Saltar ao contido

NOVAS LENDAS PARA A HISTORIA DE PONTEVEDRA

31 Decembro 2010

Non deixedes de escudriñar no pasado lendario de Pontevedra grazas ás novas lendas que nos presentan os alumnos do CEIP de San Bieito de Lérez. Unha manchea de historias tiradas dos muros e das pedras da nosa vila e que nos faran viaxar a un mundo máxico e misterioso.

Estas novas lendas son o froito do traballo das nenas e nenos do CEIP San Bieito de Lérez, que traballaron arreo no obradoiro de escrita creativa que a editorial Kalandraka desenvolveu dentro da campaña de animación á lectura O CARTAFOL DO LÉREZ. Este obradoiro realizouse na fermosísima biblioteca que os rapaces e rapazas deste centro tiveron o orgullo de estrear este curso. NORABOA POLA VOSA NOVA BIBLIOTECA.

Sumerxídevos nestas historias e xa veredes como Pontevedra cambiará para vós a partir deste momento. Non esquezades saír a dar un paseo pola vila vella e buscar estes recunchos máxicos:

A muller boa 

Era unha vez unha muller moi boa, tan boa que ofreceu case toda a súa vida para satisfacer aos demais. Tiña un problema, pero nunca quixo contalo, quería moito aos nenos pero non podía telos. Cando ninguén a vía botábase a chorar.

Un día, mentres a muller durmía, unha fada achegouse a ela e a muller despertou e quedou abraiada. Nunca vira tal cousa.

A fada díxolle:

-Ti por ser tan boa concédereiche un desexo, ti só pídeo.

A muller respondeu:

-Eu só pido ter un neno, eu só quero ter un rapaz.

A fada transformou un boneco nun naipelo e a mesa nun berce.

A muller quedou moi contenta.

-Grazas- dixo a muller, -moitísimas grazas.

A fada tamén lle fixo unha escultura co naipelo no colo, e desde entón esa estatua quedou gardada en Pontevedra.

María Isabel Portela Tilve.

O príncipe Antonio.

Había unha vez unha vila moi afastada da cidade, por alá moi, moi lonxe… había casas coas súas tellas, coas súas cores… e todas de madeira.

Pero naquela casa non vivía calquera, porque había cincuenta anos existira un principe chamado Antonio. Antonio fora víctima dunha maldición, convertérase nunha gárgola.

Antonio vivía naquela casa, tiña unha filla fermosa, cos seus cabelos loiros e os seus ollos azuis. El dicía que o mozo que superara as súas doce probas podería ser noivo da súa filla. Un bo día apareceu por alí un mozo, e Antonio díxolle –Que é o que queres rapaz?–, e o mozo contestoulle –veño na busca da túa filla.

–A ver,– dixo –pois dígoche as code probas.

–Non, non, eu quero que me poñas unha proba moi dificil que valla polas doce.

–Moi ben, cóntoche.

O mozo preguntou cal era a proba.

-Tes que ir ao río e traerme esta cesta chea de auga.– Antonio sabía que aquela cesta non se podía encher porque estaba toda esburacada. O mozo foi moi listo xa que colleu unha corda e atouna á cesta, baixouna ata o fondo do río e, dándolle o outro cabo da corda a Antonio, díxolle:

-Enchina, ves?

-Moi ben, a túa astucia podeu comigo. Non me vou opoñer a que sexas o noivo da miña filla.

Irene López Pérez.

 

A vieira.

Érase unha vez unha vieira xigante que tiña no medio unha pérola fermosísima, brillaba e brillaba sen parar.

Era unha vieira que medía polo menos dous metros de longo, cunha cor moi clara; e andaba sempre a facer conxuros na súa casa enmeigada, e a voar polos mares da ribeira. Unha vez conbatiu contra outra vieira e a vieira contraria era moi dura, lanzoulle un esconxuro. A vieira quedou petrificada en forma dunha fonte. Co tempo chegou á ría de Pontevedra e como estaba sempre no mar nunca parou de botar auga.

Iván Oliveira Dios.

  

A gárgola de pedra.

Nunha vila había unha igrexa que tiña unha fraga onde había uns leóns que tiveran un fillo. O fillo  ía á igrexa e subía a todas partes.

Un día, por pouco cae do mosteiro, pero o seu pai Sabino e a súa nai Chata collérono antes de que caíra. Despois duns días a súa nai enfermou, e cando Leonardo soubo o da súa nai, foi e quedou con ela toda a noite.

Ao día seguinte a nai morreu. O seu pai tamén foi con ela da pena.

Pasaron cinco anos e Leonardo tamén morreu, pero non dunha enfermidade, senón dun encantamento:

Cando fora beber á lagoa unha leona díxolle: -Se miras atrás convertiraste nunha gárgola de pedra, pero… non nunha gárgola normal, senón nunha gárgola con ás de aguia e pescozo de mamut.

Leonardo subiu ao muro do mosteiro e mirou para atrás, pensando que era mentira o que lle dixera aquela leona, e convertiuse nunha gárgola con ás de aguia e pescozo de mamut.

Alicia Soliño Chanela.

 

Unha muller leona.

Unha vez ía eu por Pontevedra e vin unha estatua dunha muller, pero tamén era unha leona. Eu escoitei falar dela: Era a raíña de Exipto. Contaban que unha vez os seus súbditos non lle trouxeran o que ela quería, pero perdoáraos. Ao día seguinte tamén lle trouxeran o que non quería, e tamén os perdoara, pero díxolles que para a próxima non os ía perdoar.

Á mañá seguinte no seu desaiuno tacábanlle caracois á grella, e como non lle gustaban, foi ata Pontevedra, á alameda, subiu uns escalóns e unha meiga que por alí pasaba botoulle unha maldición: quedou deitada como unha estatua. E desde aquela esta estatua foi moi recordade por todos nós.

Fátima Sineiro Miguez.

 E se queredes máis historias máxicas e engaiolantes sobre Pontevedra estade atentos á publicación no mes de xaneiro de 2011 do número 1 de O CARTAFOL DO LÉREZ.

Un saúdo a todos os creadores de Pontevedra.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: