Saltar ao contido

MÁIS HISTORIAS DE NAIPES

4 Novembro 2010

A nosa máquina de historias segue a depararnos interesantes sorpresas. Desta volta son os nenos e nenas de 6º B do CEP Marcos da Portela de Monte Porreiro os que constrúen imaxinativos relatos  protagonizados polos personaxes da baralla. Unha estrutura común tirada da tradición foi a fórmula utilizada polos nosos escritores noveis para crear os seus imaxinativos relatos. Seguide a ler e disfrutade desta escolma de contos.

 

Fernando III de Espada Cravada vivía no lugar do Coitelo nº 6 e era un cabaleiro nobre, fermoso, novo e casadeiro. Como todo cabaleiro tiña un cabalo, ou mellor dito, unha mula, que estaban en tempos de crise e a súa familia, a Familia Real de Espada Mundial era un pouco pobre. Vivían nun castelo construído con man de obra barata e ,contareivos un segredo: era ilegal. Pero ese é outro conto. A pesares diso, o seu lugar de residencia era agradable e moi soleado con vistas ao Mar do Pincho.

Unha mañá espertou e decatouse de que lle faltaba algo, algo importante: o libro da historia da súa familia. Era moi importante porque contaba a historia da familia real dende a época do prenaipe. El gardara ese libro no Salón Real de Espada Cravada dentro dunha furna….Vale¡, dentro dunha caixa. Pero el estaba moi angustiado pensando que o seu inimigo Lord Diñeiro de Copas D’ouro o roubara.

 Entón emprendeu a busca do seu tesouro xunto coa súa amiga Cristina Sotiña de Bastos Piscina. Eran amigos dende pequenos e queríanse moito. Dende a Guerra Nupcial foran inseparables, cando Cristina Sotina lle salvara a vida. Comezaron a busca polo castelo de Lord Diñeiro, o inimigo de Fernando.

 Cando chegaron ao castelo esixíronlle ao inimigo poder rexistralo na procura do tesouro. Lord Diñeiro, que estaba namorado de Cristina, díxolles que podían pasar se Fernando cruzaba o Alto de Copas. E Fernando aceptou. Estaba preparado e comezou a subir. O monte era moi costento e custáballe moito avanzar.

 Superada a proba, seguiron na busca do tesouro e atopárono. Xa marchaban para casa cando Cristina fitou aos ollos a Lord Diñeiro e exclamou: “Que noxo¡” E saíron daquel lugar. Despos mirou a Fernando aos ollos e díxolle: “Estou namorada” E foron felices para sempre.

 Alba Lorenzo García

 

O cabaleiro Fernando III tiña a cara máis fermosa de todo o castelo. Os seus ollos azuis como o ceo brillaban como diamantes, os beizos carnosos como unha froita de primaveira. A todo o mundo lle caía ben.

 Unha mañá cando se ergueu, descubriu que lle faltaba o tesouro máis prezado, o seu cabalo Chanzomirán III: fora roubado¡ O cabaleiro, angustiado, foi na súa busca. Colleu a mochila e comezou a viaxe. Este cabalo fora o seu compañeiro e, sobre todo, o seu mellor amigo.

 “Agarda, podo ir contigo?”, dixo Cristina, a súa amiga, e montaron no seu cabalo. Pasaron por castelos de moitísimos reis, do rei Alexandre, do rei Fernando, do rei Roberto….. Ata pasaron por unha clase de danza. “Alexandre, Alexandre…”, oíase de fondo mentres unha señora moi gorda bailaba o Waka Waka.

 Finalmente chegaron ao monte Pirikitos. “Oh, non¡”. Por alí estaba o meigo Milán-esa e o seu gato Kat-chup. “Alto¡”, dixo, “ para poder pasar deberás acertar esta adiviña: pola mañán anda a catro patas, ao mediodía cos dous pés e á noite con tres, que é?”

 Dispúñanse a resolver á adiviña cando de súpeto o seu cabalo apareceu por atrás dun penedo, así que rapidamente volveron camiño da casa.

 Daniel Pais Macías

  

Érase unha vez Fernando III, un rapaz moi valente que sempre andaba moi ben vestido. Quería moito á súa egua Rosamira coa que sempre ía pasear. Fernando II vivía no Castelo da Santa Pedra, o máis grande de todo o reino.

 Un día descubriu que Rosamira non estaba na corte, así que Fernando púxose moi nervioso porque a súa egua era moi importante para el. Os seus pais regaláranlla cando tiña catro anos.

 Con axuda de Cristina, a súa amiga da alma, foi na busca do tesouro. Estiveron semanas, meses buscando ata que un día…

 … Atopáron unha velliña de traxe negro que lles dixo que tiñan que cruzar a montaña nevada para conseguir o prezado tesouro. Tardaron semanas en escalar a montaña ata que finalmente chegaron ao cume. Dende alí viron un castelo en cuxa torre máis alta estaba o que buscaban así que comezaron a baixar.

 Tiveron numerosos atrancos pero co seu inxenio puideron chegar á torre e liberar a Rosamira. Moi ledos os tres regresaron a casa e Cristina e Fernando III casaron e foron felices.

 Borja Piñeiro Aboy

 

  

Érase unha vez hai moitos anos un cabaleiro chamado Fernando III que vivía nun reino lonxano co seu pai Juan Carlos IV e a súa nai Rosalinda. Era un home forte e loiro que levaba sempre a súa gorra de cabaleiro e un traxe coma se fose un personaxe da baralla. Tiña un cabalo marrón chamado Sansón no que sempre cabalgaba.

 Unha mañá Fernando III chegou ás cortes e descubriu que o seu cabalo Fernando III desaparecera. Para Fernando III o seu cabalo era o seu maior tesouro porque dende pequeno Sansón sempre lle axudara. Queríao coma se fose un irmán.

 Asi que Fernando III preparou a súa equipaxe e coa súa amiga Cristina foi na busca do seu tesouro. Cristina levaba unha capa verde e un traxe parecido ao de Fernando.

 No camiño atoparon unha adiviña e un bruxo que lles dixeron que se querían atopar a Sansón debían acertar unha adiviña e subir ao cume dun monte e que alí o atoparían. Esta foi a adiviña: ouro non é, prata non é e se non o adiviñas o teu tesouro farei desaparecer. Fernando e Cristina, que xa escoitaran de pequenos aquela adiviña, responderon que era o plátano. Pero o que non sabían é que o monte ao que debían subir era o Everest¡

De todos os xeitos subiron e alí atoparon o tesouro. E moi contentos regresaron a casa.

 Marcos Pérez Carmuega

  

Érase unha vez Fernando III, un cabaleiro de espadas forte e valeroso que loitaba coas súas espadas contra grandes dragóns. Vivía nun castelo con 264 guerreiros que o protexían. Era un pouco desagradable e inxusto con eles e tiña o mal costume de desprezar á xente antes de coñecela.

 Un día decatouse de que lle faltaba a súa caixa de aforros que tiña dende os tres anos. Para el era moi importante porque lle recordaba a súa infancia. Púxose moi nervioso e comezou a chorar.

 Foi buscala, ainda que antes foi chamar á súa amiga. Coñecíaa dende que tiñan seis anos e Cristina axudoulle. Foron preguntarlle o seu amigo, o cabaleiro de copas se a vira a caixa pero díxolles que non e fixeron un mapa para seguir o camiño.

 Polo camiño atoparon o rei de ouros, o máis rico do mundo, e díxolles: “Teño a túa caixa pero se a queres recuperar tes que superar esta proba: cruzar co teu cabalo dando un salto ao baleiro”. El dixo que o faría e con medo dispúxose a cruzar.

 Saltou pero non foi quen de cruzar e despareceu para sempre.

 Natalia Suárez Muíños

Todo empezou nun castelo, pero non era un castelo calquera. Era o gran castelo de Fernando III O sanguento. Fernando III levaba un gran sombreiro azul e unha armadura feita de titanio como a súa espada. O seu castelo daba medo.

Un día pola mañá oiuse un terrible berro. A súa espada desaparecera, a espada que a súa familia mantivera desde tempos remotos fora roubada. A espada tiña un mango de ouro e a punta de prata. Con ela o seu bisavó conquistara aquela terra.

 Entón decidiu pedirlle axuda á súa irmá Cristina, a princesa do palacio real que coma sempre levaba o seu traxe verde e un basto na man. Despois, colleu os mellores exercitos da rexión, puxo a súa armadura e anunciou recompensas para aquel que o atopara.

Polo camiño atoparon un tolo que tiña unha copa na man. Dixo que para conseguir o tesouro tiñan que…pasar pola montaña do terror¡ Conseguiríano?

Camiñando entre altas hervas o príncipe conseguiuno pero a princesa non. Despois, comezou a buscala e apareceu de novo o tolo. Resultou que era o seu pais que coa súa irmá querían gastarlle unha broma ao príncipe. O pai era quen tiña a espada e cando volveron ao castelo a nai estábaos agardando..

 Julio González Regueira

 

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: