Saltar ao contido

UNHA HISTORIA DETRÁS DE CADA CADRO

4 Xuño 2012

O museo de Pontevedra garda fantásticos segredos agochados detrás das súas obras de arte. Os nenos e nenas de 6º de primaria do CEP Marcos da Portela e do CEIP San Martiño elaboraron as súas propias creacións a partir dalgunghas das máis representativas.

Negriño en Nova Iorque, Castelao.

A primeira vez que Sama chegou a Nova Iorque era un home triste que sentía morriña da súa familia. Co tempo, Sama buscou traballo como albanel. Fixo poucos amigos porque era doutro país, e sentíase só. Botaba de menos aos seus pais que xa eran moi velliños.

Esa tristura reflectíase na súa cara por onde el fose. Un día Sama, sentado nunha cafetería, atopouse con Castelao, un famoso pintor. Fixéronse amigos, contoulle a súa vida, de onde viñera, como vivía en Senegal, e por que foi a Nova Iorque en busca dun traballo para axudar á súa familia. Entón, Castelao, como era unha persoa boa, buscoulle un emprego nunha oficina para poder vivir unha vida mellor.

Castelao antes de morrer deixou un cadro pintado por el na honra do seu amigo, cunha frase que dicía “Aínda que somos diferentes, podemos ser amigos”.

Dende ese día, Sama xamais sentiu nostalxia.

 Fouzia El Hamdaoui.

CEIP Marcos da Portela, 6º

Mariñeiro Cego, Castelao.

O vello máis respectado da vila era un cego mariñeiro, un grande experto no seu oficio. Traballaba de sol a sol dando bos consellos aos máis novos. Un fatídico día, cando tiña sesenta e tres anos, recibiu un forte golpe na cabeza mentres faenaba na súa gamela, que lle fíxo perder o sentido da vista. Nunca o recobrou. Dende aquela, ao amencer, escoita o ruído do mar sentado á súa beira, preto da súa barca, coa cabeza alzada, para que no rostro lle caian os primeiros raios da alborada.

 Iván Baqueiro.

CEIP Marcos da Portela, 6º

 Traxe de buxio, Manuel Torres.

Atei o meu traxe de mergullador a unha gran pedra cunha corda dándolle dúas voltas e poñendo o casco no chan. Pola mañá non recordaba que o deixara así para que secase. Lucía en cores claras co pescozo vermello e sen cabeza. Levei un gran susto! Semellaba un alguén degolado deambulando polo meu sobrado.

Cristofer Romeiro Guti.

CEIP Marcos da Portela, 6º

Mercado, Carlos Maside.

Un día miña nai mandoume ao mercado. Ao chegar, vin unha muller falando e outra cun bebé no colo mirando os queixos. De súpeto, chegou outra señora que levaba un cesto con roupa na cabeza. O neno tiroulle a tina de roupa e comezou a pelexa. Unha delas dicía -Coidado co bebé! -. E a outra -Síntoo señora, é un bebé e non sabe o que fai-. Estiveron así un bo rato. Eu pensaba para min: Guerra de señoras!. Pero sabía que iso estaba mal. Metinme no medio delas e berrei –Parade! -. As señoras pararon, pero… de moi mala gana. Así que a única maneira de solucionalo era falalo. Pedíronse perdón. Comprei o que tiña que comprar e marchei, pero de alí a uns segundos… – Guerra de vellas! -. Eu por se acaso, saín de alí pitando!!!

Paula Camiña Filgueira.

CEIP Marcos da Portela, 6º

Paisaxe mariñeira, Novoa.

Unha noite de verán, desas noites nas que a calor faise insoportable, estaba tentando durmir cando de súpeto veume unha imaxe á cabeza. Era unha paisaxe fermosa, con moita xente, un porto e moitas casas. Ao día seguinte, deume por retratar esa imaxe e pintei un cadro dun un porto con catro barquiños, persoas, e ademais unhas casas baixiñas con ventás e soportais, e tamén unha igrexa ao fondo. Ah, que non me esqueza!, cunha cor que me trae moita paz.

Adrián Freire Antas.

CEIP Marcos da Portela, 6º

A taberna, Anónimo.

Nun lugar moi lonxano, pasaba un duque de visita coa súa filla. Aburríase no castelo e foi á cidade, a ver como pasaban o tempo de lecer. Vira xente vestida con roupas escuras, casas pequenas…O duque entrou coa súa filla nunha taberna. Nas paredes había xerras colgadas. Tamén había un cego que tocaba na guitarra a canción máis bonita que coñecía. Fascinado, vendo como gozaba a súa filla, vendo como o taberneiro preparaba a bebida, amodo e suavemente, quixo que o retrataran, nese momento, para poder recordar ese precioso instante.

Nieves Sánchez Ron.

CEIP Marcos da Portela, 6º

De par en par, Gillermo A. Monroy

Un día de primavera, Guillerme, recibiu a mala nova de que a súa nai morrera. Como herdanza deixáralle a casa na que Guillerme se criara con ela.

Tristeiro, foi á súa habitación e sentado,dende a cama, observou a ventá. Lembrou cando a súa nai lle dicía que se lle cantaba a todo o que se podía ver por esa ventá, nunca lle pasaría nada malo. Entón, ocorreuselle unha idea: pintaría un cadro desde ventá, para el máxica, en honra á súa difunta nai. E esta é a razón pola que fixo este cadro, ou, polo menos a que eu imaxinei así.

 Lara Valiñas

CEIP S. Martiño, 6º.

Interior da fábrica de tabacos de Sevilla, Gonzalo Bilbao.

Era unha vez, hai xa moitos anos en Sevilla, unha nova fábrica de tabacos. Era moi fermosa, toda a xente que vivía nesa cidade ía alí a comprar tabaco. Había uns cento cincuenta traballadores. Tiña dous andares, máquimas de todo tipo e sobre todo tabaco a montóns.

Despois de moitos anos traballando aprobouse unha nova lei que non gustou a ninguén . A lei consistía en que non se podía fumar en toda a cidade. Se alguén fumaba ía ter un castigo e así, ninguén se atrevía a fumar. Os que traballaban nesa fábrica ían enfadándose,  porque a xente non compraba tabaco. Tamén tiñan menos soldo e a algúns foron despedidos. Pasaron así algúns anos ata que a fábrica pechou.

Laura Argibay Porto

CEIP S. Martiño, 6º.

Logo destes suxestivos relatos… non o dubidedes! Acudide coas vosas familias a visitar o Museo onde vos agardan as obras que inspiraron estas historias e moitísimas máis sorpresas.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: