Saltar ao contido

TITULARES A FORZA DE TESOURAS

23 Xuño 2011

Alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Santo André de Xeve participaron neste novo número do CARTAFOL cunha divertida e orixinal proposta. Provistos de tesouras e cola, estes fantásticos xornalistas crearon novos titulares a partir das cabaceiras da prensa diaria. Velaquí unha mostra:

Redacción Xeve. O AVE é un tren que corre coma un paxaro. Como ás veces van moitos nenos e nenas no tren, decidiuse crear escolas infantís para que, mentres viaxan, poidan estudar e aprender. É unha boa noticia.

Ana María Prado Gómez, 5º.

Redacción Xeve.O goberno di que Betanzos é de Asturias. Non sabemos que pasará. Quérena porque hai unha terra “moi fértil”. Nas ecolas non o van permitir. Están recollendo sinaturas por toda Galicia. En Asturias están de acordo niso; queren esa terra, eles tamén loitan por ela. Un neno na escola do CEIP Santo André de Xeve fai unha declaración:

-Non pensamos en perder unha terra tan querida.

Mañá ás 13:00 o alcalde da Coruña dará unha charla aos coruñeses; tamén está pensando traer xente de toda Galicia. Ata os galegos que viven no estranxeiro. Non o van consentir.

Andrea Sartier Solla, 5º.

Redacción Xeve. O demo fixo un negocio coa Nasa e díxolle: se non me dades un cohete o sábado ao inferno, imos destruir a Nasa. Os negociadores fixeron o trato con el porque tiñan moito medo. A maioría da xente quere cerrar o trato canto antes mellor, pero non entenden por que o demo quere un cohete. A maioría da xente pensa igual que o presidente, que se quere mudar do país. Aínda que o demo non está de acordo co seu amigo, outro demo terrorífico, porque o seu amigo non quere un cohete, que quere unha nave. A algúns nenos parécelles divertido porque nunca viran un demo, pero os pais dinlles que isto non é ningunha diversió, que lles pode destruir todas as casas que estean cerca da Nasa.

Nicolás Crespo , 6º.

Redacción Xeve. O novo campamento de Arte da Coruña, situado ao lado do campo de fútbol Riazor, ofrece diversas actividades lúdicas, que se comezaron a facer en familia, ou acompañados por un guía, que lles pode ensinar os distintos cadros do museo, o seu taller artístico e algunhas das súas fontes de inspiración. O encargado do museo asegura “que esta será unha gran fonte turística para A Coruña e que vale a pena visitalo, posto que é moi divertido”, e que os rapaces máis pequenos, se queren, poden quedarse na gardería do centro, debuxando, xogando ou vendo as diferentes películas infantís que hai.

Rubén Collazo, 6º.

No comments yet

Deixar un comentario