlaba dela. A súa nai preguntoulle como tiña a pel así, e a nena respondeulle que estivera todo ese tempo en Tenerife, a tomar o sol, durante catro anos.

Laura Carballo Luís.

A CARREIRA A LISBOA

Todo empezou aquela mañá, Manolo estaba a falar con Brais, e como non se entendían acabaron pelexando. Decidiron, por escrito, ir a Lisboa xunto ao seu mestre, que estaba de vacacións, para aclararse. Pero Manolo dixo que non quería ir con Brais por que era moi lento. Entón, propuxo:

-Pois facemos unha carreira e a ver quen chega antes.

Manolo respondeulle:

-Está ben, de acordo. vou gañar!

E a carreira empezou. Eles empezaron a correr. Brais corría co seu ritmo lento mentres Manolo xa ía moi, moi lonxe. Os afeccionados, que eran todos moi rápidos, foron directamente á meta para ver quen gañaba. Brais, que era moi intelixente, colleu un taxi e foi directo á meta, mentres Manolo se parou a beber e a descansar un pouco. No entrementres, Brais xa estaba na meta agardando por Manolo, que se ergueuse da súa sesta e, como aínda estaba un pouco durmido, se desviou do camiño, e nunca máis foi visto ata que apareceu en Nova Zelandia.

Marcos Blanco Novás

Obradoiro de Froebel 6º

ANIVERSARIOZ

Hai moito tempo, unha nena se perdeu en Pontevedra. Dorothea, a nena, estaba acompañada dos seus primos. Dorothea e os seus familiares tiñan que ir a casa do seu tío. No camiño encontraron unha anciá que insistía en que cambiaran de camiño, pero ignorárona e continuaron. Máis tarde, atoparon á mesma anciá que lles volveu dicir que foran por outro camiño, que chegarían antes. Non lle fixeron caso e seguiron. Ao chegar a casa do seu tío volveron a topar á vella na porta. Ela sostiña que o seu tío se mudara de casa. Volverona ignorar. Cando entraron na casa, o tío berrou -Non entredes na cociña. -Pero Dorothea entrou de todos modos e viu ao seu tío facendo unha torta de aniversario. Resulta que a señora intentaba deter a Dorothea para que ao seu tío lle dera tempo de preparar o seu aniversario.

Victoria Caro Barreiro

Seguide as pegadas do gran Rodari e animádevos a rescatar unha vella historia e contala en clave de hoxe en día.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: