Saltar ao contido

MAIS QUE UNHA RESPOSTA ÁS PREGUNTAS QUE NUNCA TE FIXECHES

5 Novembro 2010

De onde procede o chocolate? ou Por que os pantalóns se chaman pantalóns? Para estas e moitas outras preguntas atopamos cumprida explicación en Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches editado por Faktoria k de Libros. Pero… e se en vez de ter unha resposta tiverades tres posibles? Seríades quen de adiviñar a correcta? Pois isto é o que vos propoñen os nenos e nenas de 5º do CEIP Vilaverde e os de 6ºA do CEIP Froebel. Seguide lendo e escollede a resposta correcta a estas dez preguntas seleccionadas. E se tedes dúbidas xa sabedes, correndo a biblioteca do cole a consultar este libro  tan interesante.

1. De onde procede o chocolate?

a) Das árbores do chocolate, moi comúns en Suiza.

b) De México, onde era considerada a bebida dos Deuses.

c) De Redondela onde se fabricaba expremendo os chocos.

2. En que cidade se inventou o croissant?

a) En Saint Croix, onde un panadeiro quixo saltar á fama creando un doce co nome da vila.

b) En Paris, a cidade francesa onde o seu consumo era habitual.

c) En Viena para celabrar a súa victoria ante os Turcos.

3. Por que os romanos non comían nunca patacas?

a) Porque tiñan vermes.

b) Porque na súa épca aínda non se descubrira América.

c) Porque eran carnívoros.

4. Por que se cre que as ferraduras traen boa sorte?

a) Porque se cría que as fabricaban bruxas da boa sorte.

b) Porque antigamente os Deuses as usaban como “Frisbee”.

c) Porque antigamente cando um campesiño atopaba unha ferradura podíaa vender.

5. Por que moitos personaxes dos debuxos animados teñen catro dedos en vez de cinco?

a) Porque ao primeiro debuxante esqueceulle debuxar un dos dedos.

b) Porque Walt Disney creu o personaxe de Micky Mouse e debuxouno do xeito máis simple posible.

c) Porque lle facía moita graza aos telespectadores.

6. Por que os pantalóns se chaman pantalóns?

a) Por Pantalone, un personaxe do teatro italiano do sécilo XVI.

b) Porque os primeiros pantalones foron os de “pata de elefante”.

c) Porque o seu creador pisara ese día un pan co talón do pé.

7. Que significado teñen os cinco aneis da bandeira olímpica?

a) Cada un deses aneis foron os que ragalou a raiña de Inglaterra ao gañador da primeira proba.

b) Cada anel representa un continente da terra.

c) O primeiro vencedor das olimpiadas declarouse á súa muller con cinco aneis, os aneis olímpicos.

8. De onde lle ve o nome ao tenis?

a) Da cidade grega de Tenis da que procede.

b) Da palabra francesa “tenez”(tomade) que os adversarios berraban cando lanzaban a pelota.

c) Ten ese nome porque se xoga con “tenis” nos pés.

9. Quen foi o inventor do revestimento das estradas?

a) O escocés John McAdam, nacido no 1756 e farto dos camiños enlamados.

b) Nicolas Phalto em 1864.

c) Mohamed Al-Quitrán em 1643.

10. Un metro mide…un metro de longo. Pero, como se escolleu esta medida de lonxitude?

a) Os sabios fixeron unha votación para decidir unha medida universal.

b) Despois da revolución francesa definiuse a medida dividindo a lonxitude da terra entre 40 millóns.

c) Despois dunha loita entre diferentes pobos con medidas propias fartos de discutir por cal era mellor.

Que, como vos foi? Tivechedes que recurrir ao libro ou sabiades as respostas? Pois contádenos a vosa experiéncia enviándonos un comentario.

Advertisements
2 Comentarios leave one →
  1. Paulo Emilio Sánchez permalink
    11 Abril 2011 09:56

    O cartafol do Lérez é moi educativo e bonito. As adiviñanzas son bastante divertidas e as ilustracións son moi boas.

  2. roi permalink
    11 Abril 2011 10:05

    me guta mucho es mui interenante ,lo leo todos los años y ai veces que salgo en alguna foto soi del froevel el mejor cole de pontevedra de tercero soi algo listo pero poco

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: