Saltar ao contido

MÁIS CONTOS DA BARALLA

30 Maio 2011

    

Quen non pasou algunha tarde de inverno xogando á baralla cos amigos, pais ou avós? Se non é así, aínda estades a tempo de facelo e seguro que vos divertiredes moito. O caso é que dende hai moitos, moitos anos, os naipes serviron tamén para crear e contar historias protagonizadas polos máis variados personaxes  E isto foi o que lle propuxemos aos alumnos e alumnas de 5º e 6º curso do CEIP de San Bieito de Lérez. Seguide lendo e descubride outra divertida escolma de breves relatos que ben poderiamos ter escoitado ao carón da lareira.

DONA ESPADA.

Dona Espada era unha muller á que lle gustaba ser a mellor pero iso non era sempre posible. Un día chegoulle un telegrama que dicía: “Hai unha competición de adiviñas para homes e mulleres valentes na Biblioteca das Catro Espadas. De recompensa ao vencedor, un trofeo”. Cando Dona Espada viu o telegrama dixo:

– Esta é a miña oportunida de ser valente e de que neste reino remate o machismo.

Entón, ao día seguinte marchou cara a Biblioteca das Catro Espadas, que así se chamaba por un cadro enorme que había na entrada. Cando comezou o torneo, a primeira proba foi responder unha pregunta, a segunda unha sopa de letras. Ahí Dona Espada xa levaba dez puntos de diferenza cos demais. A terceira proba era unha loita con bastos da que saiu derrotada por pouco. Entón só quedaban dous participantes: Dona Espada e o seu maior inimigo, o Señor Fogo. A derradeira proba foi unha carreira. No primeiro metro, o Señor Fogo fíxolle a cambadela e os xuizes, ao veren iso, descualificárono e así gañou Dona Espada. Pero cando subiu recoller o trofeo…. acordou na súa cama¡ E colorín colorado, este conto está rematado.

Estrela Vilacoba Blanco, 6º.

A VIAXE DO REI

Ertase unha vez un rei tiña que facer unha viaxe para entragar seis moedas de ouro. Pero como non tiña quen o levara, contratou un cabaleiro que tiña un cabalo moi vello. Comezada a viaxe non é que tiveran moita sorte. Primeiro acabouselles o combustible e tiveron que para nunha “gasopradeira”, encheron a tripa do cabalo e seguiron a súa aventura. Nunha fochanca do bosque, o cabalo pinchou, é dicir, mancou unha pata. Chamaron á “cabagrúa”, levouno e continuaron andando e andando…ata que chegaron a unha gran cancela feita con dous bastos de pé. Entraron e resulta que a quen lle debía as moedas era á súa curmá, a Sota de Espadas que estaba necesitada de cartos porque que tiña tres fillos: Sota, Sotiño e Sotón.

Daniel Couto Iglesias, 6º.

O PIRATA EGOISTA.

Había unha vez un barco pitara que navegaba polo río Lérez. O seu capitán, o capitán Barbagrís, era moi egoista porque nunca compartía con ningún dos seus tripulantes os tesouros que atopaba. Ao principio, tiña máis de cen mariñeiros pero como estaban fartos de traballar tanto e non cobrar nada marcharon, e o capitán quedou con tan só seis. Un día ao rematar o traballo os seis piratas agardaron a que o capitán marchara e comezaron a falar sobre como poder gañar algo de diñeiro. Ramón dixo:

– Que tal se pola noite cando o capitán durma saímos buscar moitos tesouros para poder alimentar as nosas familias?

– Si-, dixeron todos.

Pola noite, cando Barbagrís durmía, os seis piratas saíron buscar tesouros. Cando xa conseguiran moitos, outros piratas nun barco moi bo e moderno con seis canóns atacáronos. Eles defendéronse, ainda que só tiñan tres canons. Abordáronnos e recuperaron o seu tesouro. Ao día seguinte Barbagrís, abraiado ao ver tantas riquezas, anoxouse moito con eles pero un dos tripulantes díxolle:

– Capitán, necesitamos o diñeiro para alimentar ás nosas familias, se non morrerán de fame.

– Si, necesitan comer-, dixeron os demais.

E o capitán dixo:

– Perdón, non sabía que necesitabades tanto os cartos.

E desde entón viviron felices e comeron troitas e salmóns.

Adán Portela Santos, 6º.

O ATLETA

Había unha vez, en tempos lonxanos, un atleta que era moi rico. Gastaba o diñeiro en cousas que non eran importantes e nunca compartía nada. Un día, nunha carreira, gañou unha copa e con esa xa eran cinco as que tiña. Pero ultimamente, sempre que corría nalgunha carreira, sempre quedaba segundo ou terceiro. Pensaba que tiña unha maldición. Daquela, un compañeiro recomendoulle que fose ao parque da Fonte das Catro Moedas, na que tiña que guindar cinco moedas para que a súa sorte cambiase. Como era moi avarento, custoulle moito traballo pero se quería que desaparecese o encantamento tiña que facelo. Así que o fixo e, de súpeto, desapareceu o encantamento e foi feliz porque comezou a gañar de novo. E colorín colorado, este conto esté rematado.

María Inés Vázque Ruibal, 6º.

A PRINCESA AVENTUREIRA

Érase unha ver unha princesa que vivía nunha fraga con dúas fervenzas. Chamábase Lucía e vivía nun castelo rodeado por un río de peixes das cores do arco da vella. Lucía era moi avantureira e un día, camiñando polo monte, perdeuse cando atopou un esquio que lle dixo:

– Que fas aquí?

– Busco a Fraga das dúas fervenzas.

– Ah, vale¡

– Poderías dicirme por onde se vai?

– Segue recto, e cando chegues á Encrucillada da Loba, viras á esquerda.

Continuou a súa viaxe e ao cabo dun rato atopouse cunha bolboreta moi fermosa. Como non lle gustaban as boblboretas colleu un pao e matouna. Chegando á encrucillada virou á esquerda e continuou o seu camiño. Por fin chegou á fervenza e atopou dúas covas: unha negra e outra dourada. Como o dourado era a súa cor preferida entrou nesta última. Ao fondo, viu un príncipe durmido, doulle un bico e espertouno. E dende aquela viviron para sempre felices no castelo.

David Lorenzo Abilleira, 6º

A OPORTUNIDADE DE VALERIA

Había unha vez unha rapaza moi pobre chamada Valeria á que lle gustaba moito cantar e actuar. Os seus pais traballaban limpando as escaleiras dos edificios e gañaban moi pouquiño, por iso Valería cantaba polas rúas e gañaba unha moeda de bronce cada día. Unha vez, pasado moito tempo, cando tiña vinte anos, unha discográfica escoitouna e doulle unha oportunidade. Estaba contentísima por atopar ese traballo tan bo e ao chegar a casa, chea de emoción, díxolles aos seus pais que ía ser cantante. Ao principio gañaba sete moedas de prata pero cada vez ía a máis e pronto chegou a gañar sete moedas de ouro. Tiña máis fama ca ninguén, fíxose millonaria e estaba contentísima porque de pequena era moi pobre. Contratárona para varias películas e foi moi feliz.

Carla Recarey Albite, 6º.

A SELVA ENCANTADA

Nun día de outono o rei Moediñas camiñaba dun lugar a outro cando atopou un lugar que semellaba unha selva de ouro. Na porta da entrada atopou seis moedas e seis copas que concedían desexos. Adentrouse na selva coas seis copas e nada máis entrar quedou coa boca aberta cando de súpero viu resplandecer unha luz. Era como unha carta preciosa con cinco espadas cunha fermosa empuñadura de ouro e un gume tan bo que cortaba ata o ferro. Foi adentrandose máis e máis ata atopar un pozo negro como o carbón e cheo de serpes moi perigosas. Utilizu unha das súas copas para trasformalas en papel e así conseguiu pasar o obstáculo e conservar o resto das copas para os seus antollos.

Axel Javier Leis lores, 6º.

   

O EGOISMO NON LEVA A NINGURES

Hai moito, moito tempo había un castelo chamado O Castelo das dúas Espadas, no que vivía un rei con dúas fillas. As fillas eran moi egoistas e querían todo para elas. A maior non lle prestaba nada a súa irmá pequena, nen sequera a roupa que non lle servía. O rei estaba moi desgustado porque pronto ía morrer e as súas pertenzas eran impares: as cinco copas. Pero elas non querían compartir. Un día o rei conseguíu alguns tesouros máis, catro espadas, pero as pertenzas seguían a ser impares. Aos dous días, o rei morreu e as fillas estaban tristes e nervosas porque unha levaría en herdanza máis ca outra. Cando abriron a carta que o pai lles deixou quedaron abraiadas, porque dicía: “Ningunha das miñas pertenzas vos darei se non aprendedes a compartir”. Ás rapazas saltáronselles as bágoas e prometeron levarse ben, e o egoismo desapareceu.

María Isabel Portela Tilve, 5º.

O PRÍNCIPE DO GOLF

Hai moitísimo tempo, un pequeño príncipe chamado Antón soñaba con xogar ao golf. Pero os seus pais, o rei Armando e a raíña Lucía non querían porque crían que non era un deporte propio dun príncipe. Pasaron días e unha fermosa princesa chamada Iria chegou ata o famosísimo castelo das Catro Copas, no que vivía o príncipe Antón. Iria namorou de Antón pero el non quería princesas nin nada, el só soñaba con xogar ao golf. Un día Antón preguntoulle a Iria:

-Ti axudaríasme a conseguir o meu soño?

E Iria contestoulle:

– Sí, pero cando o consigas, quererías casar comigo?.

Antón díxolle:

– Sí, claro que casaría contigo.

E así emprenderon unha viaxe ata un gran campo de golf, e Antón tivo que competir contra o famoso Arturo. Empezou a xogar e gañou moitas copas, polo menos sete, e moi contento casou con Iria e viviron moi felices.

María Andrade Abilleira, 5º.

O PRÍNCIPE E A DAMA

Nun lugar moi, moi lonxano vivía un príncipe chamado Chema. Habitaba nun castelo que tiña ao seu redor tres carballos. Un día pola mañá, cando o príncipe Chema estaba almorzando, de súpeto unha ra saltoulle na mesa e díxolle:

– Anda por aquí unha fermosa dama, quérela coñecer?.

– Por suposto, dixo o príncipe.

– Ségeme-, dixo a ra e levouno ata unha sala moi fermosa chea de xoias. No fondo da sala viu un cadro cunha fermosa moeda xigantesca, cando de súpeto entrou unha dama fermosa chamada Lucía que levaba un vestido vermello e uns zapatos de tacón.

– Queres vir comigo dar unha volta no meu barco?.

– Claro, pasareino xenial-, dixo ela. Pasearon todo o día e chegaron á casa de noite. Chema quedou na sala a pensar:

-Pedireillo ou non llo pedirei.

Á mañá seguinte Chema díxolle a Lucía:

-Queres casar comigo?

E Lucía dixo que sí e viviron felices para sempre.

Fátima Sineriro Míguez, 5º.

One Comment leave one →
  1. Cruz permalink
    20 Xuño 2011 19:24

    Noraboa os autores e autoras destas fermosas historias.
    Felices vacacións!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: