Saltar ao contido

ANIMAIS AFRICANOS…EN PONTEVEDRA!

4 Xuño 2012

 

As peripecias de Manchas, o protagonista de Cans de Ribeira, inspiran aos nenos e nenas de 5º do CEP Marcos da Portela para crear máis contos con conciencia. Pero desta volta con protagonístas máis exóticos.

REI, O LEÓN.

Chámome Rei, son unha cría de león e vivo cos meus país na sabana africana. Hoxe é o meu primeiro día de caza, es estou moi ilusionado, síntome moi feliz porque por primeira vez vou cazar só. Podo correr e escoller a miña presa.Hai alguén que me persegue. Xírome atento e atrápanme. Estou mareado e sinto un pinchazo. Cando acordó, atópome nun lugar descoñecido: hai moita xente, ruído, e outros animais ao meu arredor. A algúns os coñezo, a outros non. Vexo elefantes, tigres, xirafas, monos…Estou asustado, non podo saír, quero fuxir pero non podo. Recordo que cazaba coa mi nai, -o arrecendo da mi nai- podía correr e correr. Agora non podo moverme, só ao arredor desta pequena gaiola. Véñenme visitar, non comprendo o que me din e póñome nervioso e rompo a chorar.Cando abro os ollos descubro á miña nai, lávame e acaríñame, todo volve ser igual. Esto una sabana, a miña casa; e podo correr! Son libre!

Cristian Rodríguez Rey

UNHA SERPE LONXANA.

Un día, estaba eu, una serpe verde e silandeira, durmindo na miña póla, cando alguén me colleu cun aparello, que co durmida que estaba non sabía nin notaba o que era. Cando pasaron unas poucas horas, despois daquel acontecemento, espertei. Estaba nun sitio xamais visto por min. Era un lugar espacioso e branco. Non tiña ventás, e a porta abría cun contrasinal electrónico. Eu estaba moi asustada. Empecei a chorar, pero de súpeto, apareceron uns señores vestidos de braco, e con luvas tamén brancas e colléronme e meteronme nunha caixa moi pequena. Case non collía alí. Despois leváronme a outro lugar. Cando abriron a caixa estaba nun laboratorio. Colléronme pola boca, e quitáronme o veleno, e metéronme noutra espaciosa caixa de cristal. Tiña pequenas rochas e pólas. Despois empezaron a falar e como eu non podía oílos, non sabía o que dicían. De súpeto foron a todo correr á porta, e alí apareceu una señora vestida de pantalóns verdes e camisa curta. Foron xunta min e colléronme, e metéronme nunha gaiola. Cando me din conta estaba nun piso, e despois de pensar un pouco, souben o que estaba a pasar.

As cousas alí non eran iguais. Xa non podía cazar, dábanme de comer carne pasada de xabarín, e durmía nun abultado sofá. Quería marchar de alí, pero era imposible. Unha semana despois, a señora marchou comigo, e deixoume no céspede da rúa. Eu estaba contenta, por fin estaba libre, pero non foi así. Tiña fame e sede, e cando estaba a punto de morrer, os señores de branco volveron aparecer. Colléronme e devolvéronme á selva, a África. Cando llo contei aos demais, a través de debuxos que pintei na terra, todos me felicitaron. Pero iso non era o importante, o que máis importaba era que xa estaba libre.

Noelia Villaverde Moldes

LOLA SÉNTESE RARA.

Eu chámome Lola, a elefanta, e vivo cos meus donos nunha finca enorme. Un día, os meus donos, dixéronme que iriamos ao circo. Eu fun, porque pensaba que era un bosque, pero resulta que non, que non o era. Cando cheguei metéronme nunha gaiola moi pequeña. Eu estaba incómoda porque non estaba acostumada a estar nun sitio tan pequeno. De súpeto os meus donos marcharon de alí e eu pensei que foran buscar algo á casa, pero nunca máis volveron, e eu quedei alí, cos outros animais abandonados, e viaxando de lado a lado facendo rir á xente.

Tania Torres Lagos

ASÍ CHEGUEI A PONTEVEDRA.

Ola, chámome Daka. En realidade o meu nome é Dakaria, pero prefiro que me chamen Daka. Son un leopardo que vivía en África. Agora vivo en Pontevedra. Vouvos contar a miña historia.

Eu era pequena cando empecei a cazar. A carne de ñu é a miña favorita. Un día pola mañá, Sofía, o meu irmán maior Xoán e o meu irmán pequeno Marti, saímos de excursión. Eu, coma sempre, despisteime e saín do grupo. Dalí a un rato esperei a ver se viña a miña nai. En vez dela, veu unha rapaza que me pareceu moi amable. Achegouse a min, pero eu fuxín xa que tiña unha fame tremenda, e vin un ñu. Despois volvín de cara a ela. Ela colleume en brazos e díxome –Ola, chámome Maru. Nese momento caín ao chan. Caín porque a miña nai por pouco morde a Maru. Eu díxenlle á miña nai que Maru non facía nada, e que ademáis me daba caricias. Maru díxome –Queres vir comigo a Pontevedra?. Eu pregunteille á miña nai se podía e acclarei: –Virei vervos de cando en vez. Viaxamos nun tren, algo rarísimo para min porque non o coñecía.

É así como foi que vin a Pontevedra.

Carmen Pazos Freire

A CIDADE E MAIS EU

Ola, son o guepardo Gustavo, e o meu soño era ir á cidade porque estoba moi aburrido da selva e quería probar cousas novas. O que me pasou foi isto: un día, levanteime nun xardín que estaba nunha casa da cidade de Pontevedra. O que ocorreu foi que unha familia que foi de safari á selva adoptoume e levoume para a súa casa. Agora aquí estou, cos meus amigos os pombos e as pombas, e unha gatiña que coñecín que resulta que é a do veciño. A cidade é moi bonita e dánme moi ben de comer. Encántame, o meu soño cumpriuse.

Aída Pimentel Diéguez

One Comment leave one →
  1. andres permalink
    9 Abril 2013 08:24

    el mas guay es el de tania torres lagos los demas son un aburrimento

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: