Saltar ao contido

SABES AÍNDA MÁIS RESPOSTAS?

22 Xuño 2012

Un auténtico exercicio de coñecemento para todos os sabios que queiran demostrar o nivel de coñecemento sobre o mundo que nos rodea. Seredes capaces de resolver os novos enigmas que nos presentan os alumnos de sexto curso do CEIP de Marcón que nacen da lectura de Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches, de kalandraka Editora?. Estade atentos, non vos deixedes enganar, anotade as respostas a cada pregunta nun papel e despois comprobade as respostas acertadas no solucionario que hai despois da última pregunta. Enviádenos un comentario co voso nome no que nos contedes cantas preguntas acertastes. Sorte a todos.

1. Os animais recoñécense cando ven a súa imaxe nun espello?

a- Non, porque coa súa maneira de pensar cren que teñen outro animal diante.

b- Si, decátanse a partir de certa idade, pero non todos os animais se recoñecen a si mesmos.

c- Non, soamente hai que observar como reacciona un gato ao ver a súa imaxe nun espello.

Tamara Silva Pereira

CEIP Marcón, 6º

2. Cantos pelos ten un home no corpo?

a- Arredor de 5 millóns.

b-4 millóns contandoos todos menos un.

c-7 millóns aproximadamente, sen contalos todos.

David Casqueiro

CEIP Marcón, 6º

3. Porque as plantas carnivoras teñen tanto apetito?

a- Porque teñen fame, entón comen o que encontran.

b- Porque non lles chegan as sales minerais, entón usan outra técnica: dixerir presas.

c- Porque en vez de seren herbívoras volvéronse carnívoras.

Sara C. I.

CEIP Marcón, 6º

4. En 1850, cantos coellos había en Australia?

a- en 1850 non había ningún coello en Australia, porque non eran orixinarios de alí.

b- En 1850 había máis de mil coellos en Australia, poque unha persoa chamada Thomas Austin trouxera moitos coellos ata Australia.

c- Non había ningún coello en 1850, por culpa dunha enfermidade que os atacara, chamada mixomatose.

Irene Villaverde Villaverde

CEIP Marcón, 6º

5. Canto tempo terían que durar as túas vacacións, se as quixeses pasar en Marte?

a- Non se pode viaxar a Marte.

b- 6 ou 8 meses de ida e de volta, e outros 6 ou 8 meses. (dous anos)

c- 1 minuto de ida e outro minuto de volta. En Marte podes estar todo o tempo que queiras, é moi sinxelo viaxar a Marte.

Andrea Pintos Cores

CEIP Marcón, 6º

6. Porque os humanos non teñen alas no lombo?

a- Porque nos desapareceron no proceso evolutivo.

b- Porque non está inscrito no noso ADN e se fose semellante ao dun mosquito si as teriamos.

c- Porque as células voan e depende se teñen alas ou llas cortamos.

Pablo Gómez Suárez.

CEIP Marcón, 6º

7. Pódese aprender mentras durmimos?

a- Si, porque mentres durmimos as zonas activadas durante a aprendizaxe reactívanse. Durante a noite a aprendizaxe se consolida.

B-Si, porque mentres durmimos nos volvemos sonámbulos e empezamos a estudar.

C-Si, o que pasa é que pola mañá seguinte non te acordas de nada.

Manuel Fernández Míguez.

CEIP Marcón, 6º

8. Pódese un reencarnar en diamante?

a- Non, porque o diamante faise a partir dun bañado de cor prata brillante.

b- Si, porque existe unha empresa americana que cando unha persoa falece e a incineran, a empresa proponlle á familia recuperar 200 gramos de cinzas para facer diamantes.

c- Si, pero para facer o diamante necesítase o corpo do falecido sen incinerar.

Paula María Torres Juncal.

CEIP Marcón, 6º

SOLUCIÓNS:

6b-1b-7a-3b-4a-8b-5b-2a.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: