Saltar ao contido

NOVA EXPEDICIÓN QUE DESCOBRE A FANTÁSTICA FAUNA URBANA

14 Xuño 2012

 

Os exploradores do CEIP Froebel describen especies que, como os ferreiros ou os carboeiros, habitan dende hai tempo nos parques e nos xardíns da cidade.

 O MECÁNICO

Vive nunha caixa de ferramentas e acostuma tomar longos baños de aceite e valvulina os sábados e os domingos. Dirixe sempre as ferramentas. Come torcas e parafusos, a excepción dos fins de semana, nos que se alimenta de espárragos con arandelas, cun chorriño de aceite 5W30. O camiño da súa casa está cheo de alicates e sempre atopa unha veciña á que non lle entende nada: a chave inglesa. Dorme nun cárter moi cómodo. Felices soños!

Raquel López Fraguas

CEIP Froebel, 6ºB

O XORNALISTA

Vive en revistas e xornais. Gústalle comer noticias de luns a vernes e, os fins de semana, novas de última hora. Son moi pouco sociables e as súas casas están feitas de papel. Normalmente adornan as casas con micrófonos e cámaras polo que, na miña opinión, se queredes ter privacidade non vos mudedes á Cidade dos Xornais. Normalmente, a casa do xornalista ten un salón cheo de novas importantes. O salón ten forma de letra A, a súa favorita. Tamén unha cociña feita de novas nacionais. Nunca a recolle porque gústalle tanto o seu traballo que pasa todo día buscando novas. O baño está feito de letras U e mais E. U na ducha e no váter, e a letra E para o chan e a forma do lugar. O cuarto ten forma de L e está decorado con papel “Pinocho”, que é o seu papel preferido. Normalmente adoita durmir nun D porque din que son moi cómodos.

Andrea García Chantrero

CEIP Froebel, 6ºB

O MARIÑEIRO 

É grande e moi forte. O seu niño ten forma de barco, está feito de metal e sumerxido baixo o mar. O mariñeiro aliméntase doutros peixes como a sardiña, o seu manxar preferido. Ás veces, cando pode, mata algunha quenlla para comela, pero nunca o fai no propio lugar; lévaas á súa gorida para zampalas. O mariñeiro vixía sempre ao seu redor para que ninguén o poida atacar. Non é un ser moi sociable e ás veces sae á superficie, onde non pode estar máis de dez minutos sen morrer. Os domingos vólvese moi preguiceiro e pode botar todo o día durmindo na súa cama, que tamén é de metal, ou mirando o mar pola gran fiestra que ten na casa.

Estefanía Couto Lozano

CEIP Froebel, 6ºB

O CARPINTEIRO

O carpinteiro é un animal moi traballador. Traballa todo o día arranxando casa e portas. Pola noite vai ao seu fogar que está feito de martelos, parafusos, serras (sen puntas, para non mancarse) e, o máis importante, moita madeira. Sácaa das árbores que tala grazas ao seu peteiro longo e forte co que tamén lle da forma. O Carpinteiro recoñécese por un trazo moi singular: a súa cola. Ten forma de martelo e utilízaa para espetar parafusos e defenderse dos depredadores (a martelazos!). O carpinteiro dorme nunha cama de madeira de piñeiro moi fina que non manca a súa pel grazas a que ten o corpo cuberto de plumas. No baño, o grifo é tamén de madeira, polo que só é de adorno. Cando chove, bebe dun burato feito no teito poñendo un caldeiro debaixo almacenando logo a auga na bañeira. Na cociña, fai para comer madeiras de todo tipo: piñeiro, carballo, de castiñeiro…Prepáraa co seu peteiro utilizando un espello para reflectir o sol e quentala. Cando ten tempo libre segue construíndo a súa casa que, ás veces, cambia de lugar.

Ana Monteagudo Cabrera

6ºB CEIP Frioebel

O AVOGADO

O avogado vive só e acostuma rodearse de outras moitas especies. O seu principal inimigo é o fiscal. O avogado aliméntase de datos do culpable. Absorve no seu intestino a culpa, o principal nutriente que precisa. Os avogados divídense en dúas familias: avogado privado (avogadus común) e avogado público (avogadus di oficius). A principal diferenza é que o primeiro é máis comedido nos seus actos. Vive nunha casa en forma de maletín coa fachada negra e entrada lateral. A saída de emerxencia atópase no teito, por onde sae en parapente. Utiliza esta saída para ir traballar. A cor negra da fachada débese a que utiliza peles de gatos negros ou doutros animais desta cor para recubrila. O seu amigo, o ferreiro, axúdalle a fabricar a asa da súa casa.maletín.

Manuel Omil Vazmediano

6ºB Ceip Froebel.

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: