Saltar ao contido

PONTEVEDRA TÍNGUESE DE CORES

8 Xuño 2010

QUE PASARIÁ SE…CATRO MANCHAS ENREDANTES ESCAPARAN DO OBRADOIRO DE JOAN MIRÓ E CHEGARAN Á NOSA CIDADE?

Escolares do CEIP FROEBEL describen este fenómeno imaxinario nun obradoiro de escrita creativa que tivo como punto de partida  a lectura da obra O cadro máis bonito do mundo.

As manchas desembarcaron no porto de Pontevedra pingando todas as casas e rúas de cores vivas: azul, amarela, verde, negra e vermella. As cores ían dun lado a outro ata chegar a Poio. Alí mancharon as fincas e ata as persoas, que cando saíron dar un paseo estaban pingadas de azul. Foron ao parque e pingaron a todos os nenos e nenas de Poio. Cando volveron a Pontevedra foron veloces ao concello, pingando o concello de azul, amarelo, negro, vermello e verde. De súpeto, empezou a chover, Joan Miró encontrounas e cazounas antes de que se mollaran.Levounas á súa casa e colleunas para poñelas no seu estudio onde non ían volver escapar. Joan Miró estívoas domando para que non escaparan outra vez por Pontevedra. Agora, as manchas non eran salvaxes. A mancha azul era a máis dócil.

Cayetana Martínez García.

       

Un día que parecía normal, pero que non o era, moita xente afirmaba ter visto manchas coller o autobús de León a Pontevedra. O autobús quedou todo manchado, e os pasaxeiros. O primeiro que fixeron ao chegar a casa foi ducharse.

E cando menos se esperaba o concello de Pontevedra volveuse vermello, os farois volvéronse verdes e a terra da Alameda era negra. Chegaron as forzas armadas pero non sabían como combatir con cinco manchas de pintura. Ata que chegaron ao colexio Froebel e se meteron polas fiestras da torre dereita. Chegaron ás aulas e mancharon todos os libros de amarelo, e os nenos non podían estudar. Entón, puxéronse moi contentos. Pero cando saíron comprobaron que empezara a chover, e non podían xogar fóra porque as nubes fixeran un trato coas manchas. Podían quedar no colexio Froebel escoitando as historias dos alumnos se quedaban na biblioteca, na alfombra, e non manchaban nada.

Raúl Rodríguez González.

Cando as cores pasaron a Ponte da Barca e chegaron ata a Alameda, a cor azul empezou a cubrila toda. Despois a cor negra doulle cor ao río Lérez. A xente estaba estupefacta porque a cor amarela e a verde estaban no autobús. A continuación un neno que  miraba a televisión viu que tiña manchas vermellas e pensou que tiña xarampón. Ao final, un día de choiva todas as cores desapareceron, menos o azul e o verde. E os astronautas viron que a terra volveu a estar coma sempre.

 Andrea Martínez Buceta.

 Despois de tinguir toda Barcelona, as manchas decidiron ir a outro lugar. Navegaron ata chegar á cidade de Pontevedra. Repartíronse para ir cada unha a un lugar. A primeira en tinguir foi a mancha vermella. Atopou a praia de Lourido e ocorréuselle algo. Ao final, todos os turistas se queixaron de que a area da praia estaba vermella. Un neno foi bañarse e saíu coma un tomate. Mentres tanto, a mancha negra paseaba deixando marcas negras no chan ata que chegou á Praza de Curros Enríquez e descansou nun banco ao lado dunha señora lendo o xornal. Un segundo despois, o xornal parecía que acababa de saír do petróleo. A mancha azul foi pola estación xusto cando saía o tren. O tren, claro está, apareceu azul. A mancha verde tamén estaba alí, só que en vez de estar na estación meteuse no cine. Cando saíu, a xente dicía: “O filme só ten imaxes verdes, que aburrido!”

Nese momento comezou a chover e a mancha amarela decidiu ir a un lugar seco. O resultado foi que tinguiu cinco paraugas de amarelo.

Chovía tanto que as manchas se esconderon no camarote dun iate para poder irse de alí. Nese iate ía Joan condutor de iates que volveu capturar ás cinco manchas. A mancha vermella, a verde, a azul, a negra e a amarela acabaron na rede cansas e sen moitas ganas de manchar, aínda que a vermella escapou e pode que aínda siga tinguindo por aí.

 Marta Rúas Fernández  

 As cores foron máis listas que Joan Miró e escaparon. Pasou bastante tempo cando chegaron a Pontevedra. Vermello, a máis lista, decidiu ir ao colexio Froebel, onde coa axuda de azul, verde, amarelo e negro, fixeron un plan: convertir toda a cidade nunha cor que faría que todas as persoas fuxiran. Entón, empezou a chover. Unha hora máis tarde, as cinco cores salvaxes atopábanse xa no Froebel. Para ser exactos, na biblioteca. Xa faltaba un minuto para lanzar o ataque… cando apareceu Iván borrador, co seu traxe de goma, botas de goma e cabelos de ouro, e cunha aspiradora, absorveu as pinturas e aplastounas contra a antiga alfombra branca desa biblioteca.

 Iván Mallo Iglesias.

 As cinco manchas dirixíronse á cidade de Pontevedra en barco. Metéronse pola ría de Pontevedra, despois foron ata a Ponte dos Tirantes e pintárona de amarelo e vermello. A mancha negra pintou o Centro Comercial da Barca e quedou negro negrísimo. Chegaron ata o colexio das Doroteas e pintárono de vermello mentres que a mancha negra pintou o colexio Froebel que parecía inundado por chapapote. A vermella e a azul pintaron a Ferreiría e a negra pintou tamén a Alameda e a xente non volveu pasear por alí porque quedara moi fea. De súpeto, ao día seguinte, empezou a facer moita calor e os edificios e prazas que pintaran secaron con máis rapidez, e as manchas tamén secaron e deixaron de pintar. Os pintores botaron as manchas fóra de Galicia porque molestaban pintando tan mal, e os pintores volveron pintar os edificios e todo o que pintaran as manchas.

 Brais Morgade Valcárcel.

    

 Cando as cores pasaron pola ponte de Rande e viron a cidade ao fondo decidiron ir alí. Esa cidade era Pontevedra e cando entraron nela o primeiro que fixeron foi pintar a Basílica de Santa María de verde, o vermello pintou a Peregrina a manchóns, o amarelo pintou o Estadio da Xuventude, e o azul, o máis importante e grande, toda a Illa das Esculturas. Cando Joan Miró chegou a Pontevedra asombrouse, porque toda a xente que estaba no estadio de fútbol estaba cuberta de manchas, coma se tiveran a variola.

Todas as cores se xuntaron e fixeron que Joan caera nunha trampa. Cando Joan foi comprar un refresco douse conta de que dentro estaba a cor azul, e bebeuna. Ao pouco, a Joan doíalle a barriga e foi ao hospital pero no hospital quedou atrapado coas manchas, e o primeiro que fixo foi intentar atrapalas. Joan Miró era moi listo e fixo que as manchas saíran ao patio do hospital, e deixounas atrapadas. O azul e o verde secaronse co sol porque ese día ía moita calor e o amarelo e o vermello escaparon polo tellado. Ao día seguinte empezou a chover a chuzos e o vermello e o amarelo se disolveron. Joan fixo un cadro con eles, o cadro máis bonito do mundo.

Mariña Ramos Sánchez.

3 Comentarios deixa un →
  1. 9 Xuño 2010 08:03

    Entre todos construimos este CARTAFOL.
    Animádevos e enviade as vosas ideas e comentarios¡

  2. 24 Xuño 2010 06:37

    As manchas están a ser moi traviesas e tinguen toda Pontevedra de cores. Despois de ler as vosas historias, onte estaba dudando se saír a pasear, por se unha mancha me caía enriba. Como facía tanto calor na casa penseino mellor e fun pasear. Senteime nunha terraza a tomar un auga e unha mancha azul caeu nela. Como non me fixei bebín toda a miña bebida e hoxe espertei de cor azul. Menos mal que a mín no me fixo doer a barriga.

Trackbacks

  1. AS MANCHAS DE VOLTA EN PONTEVEDRA « O cartafol do Lérez

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.