Saltar ao contido

NOVAS ACHEGAS AO PASADO LENDARIO DE PONTEVEDRA

8 Xuño 2011

Os alumnos de quinto curso do CEP Marcos da Portela, presentan desta volta a última achega ao pasado lendario de Pontevedra grazas á profunda investigación que levamos a cabo para O Cartafol do Lérez e guiados por Alberto Barreiro, monitor de Kalandraka Editora, nesta nova aventura promovida pola Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra.

Novas historias, novas lendas sobre os elementos artísticos e arquitectónicos da nosa cidade que hoxe nos presentan para que todos poidamos saír a dar unha volta por Pontevedra e volver a descubrir a nosa cidade, os seus recunchos máxicos, as historias que hai detrás dos seus muros. Saíde a dar unha volta, imaxinade novas historias e enviádenolas. No entrementres, botádelle un ollo a estas que nos ofrecen os nosos investigadores.

 

Conta a lenda que este animal fantástico viu de moi lonxe ata Pontevedra en busca de animais coma el, pois pensaba que na beira do río poderían atopar un lagar fermoso para vivir.

Pasou moito tempo saltando de tellado en tellado na procura dos outros animais da súa especie.

Un bo día, atopounos, pero eles non querían irse con el porque onde vivían os coidaban moi ben.

Por esta razón, decidiron facer unha estatua que o recordase. Din que todas as noites berra furioso sobre o tellado onde se atopa.

Amanda Torres Vargas

 

 

 

Conta a lenda, que hai moito tempo en Pontevedra, no museo, había unha figura de cinco persoas bailando. De fondo tiña como se fora terra recén labrada. No centro bailaba unha muller que era a gobernadora de Pontevedra, e a demais xente ao seu arredor eran os fillos dela.

Cando eu fun visitar o museo e mirei aquela figura, gustoume moito. Entón, ao día seguinte levei aos meus fillos e non lle gustou. Eu fixen unha figura parecida e leveina ao museo. Tanto lles gustou que quitaron a outra figura e puxeron a que eu fixera. Déronme duas centas pesetas para min.

Andrea Martínez Martínez

 

Había unha vez, hai moito tempo, na Pontevedra antiga, un señor chamado Luís Enrique de Bastos. Este señor descubrira unha torre no medio da Ría de Pontevedra, construída polas xentes do Imperio Xermano. Luís Enrique avisou a toda Pontevedra, e, todos xuntos, loitaron contra os xermanos. Ao final Luís Enrique foi asasinado polo máis leal dos xermanos. Pero grazas ao seu aviso Pontevedra conseguiu eliminar aos invasores.

Adrían Tesouro Sánchez

 

Hai moitos anos en Pontevedra existiu un pirata chamado Benito Soto. Era moi perseguido en Pontevedra porque era un asasino en serie. Os ingleses tamén querían matalo, pero Benito Soto era moi listo e moi dificil de atrapar. O pirata foi atrapado e asasinado polos ingleses. E para recordalo fixeron esa estatua en Pontevedra.

Roi Iglesias Vicente

Conta a lenda que hai moito tempo na aldea de Pontevedra, un gandeiro chamado Xosé tiña seis cabras. Unha mañá calquera, madrugou para muxir as súa cabras pero levou unha sorpresa, as cabras non estaban!

Xosé, desesperado, buscou e buscou as súas cabras. Por fin es encontrou, pero estaban presas en gaiolas ao lado dunha casa enmeigada. O gandeiro entrou na casa e unha voz estridente enxordeceuno dicindo:

-Se non me entregas as túas cabras morrerás antes de que o poidas imaxinar.

-Non, nunca che darei as miñas cabras- dixo Xosé.

Ao día seguinte o gandeiro empezou a encontrarse moi mal. De súpeto, un señor colleuno e inexplicablemente convertiuno en pedra. Dise polas aldeas de Pontevedra que o da casa enmeigada segue a roubar cabras, pero, para que? Por que? Aínda é un misterio…

Linda Victoria Percincula Martínez.

Había unha vez hai moito tempo un señor en Pontevedra. Era un señor de moita barba, había moitos anos que a deixara medrar. Desde pequeno sempre lle gustou ler e chegou a ler tanto que se fixo moi sabio. A xente non sabía ler. Algunha xente viña a xunta del e gustáballe o que el lles lía, e as convidaba a cear. En canto el empezou a falarlles, á xente gustoulle como era.

Entón, a xente decidiu facer unha estatua na súa honra.

David Miguélez Cao

E agora saíde, saíde, e buscade estas fermosas historias que se esconden na vosa cidade. Moita sorte.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: