Saltar ao contido

PERDIDOS E SEN RUMBO

20 Xuño 2012

A partir da lectura de Cans de ribeira, de Katja Ghermann, Kalandraka Editora, os alumnos de quinto curso do CEIP de Santo André de Xeve achégannos ás historias das mascotas que son abandonadas. Historias tráxicas pero que ás veces, só ás veces, teñen un final feliz…

Chámome Marcos e son un peixe de cores. Mercáronme un día nunha tenda de animais. Trouxéronme nunha bolsa de plástico transparente e botaronme nunha peixeira redonda e de cristal. Uns días despois entereime de que o meu dono se chamaba Xoán. Eran un rapaz listo, delgado e moi responsable.

Pero o tempo foi pasando e Xoán coidábame cada vez menos. Un día, os seus pais decidiron tirarme a un río. Eu non sabía sobrevivir só alí. Un día encontreime nun sitio inmenso e, se non me equivocaba, chamábase mar. Alí atopei a moitos peixes distintos a min. A unha familia de peixes deilles pena e decidiron acollerme na súa casa. Dende entón son moi feliz con eles.

Marcos Casal Fontán

CEIP Santo André de Xeve 5º

A VISITA A MADRID

O día sete de xullo, en Pontevedra, a miña familia deicidiu ir a Madrid. Non quixeron levarme, non deixaron comida ningunha. Despois de que arrancasen o coche, aburrinme moito. Un paxaro coma min, sen a súa familia, abúrrese moi rápido. Decidín abrir a gaiola e escapar, pero a ver que fago eu? Fun ver un amigo meu. Díxome que estar abandonado é brillante. Así que sen dubidalo máis estendín as miñas alas e botei a voar rumbo contrario ao que levaba a miña antiga familia, e despois de varios días de camiño, cheguei aquí, a París, onde vivo agora mesmo e onde formei a miña propia familia.

Esteban Villanueva.

CEIP de Santo André de Xeve 5º

UN CAN PERDIDO NA PRAIA

Era un día de verán. Eu estaba na praia cos meus donos xogando cando de súpeto quedei durmido. Despois dun bo rato espertei, era de noite e os meus donos xa non estaban. Eu asusteime. Estaba só na praia, que medo! Cando amenceu marchei da praia a buscar un refuxio. Estaba buscando e encontrei unha nena chamada María. Estaba algo triste e eu animeina, cando xa resplandecía un sorriso na súa cara, puxémonos a falar. Ela contoume que se perdera e eu exclamei: Pois imos buscar aos teus pais!. Buscamos no parque, na praia, no peirao e en moitos sitios máis, pero non había rastro. María volveuse poñer triste, choraba e choraba. Dei a volta para buscar algo con que animala e de súpeto vin un cartel que puña:

“Búscase nena perdida. Os que a vexan chamen á policía”.

Díxenlle a María que dese a volta. Cando o mirou púxose a buscar unha cabina de teléfono e chamou á policía. María reencontrouse cos seus pais e preguntoulles se podía quedar comigo. Dixéronlle que si. Ella púxose moi contenta e eu tamén. A partir dese momento vivimos moi felices.

Candela Fariña Castro

CEIP de Santo André de Xeve 5º

O HAMSTER VICENTE  

Chámome Vicente e son un hamster ruso, pero levo seis meses vivindo abandonado nun pequeno monte de Pontevedra. A miña vida é un pesadelo porque corro moitos perigos onde vivo. Todos os días o meu corazón chora con penuria; non teño onde comer, non teño onde durmir e non teño con quen xogar. O meu amo Xosé deixoume tirado e non sei o por que. El brincaba comigo, dábame lambetadas de chocolate á hora da merenda, e cantábame cancións todas as noites.

Pero agora, estou só… non teño quen brinque comigo, non teño lambetadas de chocolate e non teño quen me cante. Estou buscando un novo dono que me queira como son, pero neste lugar só hai árbores, plantas, arbustos e porcallada. Tan só desexo que se ti les este conto, me busques no monte de Xeve, alí estarei eu agardando por unha vida mellor.

Andrés

CEIP de Santo André de Xeve 5º

TRISTE PAPAGAIO ABANDONADO   

Foi o día máis triste da miña vida. Xa non recordo se eran finais de xuño ou primeiros de xullo. Só recordo que era un día de moitísima calor. A familia coa que vivira os últimos trinta anos da miña vida quería ir de viaxe. Había uns meses que lles tocara a lotería e non era pouca cantidade, penso que debían ser uns trescentos mil euros. A viaxe que planexaban era ao Caribe. Eu acordábame dun can chamado Curro que sae moito na tele. Alí estará con eles. Pensaron que facer comigo. Buscaron a alguén con quen deixarme ata o regreso. Falaron coa veciña Lola e díxolles que non podía quedar comigo porque era alérxica aos papagaios. Menos mal, porque Lola ten un gato malísimo que me odia! Falaron coa avoa Lita e tampouco podía porque tiña que coidar do avó no hospital. Despois de moitas discusións decidiron darme a liberdade… Maldita liberdade! Eu nunca quixen ser libre. A liberdade ten moitos riscos e hai que gañarse a comida todos os días. A rúa está chea de perigos e chegar vivo ao seguinte día é todo unha aventura. Aquel día foi o día máis triste da miña vida, a pesar de conseguir un tesouro: a liberdade.

Daniel Gutiérrez-Matunana Cortegoso.

CEIP Santo André de Xeve 5º

ABANDONÁRONME 

Son Zarpas, un gato que foi abandonado. Eu vivía feliz cos meus primeiros amos ata que un día se cambiaron de casa. Na casa nova non aceptaban animais, entón, os meus donos non o pensaron moito e deixáronme na rúa.

Paseino moi mal porque non tiña comida, ía moito frío e os coches me daban moito medo. Pero collín forza e continuei o camiño. Na viaxe encontreime con outros animais abandonados como o can Raspi, a gatiña Mika e o coello Orellas. Os catro fixémonos amigos e estivemos xuntos moito tempo.

Un día, intentando cazar, tropecei con Iago, un neno que lle gustan moito os animaias. El viume un pouco sucio e delgado e ofreceume un anaco do seu bocadillo. Eu acerqueime e collino. Entón el acariñoume con moito cariño. Despois levoume á súa casa, onde me coidaron moito. Alí me quedei e agora son moi feliz coa miña nova familia. Estou seguro de que eles nunca me abandonaran.

Esteban Somoza Poceiro.

CEIP de Santo André de Xeve. 5º

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: