Saltar ao contido

MÁIS BECHOS CON LETRA

14 Xuño 2012

Os alumnos do CEIP de Cabanas-Salcedo ofrécennos unha nova xeira de bechos con letra, unha marabillosa fauna descuberta na investigación realizada nos obradoiros que Kalandraka Editora realizou para a campaña de animación á lectura O CARTAFOL DO LÉREZ, da Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra. Descubride cal é a letra que hai na alma de animal. Todos temos un monte de letras inscritas no noso ADN, cal é a túa?

A GAPOSA

A gaposa era graciosísima, tan graciosa que o seu gran gardarroupas era gris. Pero Gaposa non era moi grande e tivo que ir á gardería. Alí coñeceu un ganso belga e un gardacostas. Foron en grupo a un galiñeiro e coñeceron unha galiña, un granxeiro e un galgo galego. Cearon ganso belga con garavanzos. A gaposa fala galego.

Ana Peón Pousa

(CEIP Cabanas-Salcedo, 5º)

O IBIS

O Ibis é unha icona que vive nos iglús nos lugares ilimitados. Un día, o ibis foi a unha illa iemení iluminado con ilusións imaxinarias. O ibis era un impávido de imitación. O ibis imperaba con impericia e no imperio implantou un imperativo.

Ainhoa Couso Orge

(CEIP Cabanas-Salcedo, 5º)

PAKUK

Pakuk sabe karate e canta no karaoke. Ten o seu karma moi alterado por unha carreira de karts cerca de Kioto. Coñece un koala que vestía un khi. Foi co koala e co kiwi ao Kremlim.

Verónica Rodríguez Cardona

(CEIP Cabanas-Salcedo, 5º)

O UATO

O uato tivo que ir á universidade universal. Nas aulas atopouse cun unicornio chamado Undade. Un unicornio único e ultravioleta. Montouse no último ultramarino umbilical antes de que lle dese unha úlcera. Vestiu o uniforme universal e mordeu a unlla que era urxente utilizar.

Raquel Rosales Esévez

(Ceip Cabanas-Salcedo, 5º)

A WOMBA

A womba bebe whisky cando ve westerns. A súa especialidade é o waterpolo, e o único que sabe dicir é: wau!. Gústanlle as películas de Washington, a música de Wagner, dicir wau por walkie-talkie e o windsurf.

Jonathan R. M.

(CEIP Cabanas-Salcedo, 5º)

 

 

 

E se che parece que este catálogo zoolóxico rematou aquí, estás moi equivocado, os alumnos de sexto curso descubriron unha nova serie de animais. Atrévete ti a facer a súa ficha zoolóxica usando a letra que levan dentro:

 O DEFANTE

 

Carmen Campos Lesta

O MIMA

 

Iciar Iglesias Díaz

A NÉKORA:

 

Xiao Portela Rivas

O LEIXE:

 

Estela Justo Lope

A XARAFA

 Lucía Omil Santiago

A XIGAFA

 Jasmin Santos

Facede vós novos deseños e enviádenolos a O Cartafol do Lérez. Quen sabe, igual conseguides ampliar a fauna ortográfica mundial.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: