Saltar ao contido

SABES TODAS AS RESPOSTAS…?

5 Xuño 2012

Atrévete a probar a túa valía como coñecedor do mundo que nos rodea e responde a estas preguntas. Pero con coidado, os investigadores de sexto curso do CEIP de Vilaverde Mourente non o puxeron nada fácil.  Anota as dez respostas nun papel e despois comproba cantas acertaches, a solucións están debaixo da última ilustración. Mándanos os teus resultados nun comentario co teu nome. Quen será o que máis respostas adiviñe?

 

1. Cal é o tamaño dunha cagada de balea?

a) Unha cagada de balea mide tanto como a mesmísima balea.

b) Unha cagada de balea mide tanto como o que pode chegar a medir a dos seres humanos, aproximadamente tres centímetros de ancho e catro ou cinco de longo.

c) Unha cagada de balea mide sobre uns vinte e cinco centímetros de ancho e varios metros de longo.

2. Por que as plantas carnívoras teñen tan bo apetito?

a) As plantas carnívoras teñen tan bo apetito porque viven en lugares onde non hai terras fértiles.

b) As plantas carnívoras teñen tan bo apetito porque son moi grandes, e os seus estómagos precisan moita comida.

c) As plantas carnívoras teñen tan bo apetito porque sempre viven en zonas desérticas.

3. Que cousa hai no corpo humano que mide cen mil quilómetros de longo?

a) Non hai nada desa lonxitude.

b) Os vasos sanguíneos dos homes adultos.

c) A columna vertebral dun xogador de baloncesto.

4. No espazo, canto pesaría un buraco negro do tamaño dunha bola?

a) Non pesa nada porque non existe un buraco negro desas características.

b) Seis billóns de toneladas.

c) Máis ou menos o que pesa un autobús de escola.

 

5. Que especie animal representa o oitenta por cento da masa total de animais terrestres?

a) A resposta atópase no mar, a especie animal é a balea.

b) A resposta non se atopa nin no aire nin na terra, senón por debaixo dela. Son as miñocas.

c) Son os golfiños, xa que hai máis de duascentas especies distintas.

6. Canto pesa unha nube?

a) Todas as nubes pesan o mesmo, máis ou menos, un quilo e medio.

b) Depende do tamaño da nube, pero se a masa mide un metro, pesa aproximadamente un quilogramo.

c) Depende da nube pero, se a nube mide un metro, a nube pesa un gramo, se a nube mide trece metros, a nube pesa trece gramos.

7. Por que bailan as abellas?

a) As abellas non poden bailar.

b) Para saber onde se atopa a fonte da súa comida.

c) Para marear os seus inimigos, así dálles tempo a fuxir.

8. No tempo en que les esta pregunta e a súa resposta, cantos seres humanos nacerán na terra?

a) Nacerán sesenta bebés, un por cada minuto.

b) Nacerán tres mil seiscentos nenos, un por cada segundo.

c) Nacerán douscentos cincuenta e dous bebés.

9. Pódese volver atrás no tempo?

a) Existe en efecto unha máquina, o telescopio, que nos fai viaxar no tempo, pero ao ver estrelas que teñen miles de anos.

b) Non, dise que houbo persoas en Brasil que o conseguiron tras moitos esforzos.

c) Posiblemente en miles de anos se consiga ese gran triunfo.

10. Canto custa transformar o chumbo en ouro?

a) Tes que chamar os alieníxenas, entregarlles un millón de euros e pedirlles que o fagan coa súa maxia alieníxena.

b) Faise nas centrais nucleares cun acelerador de partículas, pero para un gramo de ouro a máquina tería que e star funcionando anos e non valería a pena.

c) Non é posible.

Solucións:

1c, 2a, 3b, 4b, 5b, 6c, 7b, 8c, 9a, 10b.

Advertisements
3 Comentarios leave one →
  1. Pablo, de Moaña. permalink
    7 Xuño 2012 22:17

    Acertei 5 respostas.
    Impresionante o dato das Lombrijas.

  2. Barri permalink
    8 Xuño 2012 11:18

    Eu só acertei 5… Terei que seguir estudando para mellorar en vindeiras edicións…

    Felicidades polo Cartafol.

    Saúdos.

  3. Lore permalink
    8 Xuño 2012 11:24

    Eu tamén acertei 5!!!
    Espero que fagades máis preguntas para que poidamos seguir aprendendo cousas curiosas!

    Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: